Página 1 de 1

Falecemento dun socio

Enviado: quarta, 20 set 2006, 03:39
por antoniorey
Queridos irmáns:

Fai uns días faleceu en Bos Aires, un dos nosos socios: Xulio Arca, Fillo de Galicia, descendente de galegos de Tui e Cuntis.

A súa familia enviou unha mensaxe a Casdeiro a primeiros de setembro , pero Manuel estaba fóra, como sabedes, así que comunicámosvolo con un pouco de retraso.

Gustaríanos dende aquí facer unha pequena homenaxe a este Fillo de Galicia que nos acompañou nos últimos anos, tomando parte activa na nosa Comunidade, mediante a súa presencia en distintos lugares de Fillos e coas súas aportacións sobre distintos temas na rolda, sen esquecer a súa importante participación como socio.

Sabiamos da súa enfermidade de corazón e das súas operacións, pero non pensabamos que a súa doenza provocara tan axiña o seu pasamento.

Dende aquí as nosas máis sentidas condolencias á familia.

E unha lembranza agarimosa da chispa galega de Xulio?

Falecemento dun socio

Enviado: quarta, 20 set 2006, 07:44
por marisalvar
O meu pésame e agarimo á familia de Xulio .
Para él, na súa memoria, este poema de Lorenzo Varela:

Irmán,
olla por nós.
Dende o vento do alén,
olla por nós, irmán.

Irmán,
sigue dándonos hoxe,
como cando vivías,
un rir que estale en lóstregos
de libertade e de xusticia.

Irmán,
olla por nós.
Dános hoxe tamén a forza enxebre
pra loita xerminal de cada día.
Até que a nosa sangue acenda
labaradas en guerra contra a morte,
lumieiras que canten nos outeiros
os poderes da fouce i-os poderes da frol,
os poderes do pranto, do traballo e do pan,
i-os poderes da pólvora viva
que nos arreventa no corazón.
Irmán,
dende a nova semente dos teus eidos
as mocedades d'ouro que soñaras,
olla por nós, irmán, irmán

Mª Luisa Álvarez
A Fonsagrada.

Falecemento dun socio

Enviado: quarta, 20 set 2006, 14:43
por espanolita
Mis más profundos sentimientos de pesar a familia de Xulio, que Dios les consuele y les dé fuerzas para soportar esta pérdida,

son mis sinceros deseos,

Paula García

Falecemento dun socio

Enviado: quarta, 20 set 2006, 18:51
por fridamarga
XULIO ARCA , um Homem vertical, deixa muitas, imensas saudades...

SENTIDOS PÊSAMES À FAMÍLIA E A TODOS OS QUE O AMARAM

A minha HOMENAGEM, citando um poema de um Galego de corpo e alma que Xulio certamente admirava...

«« "¡Ten o teu sangue de deixar na Hestoria
un regueiro de luz viva e acesa!
¡Vivirás nas súas páxinas groriosas
canto viva a lembranza desta terra!
¡Teu nome será o facho lumioso
que amostrará a vereda
por onde han camiñar, tempos adiante,
os que sintan no peito a sagra arela
de faguer libre o chán en que naceron,
de ter patria de seu, honrada e ceiba!" »»

( Ramón Cabanillas )

GALIZA VIVE EM NÓS!

Falecemento dun socio

Enviado: quinta, 21 set 2006, 05:22
por luou
Foi -se-nos un gran home compañeiro da paxina, grande defensor dos galegos e das inxustizas, unha gran persoa, tiven a honra da sua amizade, por meio de e mails
Acompaño no dor á sua família, e que Deus o teña na glória e a sua alma descanse na sua querida Galicia
Aburiños Xulio
Elena Parajo

Falecemento dun socio

Enviado: quinta, 21 set 2006, 11:46
por pilarmabel
Mis màs sentido pèsame a la familia.
Pilar.

Falecemento dun socio

Enviado: quinta, 21 set 2006, 14:20
por anavilat
O meu máis sentido pésame.

Falecemento dun socio

Enviado: quinta, 21 set 2006, 16:55
por lopez
Bueno yo no conocia a este hermano, pero tengo comigo que será mui bien recebido por Dios. Pesames a la familia.

Falecemento dun socio

Enviado: sexta, 22 set 2006, 00:47
por mary556
Un fuerte abrazo para la familia Arca, en estos momentos tan difíciles.

Mary
A Coruña- Ourense
Argentina