Faleceu Manolo da Pampa

Nacementos, matrimonios, aniversarios, defuncións...
lopez
Ex-membro
Mensagens: 478
Registado: sábado, 19 out 2002, 23:00

Faleceu Manolo da Pampa

Mensagempor lopez » sábado, 12 jul 2008, 17:59


lopez
Ex-membro
Mensagens: 478
Registado: sábado, 19 out 2002, 23:00

Faleceu Manolo da Pampa

Mensagempor lopez » sábado, 12 jul 2008, 18:01

A mi solo me estraña, nó atopar ninguna mensaje sobre el tema del xestor de la página. Nó conocian a Manolo?

anavilat
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 441
Registado: quarta, 17 mai 2006, 14:29

Faleceu Manolo da Pampa

Mensagempor anavilat » segunda, 14 jul 2008, 10:17

Únome a todos vós, dando un sentido pésame a Nelly e a toda a súa familia.
Bicos e moita forza.

Avatar do Utilizador
xestor
Mensagens: 1337
Registado: terça, 04 jan 2005, 19:34

Faleceu Manolo da Pampa

Mensagempor xestor » segunda, 14 jul 2008, 11:06

marisalvar Escribeu:Manolo non puido superar o infarto cerebral que sofrira e faleceu hoxe.

O meu corazón está moi triste agora.

Agardaba darlle a fin de mes esa aperta que se demoraba en chegar desde o ano 2002 en que o coñecín.
Tantas veces que planeou desde aquela vir a Galicia con Nelly, volver ás súas aldeíñas de Baleira e por problemas de saúde non deu vido...
Agora era eu quen iría ao seu encontro, en 20 días estaríamos xuntos como tantas veces falamos, pero estaba escrito que eu non ía chegar a tempo...
Un sempre pensa que aínda hai tempo para facer as cousas que desexa e deixao correr con toda a imprudencia do mundo.
Agora desexaría ter chamado máis veces das que chamei, ter demostrado con máis intensidade o agarimo que sinto por eles, ter enviado máis mensaxes, ter ido antes...

Eu síntome coma ti, Marisa, ao recibir esta triste e inesperada noticia. Cantas veces me non chamaría Manolo, coa excusa do meu aniversario, ou das súas visitas a Bos Aires, ou das Xuntanzas... sempre anunciando un futuro encontro, xa que el tiña previsto tamén ir polo País Vasco a visitar a familia que alí tiñan... En Galiza ou en Biscaia... ou cando me falaba de que tiña que ir eu por aló... Cantas xuntanzas organizadas naqueles anos en Arxentina... cantos kilómetros que viaxaba para se atopar cos seus amigos, compañeiros, irmáns de Fillos de Galicia, xa que para el eramos unha familia, unha familia reatopada tras longos anos de ausencia do seu corazón do ser galego que se lle fora cos pais. Agora reencontrado con eles, no noso Alén, nese mundo ao Oeste da súa terra de orixe, nesas costas do ceo... por fin nas verdes leiras onde moran todos os galegos de ben que viviron sempre nas terras de acó ou de acolá.

Sempre lembrarei a súa voz leda, o seu compromiso por Fillos. A súa pegada foi moi importante para que Fillos medrara, porque soubo poñer ilusión e traballo, e diso aínda moitos milleiros de galegos se seguirán a beneficiar. Non só queda a súa lembranza. Queda o traballo feito polo seu amor a Galiza. Galiza vive en nós porque en nós vive a lembranza dos bos e xenerosos galegos que nos precederon!

Ate sempre, Manolo.

Avatar do Utilizador
xestor
Mensagens: 1337
Registado: terça, 04 jan 2005, 19:34

Faleceu Manolo da Pampa

Mensagempor xestor » segunda, 14 jul 2008, 11:14

As palabras de Manolo sobre o que significaba Fillos de Galicia sempre foron das que máis me chegaban ao corazón, e lembro como me emocionaba escoitarllas e como me animaban nos momentos difíciles, porque daban un sentido a todo o sufrimento e problemas que carrexaba esta loita; aínda así doe nunca llas ter podido escoitar en persoa. Quero deixalas aquí de novo. Son palabras que agora viaxan polo mundo por medio desta Rede e por medio dos nosos libros, onde foron publicadas en 2006. Quen non saiba o que significa Fillos de Galicia, que as escoite:

Fillos me dio una familia que no tenía, me devolvió ese cariño adormecido a Galicia, la parte más linda de mi vida: la infancia junto a mis padres gallegos y un sinfín de amigos.

(Manuel Gómez, A Fonsagrada -> Arxentina)

esteirana
Mensagens: 238
Registado: quarta, 13 fev 2002, 00:00

Faleceu Manolo da Pampa

Mensagempor esteirana » segunda, 14 jul 2008, 14:13

Veño de abrir o correo e agora, uns días despois do pasamento de Manolo, me entero desta triste noticia. Tiven a oportunidade de coñecer a Manolo e a Nelly nunha das súas viaxes a Galicia e tiña a esperanza de que nos volveramos a atopar noutras xuntanzas. Sempre me hei lembrar del como unha persoa con moito ánimo para loitar contra a adversidade. Manolo era un bo galego.

Unha aperta moi forte a toda a Nelly, a súa familia, e a familia de Fillos que el tanto quería.

reglamaria
Mensagens: 1
Registado: quinta, 03 ago 2006, 22:17

Faleceu Manolo da Pampa

Mensagempor reglamaria » segunda, 14 jul 2008, 22:19

Bien en verdad no puedo escribir todo lo que siento luego de saber la noticia. Estoy completamente en shock. Solo le pido a Dios que con la misma vehemencia que vivió en la Tierra, asi sea recibido en el Reino de los Cielos, en el Universo mismo. Gracias amigo por todo lo bueno que me diste en tus escritos aun cuando no pudimos conocernos. Tu físico no se paseó por las calles de La Habana como querías, pero tu alma ya lo está!
Tu amiga Yeyi de Cuba.
PD: Fuerzas sé que no te faltarán Nelly para seguir viviendo porque Manolo te las entregó todas. No lo defraudes!

soadora
Mensagens: 37
Registado: sábado, 06 jan 2007, 02:21

Faleceu Manolo da Pampa

Mensagempor soadora » segunda, 14 jul 2008, 23:15

Manolo da Pampa...Manolo de Galicia...
Vivirás por siempre en nuestros corazones...
Unha forte aperta a Nelly e a tódala súa familia!

Avatar do Utilizador
xestor
Mensagens: 1337
Registado: terça, 04 jan 2005, 19:34

Faleceu Manolo da Pampa

Mensagempor xestor » quarta, 16 jul 2008, 18:41

el día 9 de julio fallecio Manolo de la Pampa , toda la pagina tenemos un dolor tremendo por irse de nuestro lado un amigo de ley
Un fillo que siempre estuvo dispuesto a colaborar y organizar xuntanzas , con dolor quiero dejar en el taboleiro este mensaje de dolor que nos embarga a todos y una suguerencia creo que Manolo, merece un homenaje muy especial, un lugar dentro de la pagina con una foto de las tantas xuntanzas que hizo o una foto de el homenajeandolo como se merece
Fue socio de la asociacion fillos de Galicia, por eso Casdeiro pido que le tributes un homenaje especial a Manolo, creo que todos estaremos de acuerdo en este homenaje
Elena Parajo

Acabo de atopar este fío sobre o pasamento de Manolo, luou, desculpa porque para cando volvín a estar online xa ficara tapado polas novas mensaxes. Coido que cómpre fusionalo co principal. Espero que che pareza ben. En cando ao da homenaxe pois é algo que non me cómpre decidir a min. Podo trasmitir a idea ao resto dos socios ou á nosa Xunta Directiva pero talvez se considere un agravio comparativo xa que outro socio morreu e non tivo homenaxe do tipo que pides para Manolo. E Manolo aínda que moito máis coñecido que Xulio entre os membros de Fillos, era un ex-socio así que quizáis alguén poida sentir agravio, p.ex. a familia de Xulio Arca. Polo tanto debemos ter coidado con esta decisión e non ferir a ninguén.

Eu coido que as mensaxes que se están a publicar son xa un homenaxe importante e espontáneo da Comunidade Virtual de Fillos.

Avatar do Utilizador
xestor
Mensagens: 1337
Registado: terça, 04 jan 2005, 19:34

Faleceu Manolo da Pampa

Mensagempor xestor » quarta, 16 jul 2008, 18:51

perdiz Escribeu:VEJAM O QUE ACABEI DE ENCONTRAR NA REDE:
PUBLICADO EM 18/06/2008 E
ASSINADO POR MANOLO LA PAMPA



Ese poema é de Manolo?! 8-O

Que terrible mágoa que non fose incluido na nosa Antoloxía da Diáspora Galega!!!! :-(

Por que non participaría naquel proxecto??? Eu non tiña idea...

Hoxe as súas verbas poderían viaxar polo mundo nesa obra... Menos mal que nos queda a Rede. Grazas, Perdiz por compartírelo.


Voltar para “Notas sociais dos membros de Fillos”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante