Página 3 de 6

¿Xuntanza en Euskadi?

Enviado: quinta, 24 fev 2005, 17:23
por casdeiro
Compañeiros, aviso urxente, a ver se podedes...

Beltram vai vir a Barakaldo o sábado, a partir das 16:30 aprox. Ven visitar a nosa oficina en Eguzkiagirre, 7 - 1º dpto. 5, así que os que vos poidades achegar a esa hora faremos unha minixuntanza tomando algo por aquí.

Espero que vos chegue o aviso a tempo.

< Manuel Casal Lodeiro "Casdeiro" >
Xestor da Comunidade Virtual
F I L L O S D E G A L I C I A
~~~~~ http://www.fillos.org ~~~~~~~

¿Xuntanza en Euskadi?

Enviado: sábado, 26 fev 2005, 14:09
por casdeiro
Parece que non dou localizado a Anxo (non me colle o teléfono), nin a Benxamín (non atopo o teléfono) nin a Xandriña (non respondeu mensaxes...). De calquera xeito se vos animades estaremos na oficina no enderezo devandito ou na cafetería máis próxima, o Azimut (en Gernikako Arbola).

< Manuel Casal Lodeiro "Casdeiro" >
Xestor da Comunidade Virtual
F I L L O S D E G A L I C I A
~~~~~ http://www.fillos.org ~~~~~~~

¿Xuntanza en Euskadi?

Enviado: segunda, 28 fev 2005, 21:57
por benxamin
Se a xuntanza foi o 26 de febreiro.... por aquí andaba argallando unha asamblea extraordinaria para o día 28.
Esquenceuseme a data e a cita....

¿Xuntanza en Euskadi?

Enviado: domingo, 03 abr 2005, 20:50
por anacoreta
O que a min dame pena de todo isto é a progresiva pérdida da galeguidade nas vindeiras xeracións. Eu son galego de 2ª xeración por parte materna, non sei galego siquera (escribo de oídas, supoño que cheo de faltas), mais corre pola miña sangue esa pizca de morriña que non debería perderse, e que gracias ó nacionalismo que o PNV impoñe nas escolas vai desaparecer.

Conozo xente da miña xeración (teño 20 anos) con raíces en Galiza, mais non conozo a ningún deles que sinta nada por aquelo aparte do que les gusta o polbo á feira, e deixan que os fillos de Arana denigren continuamente os seus antepasados cos seus delirios nacionalistas con total impunidade, sin siquera alzar a súa voz en demanda do respeto que os galegos emigrados (e os emigrantes en xeral) merecen no País Vasco, xa que non son ratas como dixera algún non hai moito tempo, se non persoas co cuyo sudor floreceu esta terra, e a quenes deberían agradecer moito do que teñen. Parece que queiramos esquecer as nosas raíces.

Eu achaco moita desta culpa ós propios emigrantes, que antepoñeran en moitos casos o "lévate ben con eles" ("eles" son os vascos "de pura raza") ó inculcar os seus fillos un mínimo de aprecio polas suas raíces, un mínimo de dignidade, que parece que foran ladróns pidendo perdón, carallo.
Non é isto unha acusación de ninguna clase, mais non encontro outra explicación pra ista, na miña opinión, traxedia.

E xa queda dito.
Saúdos pra todos dende Vizcaya.

¿Xuntanza en Euskadi?

Enviado: segunda, 04 abr 2005, 08:01
por casdeiro
Benvido, Anacoreta. Alédame ver que aínda che outros bechos raros coma min por estas terras vascas ;-P

Eu penso que o que ti achacas ao quererse levar ben cos nacionalistas (ou cos vascos en xeral) non ten nada que ver, senón que é algo que se dá a nivel mundial coa nosa emigración: o autoodio. Non podes trasmitir un aprezo e un orgullo pola túa raza e a túa cultura, se ti te avergonza dela. Os nosos pais trouxeron esa vergonza de seren galegos de alá, e aínda que en Galiza se teña avanzado moito para recuperar o orgullo de noso, aquí na emigración perpetuáronse os peores aspectos dese autoodio e o que é peor, trasmitíronllo aos seus fillos, que preferiron seren vascos ou españois en todo caso, pero nunca galegos.

Un saúdo desde Barakaldo e a ver se nos coñecemos nalgunha xuntanza, que isto parece unha historia imposible. A última fixémola dun xeito case improvisado entre Beltram, Euskotrepia e mais eu aquí en Barakaldo, pero soubo a pouco.

< Manuel Casal Lodeiro "Casdeiro" >
Xestor da Comunidade Virtual
F I L L O S D E G A L I C I A
~~~~~ http://www.fillos.org ~~~~~~~

¿Xuntanza en Euskadi?

Enviado: quarta, 06 abr 2005, 16:28
por beltram
Oiches meu, ja estou de volta e pode que este sábado vaia botarte umha mao a Barakaldo, se che ven bem, claro!
Se isso começamos a artelhar o da juntança e algumha ideia mais que tenho que comentarche/vos.
Hei conectarme estes días ao taboleiro pra ver que me respostas.
Sáude e Terra.

¿Xuntanza en Euskadi?

Enviado: quinta, 07 abr 2005, 09:12
por casdeiro
Pois vaime dicindo se ves pola mañá ou pola tarde. E mellor chama antes non sexa que teña algún compromiso imprevisto como a última vez que viñeches!

< Manuel Casal Lodeiro "Casdeiro" >
Xestor da Comunidade Virtual
F I L L O S D E G A L I C I A
~~~~~ http://www.fillos.org ~~~~~~~

¿Xuntanza en Euskadi?

Enviado: quinta, 07 abr 2005, 11:47
por anacoreta
Precisamente, Casdeiro, referíame os complexos máis que a outra cosa. Ti o chamas "autoodio"... é possíbel que sexa máis correcto.

Saúdos.

¿Xuntanza en Euskadi?

Enviado: quarta, 18 mai 2005, 19:58
por sandrita
ola casdeiro,perdon pero ha habido mucho tiempo ke no me e podio conektar,abeis organizao alguna kedada ya?me gustaria saber si vais a organizar alguna y contar conmigo,me mandas un correo o si kiereste doi el numero del movil y tal,besos

¿Xuntanza en Euskadi?

Enviado: quinta, 19 mai 2005, 08:31
por casdeiro
Ola, Xandriña! :-)

Pues no, kedada en firme no, pero sí que he visto a Euskotrepia y a Beltram algún día, tanto por separado como juntos los 3. Beltram tiene ganas de ir de fiesta por ahí con nosotros... así que podemos volver a sacar el tema. De Gael hace mucho que no sé nada, me tiene preocupado... tampoco me contesta a las llamadas.

Supongo que has estado con exámenes o así.

Cuando quieras pégame un toque al 94 4376328 (suelo estar por las mañanas) y hablamos.

< Manuel Casal Lodeiro "Casdeiro" >
Xestor da Comunidade Virtual
F I L L O S D E G A L I C I A
~~~~~ http://www.fillos.org ~~~~~~~