Página 1 de 2

Xuntanza 14 de Agosto

Enviado: quinta, 07 ago 2008, 07:49
por xestor
Xa temos outra cita, compañeiros/as!!

E o é ben atraínte, abofé!

Queremos vos ver por Antas de Ulla. Quen se anima desta volta?

:P

Xuntanza 14 de Agosto

Enviado: quinta, 07 ago 2008, 15:06
por antas
Non podo ter máis que palabras de ánimo para que veñades.
Tanto Lebesende como eu, estaremos moi ledos de que veñades coñecer o noso/voso pobo (o Centro Xeográfico de Galicia...é de todos!!!).
Lembrade que Antas de Ulla posúe unha marca moi relevante: Case o 3,5% dos socios de Fillos somos ulláns!!!!! (ahí queda iso).

Animádevos. O 14 e véspera dunha longa fin de semana.

Agardámosvos en Antas

Xuntanza 14 de Agosto

Enviado: sexta, 08 ago 2008, 18:35
por anamp
Anímovos aos que poidades a que vaiades a FolkAntas!!! Que ben estaría poder desfrutar deses concertos. Eu sigo sen poder ir, pero xa estou pensando no ano que vén!!!!!!!
Bicos a todos e desfrutade moito!!!
Ana

Xuntanza 14 de Agosto

Enviado: sábado, 09 ago 2008, 12:08
por casdeiro
Si, Ana, e para o ano... viredes 3 en lugar de 2!!! ;-D

Grazas e pensaremos en vós entre baila e baila... :-) Cóidatenos moito!!!

Xuntanza 14 de Agosto

Enviado: sábado, 09 ago 2008, 12:52
por anavilat
Aniña, a vos esperamosvos o ano que ven!!!
Coidate moito!!!

Seica se vai animando a xente!!!!
Rosamerchi confirma que ven, como tamén axab (Afonso Xabier) e máis Palas de Rei.
Temos que mirar onde durmir, pois tanto Rosamerchi, como axab quedanse tamén ata o fin de festa.
Que? Quen máis se apunta?

Xuntanza 14 de Agosto

Enviado: sábado, 09 ago 2008, 13:35
por casdeiro
Entón confirmados: Antas (como non!!!), Lebesende, Anavilat, Casdeiro, Rosamerchi, Axab, PalasDeRei... :-D

Terei oportunidade de me atopar con 2 membros máis que non tiven ocasión ate o de agora!!!

Aínda quedan días a ver se vos animades, xente!!!

Xuntanza 14 de Agosto

Enviado: domingo, 10 ago 2008, 01:15
por mary556
Quen puidera acompañarvos!!!
Alomenos, faréino co corazón e ca ialma...
Disfrutade moitísimo a xuntanza, a música e a terriña...
Boa serán!!!

Xuntanza 14 de Agosto

Enviado: domingo, 10 ago 2008, 10:04
por casdeiro
Grazas, Mary :-)

E aos demais que o estean pensando, que por favor nos avisen porque temos que ir reservando onde durmir. Agradeceríamos confirmación o luns ou o martes a máis tardar. Grazas.

Xuntanza 14 de Agosto

Enviado: domingo, 10 ago 2008, 17:21
por soadora
Caramba!!!
Para no perdérselo!!!
Los que estéis en Galicia, ¡acudid a la cita!
Y también el 30, a gozar de la buena música y de la compaña!
Xa intentaréi escribir en galego, he,he,he...
¿Ves, Mary? Algo fago...
¡Apertas a todos!

Xuntanza 14 de Agosto

Enviado: domingo, 10 ago 2008, 22:17
por mary556
Xa, xa o vexo, Soñadora, ha,ha,ha...
Os que estades na terriña, non faltedes á xuntanza!!!
E recordade avisar a Manuel, para poder reservar o aloxamento!!!
Qué ledicia!!! Miña nai!!!
Apertas infindas a todos!
Bicos para ti, Soñadora!