Página 2 de 2

Hoxe é un día MOI especial

Enviado: segunda, 28 jul 2008, 22:28
por esteirana
Tiña que ser no día de Galicia, non podía ser doutro xeito ;-) Felíz aniversario, xa sabedes que me aleda moito vervos felices e tamén me aleda ter estado convosco nos dous días :-)

Hoxe é un día MOI especial

Enviado: terça, 29 jul 2008, 01:44
por mary556
Benqueridos Ana e Manuel:
Qué poido decirvos, máis que ficades a fermosa luz de amor que puiden ver persoalmente nos vosos ollos, acolá, na miña sempre lembrada Santiago de Compostela...Terra máxica de tódolos feitos, de tódalas cosas belas da vosa vida presente e futura...
E Fillos segue a facer milagres...
Que vivades unha eterna aperta de amor, meus tres inesquecibles irmanciños...Testigos dos momentos máis doces e movilizadores da miña vida: o meu rencontro coa miña terra, coa miña casiña nadal, coa miña praia da nenez...
Noraboa, ledo aniversario e moito, moitísimo amor...
Quérovos!

Hoxe é un día MOI especial

Enviado: terça, 29 jul 2008, 08:24
por casdeiro
Grazas, amigas :-) Dá xenio -como di Bershy, e como dicían os meus avós- ter xente coma vós con que compartir estes sentimentos. Apertas moi fortes!!

Hoxe é un día MOI especial

Enviado: quarta, 30 jul 2008, 23:01
por anavilat
Grazas a todos de novo!!!! Moitos dos que escribistes aqui, tan fermosas palabras, tendes un sitiño moi importante no meu corazón. A algúns coñezovós persoalmente, a outros non, pero non perdo a esperanza de que algún día será. Non teño máis que palabras de agradecemento para todos vós.

Mirade como son as cousas e as voltas e coincidencias que ten a vida!!!! Que o Casdeiro xa falaba de Vilatuxe no 2001;

http://www.fillos.org/galicia/index.php ... pic&t=2912

Tiñades que vernos as caras despois de que nós demos conta de este achadego!!!! X-D
Mil bicos, familia!!!

Hoxe é un día MOI especial

Enviado: quinta, 31 jul 2008, 07:33
por casdeiro
anavilat Escribeu:Tiñades que vernos as caras despois de que nós demos conta de este achadego!!!! X-D

Fuches ti quen se deu conta, carroucha!! O teu interese por ler ese exemplar que atesouro do noso primeiro libriño, xa practicamente esgotado, para botar unha ollada ao que era Fillos naqueles tempos, o que escribía a xente, as fotos das xuntanzas, etc. tivo esta recompensa inesperada. Quen me ía dicir a min... xuntarme varios anos despois cunha dese "Villatuje" :D

Sonche as reviravoltas do destino!!!!

Hoxe é un día MOI especial

Enviado: terça, 05 ago 2008, 03:23
por pilarmabel
Siempre existe en el mundo una persona que
espera a otra, ya sea en el medio del desierto
o en medio de una gran ciudad. Y cuando estas personas se cruzan y sus ojos se encuentran,
todo el pasado y todo el futuro
pierden completamente su importancia
y sólo existe aquel momento.

?El Alquimista? de Paulo Coelho



Desearles que esta nueva vida que comenzaron hace un año, perdure por muchos más ;-)

Un saludo
Pilar