Que se aclare o Bloque

Leis españolas sobre nacionalidade, emigración, trámites, estranxería, visados...
Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

Que se aclare o Bloque

Mensagempor casdeiro » domingo, 25 abr 2010, 17:52

O tema parece que volve a estar de actualidade, como recurrentemente ven sucedendo e seguirá ata que non teñamos circunscrición electoral de seu para os galegos do exterior.
O BNG parece que insiste nesta liña desmembradora da nación mundial galega.
Pero Xosé Manuel Beiras non está de acordo. Podemos ler no web do seu Encontro Irmandiño:
non vemos, como si o ve a práctica totalidade do BNG na emigración, que o voto emigrante merece as garantías que non ten pero non a eliminación do dereito.

Bravo, Beiras, novamente! :-)

Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

Que se aclare o Bloque

Mensagempor casdeiro » domingo, 25 abr 2010, 17:58

En canto ao voto emigrante, o dirixente nacionalista asegurou que o problema non é a participación dos residentes no exterior senón a \"farsa absoluta\" e o \"pucheirazo\" que se dá no proceso. Para Beiras isto correxiríase facilmente coa obrigatoriedade do voto en urna nos consulados.

(Extraído de http://encontroirmandinho.org/index.php ... id=8:novas )

cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

Que se aclare o Bloque

Mensagempor cachafeiro » domingo, 25 abr 2010, 22:41

Non sei moito de matemáticas, pero me encanta xogar cos números, asi que aqui vou:
A provincia de Bos Aires ten 307.000Km. cadrados ( contra os 500.000 de \\\"toda\\\" España),
nesa extensión territorial temos dous consulados, dous viceconsulados e dúas axencias consulares españolas, (que non se se estan habilitadas para que se poida ir votar, chegado o caso)
Tres destas recidencias atópanse moi preto entre si, o que é moi ridiculo e pouco practico.
Se temos en conta que os nosos galegos (nativos) son un pouco grandes (maiores) de idade, isto faise dificil á hora de trasladarse a emitir o sufraxio, e nalgúns casos tórnase realmente imposible (sempre tendo en conta as distancias, non a vontade).
Eu non se se as autoridades na peninsula estan ao tanto da nosa xeografía ou se lles importa, pero como un mais un son dúas:
NON QUEREN QUE OS GALEGOS NO ESTRANXEIRO VOTEN.
Xa me estaba cansando e enredando para chegar a esa conclusión, que en definitiva é a real.
Agora mira se seran fodidos estes galegos, que cando queren , tómanse o buque, arman enchentes e ofrencen o ouro e o mouro por un voto de merda que despois andan dicindo que foi fraude cando os porotos non lles pechan. Para o caso son os mesmo os do BNG, do PSOE ou os do PP ou o que se queira sumar á protesta.
E como galega fodida que son, pénsolles seguir votando, e que veñan, choren,e se desafoguen, que aqui prestámoslles ombreiros.
A outra cosa bolboreta e que pase o tema que segue.
Alexandra Cachafeiro Camiña

Avatar do Utilizador
rubi
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: terça, 01 abr 2008, 22:58
Contacto:

Que se aclare o Bloque

Mensagempor rubi » segunda, 26 abr 2010, 13:19

Na cidade de Bos Aires vivimos ao redor de 120.000 galegos, entre nativos( non me gusta esa definición pero non atopo outra) e nacionalizados por lexítima descendencia.
Nesta cidade existe un só Consulado español, polo tanto, sería case imposible concentrar nese lugar a cantidade de xente que tería que concorrer a votar se prospera a idea de que o voto unicamente podería facerse na urna do Consulado Español. Ademais, nos últimos comicios, por exemplo, na mesma data houbo tamén eleccións de autoridades do País Vasco, polo cal tamén tivesen que concorrer ao Consulado xunto cos galegos.
Se xa calquera trámite a realizar alí faise engorroso pola enorme cantidade de xente que concorre, pola escaseza de persoal administrativo, pola burocracia reinante...imaxinan o que sería aglutinar nese edificio a todos os votantes?
Como di Alexandra, parece que todo ésto fano para desalentar o voto emigrante....
Polo menos comigo, non o van a lograr !!!!
Un comentario ao márgen: nun foro de facebook que trata este mesmo tema, alguén (unha galega que vive en Galicia) opinou que os galegos da diáspora somos FORANEOS e que non temos dereito a elixir quen os vai a gobernar, cousa que me doeu moitísimo, porque é alí onde se ve a discrimanación que sufrimos...
E ésto lévame a dicir con total convicción:
Seguirei exercendo o dereito ao voto que nos fué outorgado por lei, custe o que custe !!!
Rubí
Buenos Aires-Argentina

cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

Que se aclare o Bloque

Mensagempor cachafeiro » segunda, 26 abr 2010, 16:22

Non che digo eu? se ata parezo bruxa!!!
Entro no diario A Nosa Terra e mira co articulo que me atopo.
Este Roda ( Alfonso Rueda), xa que estaba rodando por Venezuela, non tivo mellor idea que armar un \"acto\"? para os amigos do pp, e se ata lles mandou saúdos de don manuel, como para que se acordasen de cando o señor maior andaba \"repartindo\" saúdos por estas terras americanas.
Non digan que son eu a que busca, é que me atopan de facil ...
Alexandra Cachafeiro Camiña
Rueda preside un acto do PP na súa viaxe a Venezuela
Europa Press . O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, aproveitou a súa visita institucional a Venezuela para participar no I Congreso do PP nese país. O PSdeG censurou a mestura de actos gobernamentais e de partido nunha mesma viaxe.
O secretario xeral do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda, afirmou na súa viaxe a Venezuela que a Xunta \"seguirá apoiando\" os emigrantes galegos, \"a pesar\", segundo dixo, dos \"abusivos recortes\" que o Estado \"lle obrigou\" a facer á Xunta.
Na súa intervención no I Congreso do Partido Popular en Venezuela, Alfonso Rueda garantiu \"o compromiso\" cos galegos da diáspora ante, o que ao seu xuízo, supoñen os \"sablazos\" do Goberno central sobre este colectivo. A isto, engadiu que \"o modelo de Zapatero é nocivo\".
O actual conselleiro de Presidencia fixo fincapé \"nas diferenzas\" existentes entre o modelo económico do PSOE e do PP, para criticar que o Goberno central \"esprema o peto dos españois\" para seguir mantendo o tren de vida da administración\".
Neste sentido, subliñou que a actual Xunta aprobou a tarxeta sanitaria para os galegos emigrados \"poñendo fin á actitude do bipartito, que distinguía entre galegos de primeira e de segunda\". \"Non pode ser que un emigrante galego que visite á súa terra e vaia ao médico se sinta en Galiza como un estranxeiro\", recalcou.
No mesmo acto, Rueda felicitou o novo presidente do PP en Venezuela, Felisindo López, para desexarlle que siga traballando \"coa mesma intensidade\" que até agora.
Xunto a isto, o secretario xeral dos \'populares\' galegos aproveitou a súa visita a Venezuela para transmitirlles aos militantes venezolanos \"un caloroso abrazo\" do ex presidente da Xunta, Manuel Fraga, ao que Rueda se referiu como alguén que \"non consentiría nunca\" que o Partido Popular \"non respectase as súas propias orixes, ligadas á emigración\".
\'Clara volta aos tempos de Fraga\'
Nun comunicado, o PSdeG denunciou o feito de que o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, viaxe a Venezuela \"mesturando a actividade institucional e a súa como secretario xeral do PP de Galicia\". Neste sentido, alertou dunha \"clara volta aos tempos\" de Manuel Fraga, ex titular da Xunta.
O vicevoceiro do grupo parlamentario dos socialistas galegos, Xosé Manuel Laxe, anunciou \"a presentación urxente\" dunha interpelación na Cámara autonómica co obxectivo de que Rueda \"compareza e explique a viaxe\".
Dende o seu punto de vista, Emilio Pérez Touriño \"rematou coa mala práctica\" de \"mesturar\" actos da Xunta con actividade \"partidista\", pero agora Rueda e Feixóo “volven aos tempos de Fraga”, cando os dirixentes do PP “non sabían moi ben onde remataba a Xunta e onde empezaba o Partido Popular”.
Neste sentido, defendeu a \"necesidade\" de separar ambas as dúas actividades, \"ao igual que cando hai eleccións parece razoábel non facer actos institucionais\".
Ao seu xuízo, \"seguramente\" é necesario realizar un regulamento destas viaxes institucionais, para evitar, así, a \"tentación de mesturar\". \"Pero o que é imprescindíbel é o compromiso ético coa non utilización de fondos públicos para facer na mesma viaxe actos da Xunta e do PP\", aseverou.
http://www.anosaterra.org/nova/44789/ru ... zuela.html

arisil
Mensagens: 48
Registado: terça, 08 jul 2008, 17:54

Que se aclare o Bloque

Mensagempor arisil » segunda, 03 mai 2010, 00:02

Editorial hecha por “ O Muxo” el domingo 25 de Abril 2010-
Para los que no conozcan quien es Ramon Suarez, “OMuxo” es un periodista, gallego, que tiene un programa de radio, aquí en Bs. As., y no pertenece precisamente a mi partido (P P), pero en este caso la coincidencia es total.
ZAPATERO Y RAJOY UN SOLO CORAZÓN
Seguramente al escuchar el enunciado del título la gran mayoría de la audiencia se preguntará ¿A dónde irá a parar Muxo? Con tamaña comparación. Puesto que, seguramente, tendrán presente las agrias discusiones y polémicas que ambos han mantenido en los debates parlamentarios y en los distintos escenarios de las dos campañas que los enfrentaron en la carrera hacia la presidencia del gobierno español.
Pues bien, las posturas, en apariencia, irreconciliables de los dos popes de los partidos políticos mayoritarios de España se han confundido en una sólida y única postura –que de no ser por lo nefasta, sería enternecedora-, cual es: convertir a los españoles de la diáspora, en ciudadanos de una categoría inferior a los de primera que viven en el Reino.
Yo no mencionaré una vez más lo que la emigración representó y representa para España, sólo repetiré que la Constitución Española y el Estatuto de los Españoles en el Mundo, dicen que todos los españoles somos iguales ante la ley y que tenemos el derecho de elegir y ser electos. No obstante, las fuerzas políticas españolas se han puesto de acuerdo para constituir una comisión que estudie la forma de quitarnos estos derechos.
Algunos dicen cuestionar que votemos en las elecciones municipales, otros que hay que crear una jurisdicción y que podamos votar para elegir senadores, todos critican el sistema de voto por correo porque no es fiable, ninguno hasta ahora dio la cara y expuso públicamente lo que hace meses están cocinando en un aquelarre “neboento”.
Estoy absolutamente de acuerdo en que el actual sistema de voto por correo se presta para el fraude, pero, ¿Quién promueve y realiza el fraude, usted señora , usted señor?. Nooo, el fraude lo practican los mismos que lo critican y pretenden poner freno a su inmoralidad restándonos el - para nosotros sagrado- derecho a emitir nuestro sufragio como cualquier hermano del reino.
España atraviesa momentos difíciles, ETA es un flagelo que nos conmueve a todos los españoles, la crisis económica nos inquieta pese a vivir en el exterior, el juez Garzón y los retoños falangistas dividen a nuestra sociedad. Sin embargo nunca encontramos ni siquiera coincidencias mínimas en el tratamiento parlamentario de estos temas.
Que frustrante y doloroso que las coincidencias sean de máxima cuando se trata de discriminar a los que por distintas razones sufrimos las consecuencias del destierro, que no otra cosa es la emigración. O acaso hombres tan lúcidos como Rodríguez Zapatero y Rajoy, creerán que lo nuestro fue ir a una fiesta y abandonar las responsabilidades de un buen ciudadano.
Hasta tanto no aparezca la claridad y valentía de desvelar lo que se está fraguando con respecto a nuestro futuro como ciudadanos españoles con plenos derechos, yo seguiré sosteniendo: Zapatero y Rajoy, un solo corazón.
Muxo
Arisil


Voltar para “Lexislación que nos atinxe”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante