O máis importante, pedir perdón polo meu "galego": non teño ningún parentesco real con Galicia (home, o segundo apelido de miña nai é xustamente "gallego", xa que logo algún devanceiro tivo que ser de alí, pero...). Son catalá e vivo en Barcelona, pero o meu rapaz é galego, vive na Coruña; gracias a el descubrín unha cultura interesantísima. Gústanme sobre todo a lingua, os mitos, a literatura popular e a xeografía (só puiden visitar A Coruña, Santiago e Santa Cruz, pero este verán espero ampliar o "tour", apetéceme moitísimo ver as murallas de Lugo, por exemplo).
Coñecín a web buscando información sobre lingua, e o foro pareceume unha oportunidade única para practicar o galego. De cando en vez vou ó Centro Galego de Barcelona, colaboro como voluntaria na biblioteca os sábados, e o luns e o mércores hai uns cursos de lingua e cultura aos que vou para escoitar e aprender un pouco máis.
Podería contar moitas máis cousas da miña vida, pero coido que non son demasiado interesantes.
Se tendes algunha dúbida ou curiosidade, preguntádeme sen problemas.

Lémonos polo foro, unha aperta!