Un galego de Galicia

Deixa aquí a túa mensaxe para te presentares ao resto da Comunidade.
antas
Mensagens: 175
Registado: terça, 18 nov 2003, 00:00

Un galego de Galicia

Mensagempor antas » quinta, 20 nov 2003, 12:42

Fai moi pouquiños días que accedín á web de Fillos. Bebin con avidez as suas seccións e gustoume o proxecto.
Eu son un galego de Galicia por puriña casualidade, xa que os meus pais foron emigrantes en Venezuela e a miña chegada ó mundo fixoos retornar ó país -inicialmente coa intención de voltar, pero finalmente fixaron a sua residencia novamente en Galicia-.
Medrei amamantado polos centos de historias que miña nai me contaba do periplo de dous galegos -como tantos outros- que sairon dunha aldeiña da provincia de Lugo, na que daquela non había nin siquera luz eléctrica, e trocaron a lama das corredoiras polo asfalto de Caracas; o son do vento nas chousas polo axetreo dunha cidade como a capital de Venezuela no ano 1957.
Admiro a tódolos que -como os meus pais- marcharon a unha terra descoñecida, a insertarse nunhas sociedades avanzadísimas para eles coa fin de lograr o que na sua terra de entón non lles era posible nin siquera atisbar.
Por extensión aprecio a tódolos "galegos de fora" que recibiron o xoromelo do amor por Galicia e o siguen cultivando nos seus corazóns.Con todos eles, cos de dentro e mais cos de fora, a través de foros coma esta, enriquecemos e facemos Galicia.

Unha aperta
Xosé Luís Santiso
Antas de Ulla (Lugo)
Última edição por antas em sábado, 08 nov 2014, 20:51, editado 1 vez no total.

antoniorey
Mensagens: 287
Registado: terça, 19 fev 2002, 00:00

Un galego de Galicia

Mensagempor antoniorey » quinta, 20 nov 2003, 17:14

Xosé Luis:

¡Benvido á nosa comunidade de galegos espallados polo mundo!

Chámome Antonio José Francisco Rey e nacín en Bos Aires.
O meu avó naceu nunha aldea pertencente ao Concello de Muros (A Coruña)e veu á Arxentina no ano 1927.
Nunca máis voltou á terra, mais deixou nos seus descendentes o amor que venceu o tempo e a distancia...

Coñecín San Xián no ano 2000. Estiven dúas semanas na casa onde naceu o meu avó, e despois atopei este Centro Galego Mundial que é Fillos.

¿Coñeces a nosa mailing-list (rolda)?

Unha aperta.

Antón de Muros.
Socio N° 5 da Asociación Cultural Fillos de Galicia.

Polo futuro de FILLOS DE GALICIA:

¡ A C T Ú A
A G O R A !

+ info -> http://www.fillos.org/fillos/colaborar/ ... fillos.htm
Última edição por antoniorey em sábado, 08 nov 2014, 20:51, editado 1 vez no total.

rdservia
Membro falecido
Mensagens: 89
Registado: domingo, 24 fev 2002, 00:00

Un galego de Galicia

Mensagempor rdservia » quinta, 20 nov 2003, 19:30

Bienvenido Xosé Luis, mi nombre es Rubén Servia,
Noia, Lousame - A Coruña.
Mi abuelo llego a Bs.As. en el año 1929, mi abuela años mas tarde y mi padre en el año 1947, se reunieron en la casa, que mi abuelo compro en el Delta del Parana, ahi construyeron sueños trabajaron la tierra a semejanza de Galicia, rios, verdes, cultivaron y cosecharon de la tierra, los mejores duraznos, las mejores ciruelas....limoneros, naranjales y en la costa del rio....supieron cosechar las mejores uvas....en los meses de vacaciones, comparti dias felices de mi niñez, me dejaron ejemplos marcados en el corazon.
Nunca volvieron a su tierra, Galicia, ahi habian dejado a dos de sus hijos...pasaron los años y un dia de setiembre, mas precisamente el 14 de setiembre del año 2001, regrese a la tierra de mis seres mas queridos, sin palabras, ahi estaba la tia, la abrace y crei morir en los brazos, mas dulces, los brazos mas esperados....y mas queridos que imagine.
En ese abrazo nuestro, estabamos todos...mi abuelo, mi abuela y mi papa.....
Fillos para mi es la continuidad y el traslado de aquellos dias vividos con los abuelos y los que seguire viviendo mientras un gallego, neto o hijo se incorpore a la lista, la rolda.
Me alegro que formes parte de este proyecto.
Estimado amigo.

Atte.
Ruben D.Servia
Noia, Lousame - A Coruña
Última edição por rdservia em sábado, 08 nov 2014, 20:51, editado 1 vez no total.

esteirana
Mensagens: 238
Registado: quarta, 13 fev 2002, 00:00

Un galego de Galicia

Mensagempor esteirana » sexta, 21 nov 2003, 06:41

¡Benvido a nosa comunidade, Xosé Luis!
Eu chámome Inés e nacín en Esteiro, no concello de Muros. Dese concello é a miña familia materna. A familia do meu pai é de Tállara, concello de Lousame. Comparto con Antonio e Rubén, que xa che deron a benvida, a miñas orixes.

Fai trece anos que vivo en Nova Iork xunto coa miña familia, e aquí a nosa casa segue a ser moi galega, pois seguimos negándonos a adoptar totalmente uns costumes que non nos pertencen.

Xa fai tres anos que atopei Fillos de Galicia. O contacto con galegos noutras terras fíxome sentir máis preto de Galicia.

Espero que te sintas a gusto entre todos nós.

Saúdos desde a outra beira do mar.
Inés
Última edição por esteirana em sábado, 08 nov 2014, 20:51, editado 1 vez no total.

antas
Mensagens: 175
Registado: terça, 18 nov 2003, 00:00

Un galego de Galicia

Mensagempor antas » sexta, 21 nov 2003, 11:31

Graciñas a tod@s pola calurosa acollida.
Pois non sei moi ben cal é a función da lista de correo. Entrei o outro día, pero -sinceramente- vin moita complicación para darme de alta, e como non coñezo a sua fin pois deixeino para outro momento.
Imaxino que non é nesta sección do taboleiro o lugar axeitado para esta pregunta, pero boeno... agora xa a fixen.

Novamente saúdos
X.L.Santiso
Última edição por antas em sábado, 08 nov 2014, 20:51, editado 1 vez no total.

marisalvar
Mensagens: 310
Registado: sábado, 08 mar 2003, 00:00

Un galego de Galicia

Mensagempor marisalvar » sexta, 21 nov 2003, 16:12

Benvido, Xosé Luis.

Estou moi contenta de que máis galegos de Lugo coma min, entren a formar parte deste universo que é Fillos de Galicia.

Eu nacin e vivo na Fonsagrada, e entrei a Fillos fai uns sete ou oito meses. Logo, máis tarde, como me gustou o que atopei, decidín formar parte tamén da Asociación Cultural Fillos de Galicia, e aquí estou... e aquí seguirei :-)

No mes de Nadal pensamos facer unha Xuntanza en Galicia aqueles Fillos que se atopen por aquí nesas datas. Se miras en Xuntanzas , neste mesmo Taboleiro atoparás información sobre ela por se queres asistir.

A rolda é unha lista de correo na que compartimos historias da emigración, lembranzas do pasado, información sobre a actualidade de Galicia, sobre a literatura, a música, as nosas tradicións, a etnografía, as festas, etc...etc...etc...e tamén información de actividades que se levan a cabo nos distintos paises en que residen os emigrantes e os seus fillos ou netos relacionadas coa cultura galega

Un saudo

Marisa


Voltar para “Presentacións”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante