Mil Desculpas!

Deixa aquí a túa mensaxe para te presentares ao resto da Comunidade.
miluca
Mensagens: 8
Registado: quarta, 22 out 2008, 22:22

Mil Desculpas!

Mensagempor miluca » sábado, 25 out 2008, 21:09

Pido desculpas! Entrei a chantar un tema sen presentarme antes. Foi a emoción do momento, mil perdóns!!!!

Fala Miluca! E saúdo a todo o persoal! Que tod@s se den por bicados e achuchados. Espero compartir con vos moita conversa. Dame a alma que atopei un sitio ben acolledor no voso recuncho. Grazas por permitirme entrar.

Chucholos!!!

Avatar do Utilizador
rubi
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: terça, 01 abr 2008, 22:58
Contacto:

Mil Desculpas!

Mensagempor rubi » sábado, 25 out 2008, 21:51

Bienvenida Miluca!!!!
Te saluda una argentina descendiente de gallegos de La Coruña.
Vivo en Buenos Aires y me ha resultado muy simpática tu presentación, por eso quiero saludarte y desearte que te encuentres cómoda entre nosotros.
Gracias por los "achuchones" y te envío uno a tí desde el otro lado del océano.
Espero verte seguido por aqui....

Rubí
Buenos Aires-Argentina

miluca
Mensagens: 8
Registado: quarta, 22 out 2008, 22:22

Mil Desculpas!

Mensagempor miluca » sábado, 25 out 2008, 21:59

Graciñas Rubí! Como a maioría dos galegos teño familia por Arxentina. De feito este verán, coñecín unha prima segunda miña que veu a visitarnos. Foi un encontro entrañable. Tantas cousas que contar sen coñecernos e semellaba que foramos medrando xuntas dende nenas. O vínculo que nos une é tan forte que ainda a tanta distancia, síntoos moi preto. Miña nai ten bastante familia por alá e teño moita moita gana de ir a visitarvos, coñecer os meus ascendentes... Fixen a firme promesa de que no momento que poda económicamente e o traballo me permita ausentarme del un tempiño irei sen fallo.

Moitas grazas polo teu recibimento, e un bico enorme!!!

bershky
Mensagens: 465
Registado: quarta, 18 jan 2006, 10:39

Mil Desculpas!

Mensagempor bershky » sábado, 25 out 2008, 22:00

Fala Miluca! E saúdo a todo o persoal


Benvida sexas a nosa Galiza virtual, crista dos galegos espallados polo orbe terráqueo.

Desde acó, Zürich, saúdate Bersky.

Chucholiños para ti.

miluca
Mensagens: 8
Registado: quarta, 22 out 2008, 22:22

Mil Desculpas!

Mensagempor miluca » sábado, 25 out 2008, 22:09

Bershky!! Dende Zürich??? Carai!! Si e que, donde non viva un galego non hai vida!! Teño que poñerme un pouco ó dia por aquí. Alédome un montón de saudarte dende aquí. En Zürich non teño familia, polo menos da que teña conocemento, pero... vaite a saber!!!

Grazas por saudarme, outro chucholo grande!!!

mary556
Mensagens: 287
Registado: quinta, 20 fev 2003, 00:00

Mil Desculpas!

Mensagempor mary556 » domingo, 26 out 2008, 00:23

Benvida, Miluca, a esta nosa casa de Fillos!
Eu son galega nativa...Trouxéronme para Arxentina os meus paiciños, de moi cativa.
O ano pasado, estiven visitando a Patria...E puiden cumprir o meu soño de voltar coñecer a miña casiña e a familia que quedóu por alá...mais, nunca esquecida...
Sentímonos coma ti: pretísimo os uns dos outros...Os vínculos do sangue, teñen moitísima forza.
Agarimosas apertas e bicos, dende Bariloche, Arxentina!!!

anavilat
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 441
Registado: quarta, 17 mai 2006, 14:29

Mil Desculpas!

Mensagempor anavilat » segunda, 27 out 2008, 12:44

Benvida sexas Miluca e benvida sexa tamén a túa simpatía!!! Que últimamente boa falta fai!!! ;)
Moitos chuchos logo!!!

miluca
Mensagens: 8
Registado: quarta, 22 out 2008, 22:22

Mil Desculpas!

Mensagempor miluca » sábado, 01 nov 2008, 15:18

Grazas Mary e Anavilat!!! Estes días non vou poder darvos moita lata que ando liada. Peeeero, en canto me quite un pouco de peso de encima vades suplicar que cale jajajajaja. Un biquiño, pequenas!!!

Avatar do Utilizador
crisanto
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 211
Registado: sexta, 29 fev 2008, 11:11

Mil Desculpas!

Mensagempor crisanto » sábado, 01 nov 2008, 16:35

Ola Miluca:
Saúdate un galego de Euskadi. Alédome moito de "verte" por eiquí e espero que o pases ben entre todos nos. A verdade que eiqui hai xente marabillosa.
A min trouxéronme ós seis anos así que xa levo mais de cincuenta, mais a terra turra moito e hai pouco que atopei este sitio e de verdade que é marabilloso.
Xa nos veremos en fillos

Saúdos, apertas, chuchos e bicos


Voltar para “Presentacións”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 5 visitantes