Falecemento da miña avoa

Nacementos, matrimonios, aniversarios, defuncións...
Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

Falecemento da miña avoa

Mensagempor casdeiro » segunda, 09 ago 2004, 09:11

O pasado sábado morreu aos 95 anos Jesusa López Gómez, a miña avoa. Despois dunha dura vida traballando no campo e na fábrica, emigrou ao País Vasco, a onde marcharan a maioría dos seus fillos. Aquí viviu as últimas décadas rodeada deles e dos seus numerosos netos e bisnetos, sempre leda, sempre riseira, sen temor á morte, esperando tranquila por ela...

Así a lembraremos a súa larga familia.

Quixera citar na súa lembranza unhas verbas de Ramón Otero Pedrayo:


As razas celtas aman a morte como outra vida, quizáis como a exaltación suprema da vida. Non son capaces de estableceren marcos entre a vida e a morte. Os difuntos séntanse no fogar, acuden ás chamadas, aconsellan, mandan, interveñen. O cemiterio ou a lembranza dos mortos non é, nelas, obxeto ou tema de repulsión. A vida, sin quebrar o seu fío esencial mergúllase no mar da morte e nel, como corrente espiritual, conserva a súa individualidade, porque desde os comenzos do vivir que chamamos mortal, as ondas do mar da morte baten nos máis fortes e confiados promontorios, e nas praias máis dondas e agarimosas da vida. Fan a súa cultura baixo o signo da lembranza e traballan a terra pra a inmortalidade. Fuxen do terrón mol das veigas pra escultaren a esgrevia resistencia das rocas duras. E diste xeito proiectan un sentimento de inmortalidade na paisaxe, desfán o imperativo da morte e gardan sempre unha cultura orixinal porque remanece das forzas ceibes do esprito.


< Manuel Casal Lodeiro "Casdeiro" >
Xestor da Comunidade Virtual
F I L L O S D E G A L I C I A
~~~~~ http://www.fillos.org ~~~~~~~
Última edição por casdeiro em sábado, 08 nov 2014, 21:10, editado 1 vez no total.

marisalvar
Mensagens: 310
Registado: sábado, 08 mar 2003, 00:00

Falecemento da miña avoa

Mensagempor marisalvar » segunda, 09 ago 2004, 11:24

Manuel:


Que a mesma fortaleza e serenidade da que ela fixo gala estea no voso corazón para superar o seu pasamento.

Unha aperta forte para ti e para a túa familia.

Marisa
Última edição por marisalvar em sábado, 08 nov 2014, 21:10, editado 1 vez no total.

esteirana
Mensagens: 238
Registado: quarta, 13 fev 2002, 00:00

Falecemento da miña avoa

Mensagempor esteirana » segunda, 09 ago 2004, 21:13

Manuel,

Os nosos nunca morren mentres nos lembremos deles, pois siguen vivindo nas nosas mentes e nos nosos corazóns. Espero que a avoa Jesusa siga vivindo en vós moitos anos máis e que sempre vos quede o seu exemplo dunha boa galega. Que as boas lembranzas vos sirvan para superar a súa falta.

Unha aperta para tí e os teus.
Inés
Última edição por esteirana em sábado, 08 nov 2014, 21:10, editado 1 vez no total.

antoniorey
Mensagens: 287
Registado: terça, 19 fev 2002, 00:00

Falecemento da miña avoa

Mensagempor antoniorey » segunda, 09 ago 2004, 23:56

Manuel:

Os nosos antergos viven en nós namentres non esquezamos o seu exemplo de traballo e honradez.

Unha aperta neste momento.

Antonio José Francisco Rey.
Fillo de Galicia en Bos Aires.
Son galego.
Última edição por antoniorey em sábado, 08 nov 2014, 21:10, editado 1 vez no total.

Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

Falecemento da miña avoa

Mensagempor casdeiro » terça, 10 ago 2004, 19:03

Gracias polas vosas mensaxes, amigos.

Efectivamente seguirá connosco porque somos moitos descendentes que levamos a súa sangue, a súa lembranza (tantos anos connosco da para moitas lembranzas) e a súa imaxe...

A miña avoa tivo unha segunda xuventude na súa ancianidade e eu penso que foi máis feliz ca nunca estes derradeiros e longos anos da súa vida... vendo como todos os seus fillos prosperaban, con atrancos pero sempre cara"diante, e nacían netos e bisnetos...

E sempre a levarei comigo en todo o que faga relacionado con Galicia, a familia e a emigración... Así que Xesusa vivirá en min e tamén vivirá en Fillos de Galicia :-)

Gracias e unha aperta! :-)

< Manuel Casal Lodeiro "Casdeiro" >
Xestor da Comunidade Virtual
F I L L O S D E G A L I C I A
~~~~~ http://www.fillos.org ~~~~~~~
Última edição por casdeiro em sábado, 08 nov 2014, 21:10, editado 1 vez no total.

benxamin
Mensagens: 36
Registado: quarta, 13 fev 2002, 00:00

Falecemento da miña avoa

Mensagempor benxamin » terça, 10 ago 2004, 21:46

Manuel
Anque non tivemos a sorte de coñecela... estamos contigo e coa tua longa familia.
Fermosas verbas as vertidas en estas páxinas!
Última edição por benxamin em sábado, 08 nov 2014, 21:10, editado 1 vez no total.

luou
Membro falecido
Mensagens: 33
Registado: terça, 11 jun 2002, 23:00

Falecemento da miña avoa

Mensagempor luou » sexta, 27 ago 2004, 05:00

Manuel
Lamento muchisimo la perdida de tu abuela, que su alma descanse en su tierra gallega.- Yo creo que ellos vuelven regresan de donde se fueron, porque estando lejos de su tierra, la amaron hasta los ultimos días y enseñaron a sus hijos y nietos a tener el mismo amor por Galicia.-
Que tu abuela descanse en la paz del señor y que su alma brille para siempre alrededor de su familia
Un abrazo
Elena Parajó
Última edição por luou em sábado, 08 nov 2014, 21:10, editado 1 vez no total.

juanantonio
Mensagens: 7
Registado: segunda, 18 fev 2002, 00:00

Falecemento da miña avoa

Mensagempor juanantonio » segunda, 30 ago 2004, 16:01

Amigo Casdeiro:

Aínda que cando os que se van sempre deixan dor e bágoas, no caso da túa avoa queda o consuelo da sua loita por levantar unha familia que tuvo o seu lado ate o final... unha galega de pro lonxe da sua terra amada, coma tantos outros, coma nos...

Unha forte aperta e disculpa que non vira teu mensaxe antes.

Juan Antonio.


Voltar para “Notas sociais dos membros de Fillos”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante