Página 1 de 1

Galegos de Boiro

Enviado: quinta, 20 nov 2003, 04:53
por braisgarcia
Gustaríame poder contactar con amigos de Boiro (A Coruña) que se atopen fora da nosa patria

Galegos de Boiro

Enviado: quinta, 20 nov 2003, 06:48
por esteirana
Ola e benvido a Fillos. Ben, ainda que eu son de Esteiro, tamén teño parte da miña orixen en Boiro. Unha das miñas bisavoas polo lado paterno era de Bealo, no concello de Boiro. Non sei moito dese lugar, pois meu pai fala pouco da sua familia. Sei que me levaron de pequena a romaría de San Ramón, pero non lembro máis nada. Non sei se me quedan familiares no lugar por esa pola da familia. O apelido da miña bisavoa era Torrado, moi común nesa zona. O único que sei dela e que casou para Tállara (Lousame) e que morreu moi nova, deixando 3 fillos menores de 10 anos.

Saúdos,
Inés

Galegos de Boiro

Enviado: quinta, 20 nov 2003, 06:58
por braisgarcia
Eu nacín ó lado de Bealo, na parroquia de Cespón. É certo que o apellido Torrado é moi común por alí. De Boiro podo dicirte que é un lugar moi bonito, con moitas praias. Se queres coñecer algo máis de Boiro podes visita-la web http://www.boiro.org.

Gracias por comunicar conmigo.

Galegos de Boiro

Enviado: terça, 15 mar 2005, 11:47
por mosareta
Está Web leva moitos meses sin ser xestionada, dende o verán pasado. Esto é o que se preocupan os concellos de atualizar e dar servicio ós seus ciudadanos a través de internet. Seguimos coma antes, Blas, igual que antes.