fagamos un pouco de historia ... (pero non somos parvos)

Leis españolas sobre nacionalidade, emigración, trámites, estranxería, visados...
cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

fagamos un pouco de historia ... (pero non somos parvos)

Mensagempor cachafeiro » sábado, 15 mai 2010, 21:31

fagamos un pouco de historia
REFORMA DO VOTO EMIGRANTEA Cámara galega reclamará ao Goberno central unha depuración das irregularidades do censo exterior
15/4/2008
Está por ver se á terceira vai a vencida. Os tres grupos do Parlamento galego reactivaron onte o relatorio dirixido a reformar o dereito ao voto dos 324.000 galegos residentes no estranxeiro, e ademais fixérono co ánimo de superar os fracasos das dúas reunións anteriores, celebradas en maio e en novembro do ano pasado, e esforzándose en mostrar ante os xornalistas unha imaxe de consenso. PP, PSOE e BNG exhibiron unidos un principio de acordo para, polo menos, reclamarlle ao Goberno central a depuración do censo exterior, a implantación do voto en urna nos consulados para as próximas autonómicas e ata impedir que os expatriados poidan elixir as corporacións dos 315 concellos galegos.
http://www.lavozdegalicia.es/galicia/20 ... oma=galego
Reforma da Lei Electoral
Acordo unánime no Hórreo a favor do voto en urna para os emigrantes
13/05/2008 - AGN/Galiciae
Os tres grupos parlamentarios acordaron de xeito unánime un texto de reforma da Lei Orgánica de Réxime Electoral Xeral (LOREG) para que se instaure o voto en urna no exterior
A xuízo do BNG, trátase dun acordo de mínimos. Aínda así consideran que as cesións dos tres grupos están xustificadas para que os emigrantes poidan votar en urna nos próximos comicios autonómicos, previstos para 2009. Así, reclaman que a tramitación nas Cortes Xerais, que agora debe seguir esta proposta, se realice canto antes, de maneira que poida entrar en vigor para o vindeiro ano.
http://www.galiciae.com/nova/10925.html?lang=gl
O PP quere a reforma do voto emigrante antes das autonómicas
18.06.2008 Alberto Núñez Feijóo defende “condicionar” a data das eleccións a que antes estea lista a normativa que lles permita ós galegos da diáspora depositar a súa papeleta na urna {seprador} Chama a socialistas e nacionalistas a acadar unha proposta acordada en xullo que sexa aprobada por Madrid en setembro
AXENCIAS . SANTIAGO
O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, mostrouse onte partidario de que a data das próximas eleccións autonómicas estea condicionada a que a modificación da lei electoral para que a diáspora poida votar en urna se faga efectiva. \"Agora que se fala moito de datas, a consecución do voto en urna debe ser o condicionante de máxima prioridade\", opinou o líder popular, ao tempo que advertiu de que, tras as \"irregularidades\" destapadas nos últimos meses, sería \"imperdoable\" para a clase política galega non facer o posible por garantir que os emigrantes poidan exercer o seu dereito ao voto \"con total limpeza e transparencia\".
Por iso, tras reunirse cos portavoces do seu grupo no Hórreo, Núñez Feijóo apostou por habilitar o mes de xullo na Cámara galega para concluír a tramitación da proposta conxunta que será remitida ao Congreso para reformar o voto emigrante, igual que se ten habilitado noutras ocasións\" para tratar, na súa opinión, asuntos de menor enxunlla.
\"Temos que comprometernos desde xa\", insistiu Feijóo e asegurou que o PP ten, tanto no ámbito galego como no nacional, toda a \"disposición\" para conseguir que Galicia sexa a primeira comunidade autónoma na que o censo emigrante vota en urna. \"Espero que ninguén poida dicir que as vacacións son máis importantes que a transparencia\", resaltou Feijóo e fixo un novo chamamento a PSOE e BNG para \"construír entre todos\" unha \"alternativa\" ó actual sistema por correo. Ao seu xuízo, se o Parlamento galego impulsa unha proposta unánime e a remite ao Congreso, \"ninguén en Madrid poderá negarlle a lexitimidade de decidir como vai ser a súa próxima composición\". Sinalou que se as tres forzas políticas galegas son capaces de redactar unha iniciativa acordada \"de forma democrática, limpa e clara\", á que non sexa necesario presentar emendas, a modificación podería estar aprobada o próximo mes de setembro. A este respcto, o BNG viu con bos ollos a proposta do PPdeG, mentres que os socialistas puntualizaron que \"haberá que falalo\".
Por outra banda, o líder da oposición aludiu tamén á reunión que mantivo o luns a comisión que investiga o caso da presunta axente electoral, na que PSOE e BNG deron o visto e prace ao seu ditame de conclusións, que recibirá a súa aprobación definitiva no próximo Pleno.
Ao seu xuízo, os grupos que apoian o Goberno protagonizaron \"un novo intento de mesturar\" asuntos para \"confundir\" á poboación ao centrar o debate na redución do prazo para o escrutinio do voto emigrante. \"O PSOE quixo evitar que se falase da fraude electoral e o BNG tapar as súas vergonzas de cómplice\", lamentou.
En canto á posibilidade de denunciar na Xustiza o caso, Feijóo deixou claro que, polo momento, só acudiran ao Parlamento.
http://www.galiciahoxe.com/politica-gal ... ia-314472/
Feijóo urge al Gobierno central la reforma del voto emigrante
EUROPA PRESS - SANTIAGO DE COMPOSTELA - 16-03-2010
………
Durante su discurso en el Debate del Estado de la Autonomía, y también en relación al Ejecutivo central, urgió la reforma del voto emigrante, porque \'está en juego la dignidad\' de los emigrantes y \'la propia limpieza en los procesos democráticos\'.
……..
http://www.laregioninternacional.com/no ... emigrante/
e podo seguir pegando artigos, encher follas e follas co mesmo conto, o PSOE e o pp xuntáronse para acordar, e acordaron, a reforma dá Lei Electoral.
eu podo entender a posición dos partidos politicos que se van correndo como as nubes, ou sexa, segun convenlles, pero... non somos parvos!!!
Isto xa é demasiado!!!
Que vivamos do outro lado do océano non significa que aínda seguimos coa pluma na cabeza!!
QUE DESCENDEMOS DE VOSTEDES, COÑO!!!
O PP anima os emigrantes a mobilizarse polo seu voto
Populares na diáspora fan do PSOE o “único” responsable ante os emigrantes de que non poidan votar nas locais

CRISTINA DÍAZ PARDO | Actualizado 15/05/2010 -
A unha gran parte dos galegos que viven na diáspora non lles sentou nada ben o acordo ao que PP e PSOE chegaron no Congreso, na subcomisión de reforma da Lei Electoral, polo que os emigrantes non participarán nos próximos comicios municipais. De feito, nesta xornada xa hai convocada unha manifestación en Bos Aires na que diversas asociacións de emigrantes españois reivindicaran “o seu dereito a manter o voto”. Mentres, os populares aproveitan o malestar da colectividade e cambian o seu discurso no exterior.
A presión emigrante pesou moito en todo este proceso. Dende a diáspora, militantes tanto do PP como do PSOE enviaronlles cartas aos seus partidos demandando que se paralizasen as negociacións que pasaban por limitar o voto da emigración. Neste contexto, diversas voces apuntan a que o Partido Popular non quere perder o favor dos seus militantes no estranxeiro e aínda que en España impulsan a reforma do voto emigrante, na diáspora defenden o seu mantemento nas municipais e culpan directamente aos socialistas de “restrinxir” as liberdades dos españois no exterior.
No día de onte, o blog Máis Galiza Diáspora, páxina organizada por membros no exterior da corrente dentro do Bloque liderada por Carlos Aymerich, denunciaba que “o PP está a empregar á secretaria xeral de Emigración para enganar e manipular os emigrantes con respecto á reforma do voto emigrante”.
Segundo denuncian, “o xefe de Gabinete do secretario xeral de Emigración da Xunta, Ildefonso de la Campa Montenegro, fíxolles chegar instrucións, seguindo as directices de Santiago Camba, aos cargos e militantes do PP na emigración solicitando o envío de cartas-modelo nas que se acusa ao PSOE de ser o instigador da reforma e recorte do voto emigrante e aos restantes partidos de colaboradores pasivos dareforma”.
Sempre segundo se denuncia dende Máis Galiza Diáspora, dende o PP se estaría alentando á participación na manifestación convocada para a xornada de hoxe en contra da limitación do dereito a voto dos emigrantes españois “a pesar de que este grupo é o redactor de case o 50% do anteproxecto de reforma la Lei Electoral”, din. “Dende o PP están a mover unha misiva que pretenden repartir na manifestación desta xornada na que acusan ao PSOE de traizoar as promesas electorais efectuadas durante as eleccións aos españois no exterior”, asegura Victoriano Ojea, representante do BNG en Andorra. “É o de sempre, queren quedar ben tamén na emigración dicindo alí que eles non apoiaron a reforma”, explica o nacionalista. “Eles sempre manipularon moi ben a emigración e agora o que queren e facer a reforma e botarlle ás culpas a outros fóra. Do que deberían preocuparse é de garantir un voto en urna para que a participación electoral sexa transparente”, indica.
Non só dende o Bloque se escoitan voces que denuncian que o PP está a actuar cunha dobre vara de medir no que ten que ver coa reforma do voto emigrante. Carlos Fernández, voceiro do PSOE en Arxentina, manifestou onte a Xornal, que hai unha parte do PP que está a tratar de botar a culpa ao PSOE da reforma da Lei Electoral, de dicir que foron os socialistas os que lles están a impedir votar nas eleccións municipais”. Para Fernández, “isto que están a facer non é máis que unha xogada política de escaso nivel. No PP son moi previsibles e agora queren botarlle a culpa ao PSOE por estar no Goberno”, comenta o socialista. Fernández asegura que “as declaracións que está a facer Alfredo Prada, o representante o PP no país, non teñen nada que ver co que se está dicindo dende España”.
De feito, Fernández remitiuse a unhas declaracións de Prada, o responsable do Partido Popular no Exterior, nas que aseguraba que vía de forma “moi negativa” que a reforma da Lei Electoral limitase o dereito de voto dos emigrantes nas eleccións municipais. No marco dunha entrevista na publicación España Exterior, o popular aseguraba que “o PSOE, seguindo un criterio xurídico de vecindade, que establece un informe do Consello de Estado, que é un órgano consultivo de Goberno, apostou para que os españois residentes no exterior non voten nas eleccións municipais”, e engadía: “A min, persoalmente, isto non me gusta. Podo entender os criterios xurídicos, pero en termos políticos non me gusta”.
Ao longo da entrevista, Prada aplaude que non saíse adiante “a proposta do PSOE” que pasaba porque os emigrantes só participaran nunha circunscripción electoral propia no Senado, proposta que, aínda que se aprobou, chegou a ser pactada por socialistas e populares. “É un motivo de satisfacción que esta proposta do PSOE non saíse adiante. Finalmente, o informe decantouse porque os emigrantes poidan votar nas autonómicas e nas lexislativas nos termos actuais, é dicir, que seguirán elixindo a deputados e a senadores”.
Dende Galicia, o PSdeG quere deixar claro que “a pesar do que se poida estar dicindo na emigración, hai unha posición oficial que é nidia e que non alberga dúbidas. Na subcomisión do Congreso chegouse a un acordo entre PP e PSOE que aposta pola supresión do voto nas locais”.
http://www.xornal.com/artigo/2010/05/14 ... 00291.html
Alexandra Cachafeiro Camiña

Voltar para “Lexislación que nos atinxe”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante