Cuba e EUA -- Acabar o Embargo?

Para debatir temas sobre a situación política e social en Arxentina, Brasil, Venezuela, Cuba, México, etc.
frank954
Mensagens: 35
Registado: quarta, 13 fev 2002, 00:00

Cuba e EUA -- Acabar o Embargo?

Mensagempor frank954 » quinta, 16 mai 2002, 19:49

Un grupo bipartidista profere derogar o embargo e TV Martí
RUI FERREIRA
O Novo Herald

Jeff Flake


Coa idea de incrementar a influéncia de Estados Unidos en Cuba e servir aos seus intereses nacionais, un grupo de 40 representantes federais de ambos partidos propuxose acabar co embargo estadounidense á illa, derogar a Lei Helms-Burton e liquidar TV Martí.

O anuncio foi feito onte en Washington, unhas 12 horas despois que o ex presidente Jimmy Carter abogara na Habana polo fin do embargo.

""Temos que admiti-lo, a nosa política fracasou. Ao cabo de 40 anos no poder, Fidel Castro está mais forte que nunca e o pobo cubano non pode disentir abertamente do seu goberno"", sustivo a republicana por Arkansas, Jeff Flake, un dos promotores do iniciativo.

Prevendo o seu impacto, a Casa Branca reaxiu de imediato e defendeu abertamente as sancións económicas.

""O Presidente cree que o embargo comercial é unha parte vital da política exterior e a política estadounidense de dereitos humanos cara Cuba. O comércio con Cuba non beneficia ao pobo de Cuba, se non que é usado para apuntalar un rexime represivo"", dixo o porta-voz Ari Fleischer.

A proposta foi feita polo chamado Grupo de Traballo sobre Cuba, que inclue a moitos críticos fortes e frecuentes da política da Casa Branca cara Cuba.

Pero tamén ""somos unánimes en criticar a negativa do goberno cubano en permitir elecions libres, ou a creación de partidos políticos opositores, e o seu fracaso en respeitar a liberdade de prensa ou as liberdades civis e políticas. É o noso desexo que os cubanos teñan maior liberdade política e económica"", dixo un comunicado do grupo.

Sen embargo, ""a política cara Cuba non goza do apoio do público estadounidense, o Congreso, a comunidade internacional e, mais importante ainda, dentro de Cuba, entre os disidentes, o clero e a maioria dos cidadáns cubanos. Ao cabo de catro décadas, o embargo non produciu reformas políticas e económicas importantes na illa"", engadiu a nota.

Para iso, os lexisladores se proferen, entre outras cousas:

? Autorizar as visitas de estadounidenses á illa, o cual incrementaria o troco académico, educativo e profesional, xeraria maiores ingresos ao pequeno sector privado cubano, e acabaria con ""esa reglamentación draconiana"" de permitir aos cubanoamericanos só unha viaxe anual á illa.

? Eliminar TV Martí, e destinar os $10 millóns do seu orzamento anual a bolsas e programas educativos para promover o troco entre os dous paises, ``até que se poda desenvolver tecnoloxias que acaben coa interferéncia do goberno cubano nas emisóns"".

? Derogar a Lei Helms-Burton. ""Apoiamos lexislación destinada a acabar coa lei Helms-Burton no ano 2003, de modo que permita unha nova discusión sobre os seus méritos"", dixeron os lexisladores.

? Permitir as exportacións agrícolas a Cuba sen subsidios do goberno, e acabar coas restriccions no envio de diñeiro.

Pero a nível de lideres na Cámara e o Senado, as posicións non semellan ser tan unánimes. Mentres o líder da maioria no Senado, o demócrata Tom Daschle, instó a unha apertura comercial cara a illa, o líder republicano na Cámara de Representantes, Dennis Hastert, pediu actuar con precaución.

Segundo Xulla Sweig, do Consello de Relacions Exteriores, un grupo de análise política de Washington, D.C., a Casa Branca pudese ter dificuldades en encarar a proposta do grupo.

""Vai tratar de ser todo duro o que poda, pero en eséncia non ten moito espacio político para manobrar debido aos obstáculos que teria no Congreso unha medida para impor mais restriccións"", dixo.



Franklin Blanco
Última edição por frank954 em sábado, 08 nov 2014, 20:45, editado 1 vez no total.

frank954
Mensagens: 35
Registado: quarta, 13 fev 2002, 00:00

Cuba e EUA -- Acabar o Embargo?

Mensagempor frank954 » sábado, 08 jun 2002, 16:17

Compañias de EU mostrarán productos en Cuba
WILFREDO CANCIO ILLA
O Novo Herald


AP.

UN NENO sauda desde o malecón habaneiro a chegada do buque M.V. Ikan Mazatlán, o primeiro que chegou a un porto cubano en Decembro pasado cunha carga de alimentos mercada en EU.


Cuba abrirá as suas portas a mais dun centenar de compañas norteamericanas para que mostren os seus productos agrícolas e comestibeis este outono na Habana, como parte dunha exibición destinada a incentivar a apertura comercial de Estados Unidos cara a illa.

O anuncio da aprobación da Feira Agrícola e de Comestibeis de Estados Unidos foi realizado pola empresas PWM Exhibicon International LLC, radicada en Westport, Connecticut, a cual organizou fai dous anos unha feira comercial de productos e equipos médicos estadounidenses en Cuba.

A feira agrícola será a segunda onde expoñen empresas de Estados Unidos na illa desde 1959, e se realizará en momentos en que o goberno de Fidel Castro completou compras a empresas norteamericanas por uns $90 millóns en menos de seis meses, mentres planea outro investimento por $48 millóns antes de que conclua o ano.

