Xuntanza en Bos Aires (2-8-08)

Lugar para anunciar xuntanzas de membros de Fillos e outras xuntanzas de galegos-as no mundo.
marisalvar
Mensagens: 310
Registado: sábado, 08 mar 2003, 00:00

Xuntanza en Bos Aires (2-8-08)

Mensagempor marisalvar » domingo, 17 ago 2008, 22:25

Fai xusto oito días que volvín de Arxentina. Aínda cos ollos abertos sigo vendo imaxes de Bos Aires, de La PLata, de Mar del Plata, Bahía Blanca...
Seguen na miña cabeza e no meu corazón as caras dos meus familiares e dos amigos que puiden ver alí. Quedaron uns cantos por ver, pero 17 días non me deron para máis...¡Para a seguinte visita !

O día 2 de Agosto eu tiña unha cita no Tortoni co "Clube de Lectores galegos en Bos Aires " e despois dela unha pequena xuntanza cos Fillos de Galicia que puideron achegarse.

Alí puiden darlles unha aperta a vellos e moi queridos amigos de Fillos aos que agradezo de todo corazón o agarimo que nos amosaron e a tarde absolutamente feliz que nos fixeron pasar.

Unha morea de bicos para todos eles e moi especialmente para Manuel Lopez Faraldo que viaxou desde Montevideo para estar connosco e a Antón e Rubén que nos acompañaron ao aeroporto o último día.

Como imaxinades houbo unha lembranza emocionada para o noso Manolo.

E faltou tamén, por uns problemiñas transitorios de saúde, outro bo amigo ao que puiden ver na cidade de La Plata en varias ocasións, Mario Vidal, ao que tamén lle deixo aquí unha aperta forte.

Para min foi unha experiencia incrible chegar á cidade (e ao pais) que acolleu a tantos galegos, e atopar a cada paso referencias a Galicia en cada recuncho.

Sentinme en todo momento na casa, en ningún momento me vin coma unha extranxeira nun pais que non é o seu, e veño namorada de Arxentina, da súa xente, e das súas paisaxes.
Tamén coa tristeza de pensar que un gran país coma este aínda non puido erguer a cachola e recuperarse da tremenda crise.

lopez
Ex-membro
Mensagens: 478
Registado: sábado, 19 out 2002, 23:00

Xuntanza en Bos Aires (2-8-08)

Mensagempor lopez » domingo, 17 ago 2008, 22:57

Ah Marisa, entonces has passado por Brasil, y nó me has visitado. Claro que estabas a 10000 metros de altura ,pero.......... Me alegro que tengas aprovechado el paseo a Argentina. Yo me marcho ahora el dia 21, son solamente cuatro dias, pero asi como tu deseo encontrar muchos hermanos gallegos. Apertas nena, temos sentido tu presencia mas constante en Fillos, a ver si no desapereces tanto. Recuerdos a la familia.

cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

Xuntanza en Bos Aires (2-8-08)

Mensagempor cachafeiro » segunda, 18 ago 2008, 02:14

A miña querida Marisalvar como me apena o ler que estuvistes en Bos Aires e que non nos hubiesemos visto, talvez se o houbeses anunciado no foro podriamos haberche ido coñecer, coa cantidade de membros que hai aquì asegúroche que o Tortoni non nos alcanzaba. Aínda que me imaxino que cos que che foron a ver, foi suficiente. Aquì adoitamos recibir aos fillos de Galicia cos brazos abertos. Pola crise deste pais non che preocupes, estamos afeitos caer e volver levantar, non por nada levamos nos nosos xenes a historia de ser sobrevivientes. Un forte abrazo de quen che quixo coñecer.

Alexandra Cachafeiro Camiña


Voltar para “Xuntanzas”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 3 visitantes