Segundo un reporte de PWN, unhas 150 empresas, agencias e organizacións agrícolas de Estados Unidos manifestaron o seu interese por participar na feira de cinco dias, cuxa data non foi ainda fixada polas autoridades cubanas.

A xornada final do evento ficará abrida para a asistencia da poboación cubana, que por primeira vez en catro décadas poderá ter ante si, como mostruário, frutas, gráns e outros alimentos procedintes do país viciño.

O Departamento do Tesouro outorgara a PWN o permiso correspondiente para organizar a feira desde o pasado ano, pero a resposta oficial cubana non se produciu até a pasada semana. Desde o 2000, o Congreso autorizou as vendas de medicinas e alimentos a Cuba baixo a condición de que os pagos fosen en efectivo.

""Confiamos en que esta idea contribua ao aumento do comércio entre os nosos paises"", escrebeu Pedro Alvarez Borrego, presidente de Alimport, a empresa estatal encarregada das importacións cubanas.

A declaración de Alvarez Borrego, a quen o Departamento de Estado negou visa a comezos deste ano, foi enviado en carta ao funcionário de PWN, Peter Nathan, un veterano organizador de feiras comerciais na Unión Soviética e China desde os anos 70.

""Verdadeiramente esta feira é a continuación dun proceso por renormalizar as relacións comerciais entre os dous paises"", comentou onte John S. Kavulich, presidente do Consello Económico e Comercial Cuba-Estados Unidos, con sede en Nova York.

Kavulich considerou que as compañas norteamericanas non necesitan mais conferéncias nen folletos sobre como vender en Cuba, se non ``simplesmente pór os productos ante os usuários e desvincular a política dos negócios"".

""Esta é unha oportunidade que non está disponíbel hoxe para o pobo cubano, pero que estará mañá"", prognosticou o funcionário.

Pero o congresista cubanoamericano Lincoln Díaz-Balart calificou a feira como ``parte da pantomima que están a criar poderosos sectores empresariais coa ilusión de que baixo a tirania castrista hai oportunidades para os agricultores norteamericanos"".

""Será un evento sen releváncia algunha"", prognosticou Ignacio Sánchez, membro executivo do Consello para a Liberdade de Cuba (CLC).

""O presidente [George W.] Bush insistiu en que non haberá financiamento para as vendas a Cuba e esa é a verdadeira chave neste asunto"" agregou.



Franklin Blanco
Última edição por frank954 em sábado, 08 nov 2014, 20:45, editado 1 vez no total.

frank954
Mensagens: 35
Registado: quarta, 13 fev 2002, 00:00

Cuba e EUA -- Acabar o Embargo?

Mensagempor frank954 » domingo, 30 jun 2002, 07:15

Washington contrário ao cese das relacións
RUI FERREIRA
O Novo Herald

O goberno estadounidense non ten grandes ilusións sobre o futuro das suas relacións co rexime da Habana, pero non quere interrompé-las pois cree que facé-lo é un sério erro estratéxico cubano.

""Somos veciños; estamos condenados a falar e a atoparnos ; [o gobernante cubano, Fidel Castro] faria un moi, pero moi fraco favor á pobo cubano se decide cortar esas comunicacións"", dixo a O Novo Herald un funcionário superior da administración a condición do anonimato como reacción a unha ameaza que o líder cubano fixo o mércores pola noite.

""Será responsabilidade do goberno de Estados Unidos se a insisténcia en tais práticas [apoio á disidencia interna] conduce á anulación do acordo migratorio, e mesmo a retirada da Secretaria de Intereses na Habana. É algo que non desexamos, xa que significaria un lamentabel retroceso nas poucas cousas en que se lograron avances nas relacións entre ambos paises"", dixo Castro ante o parlamento local.

Cuba e Estados Unidos estabeleceron en 1977 recíprocas seccións de intereses nas suas capitais, o cual implicou a apertura tamén de consulados xerais. O consulado estadounidense na illa procesa anualmente unhas 90,000 visas entre imigrantes e visitantes.

""Non hai nengunha xustificación para pechar a sección. Non só impediria a comunicación entre os dous paises veciños, se non tamén a nosa comunicación co pobo cubano"", dixo outro funcionário da administración que tamén pediu que non se mencionase o seu nome.

Onte, o Departamento de Estado reaxiu formalmente á ameaza. ""É algo que non desexamos, xa que significaria un lamentabel retroceso nas poucas cousas en que se logrou avances nas relacións entre ambos paises"", dixo o seu porta-voz, Richard Boucher.

Segundo a fonte da administración, o goberno cubano estaria realmente preocupado coas xestións estadounidenses na Habana de promover un mellor coñecemento da sociedade estadounidense entre os cubanos e o seu apoio á disidencia interna e os xornalistas independentes.

""Nós non fixemos nen mais nen menos que o que fan os diplomáticos cubanos en Washington ao promover debates e encontros con todo o espectro da sociedade estadounidense"", dixo a fonte.

""É mais, xamais llo impedimos, ao revés que eles fixeron coa nosa persoal na Habana"", engadiu.

O alto funcionário da administración dixo a O Novo Herald que as palabras de Castro son difícis de comprender porque fai 10 dias os dous paises se reuniron en Nova York para tratar asuntos migratorios.

""O dialogo foi fluido; eles nunca nos dixeron que estaban a pensar suspendé-lo . Nós non queremos suspendé-lo porque temos a convicción de que o acordo migratorio a salva vidas"", engadiu o funcionário.















Franklin


Voltar para “Política en Hispanoamérica”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante