Mujica gaña sen maioría as presidencias do Uruguai

Para debatir temas sobre a situación política e social en Arxentina, Brasil, Venezuela, Cuba, México, etc.
pilarmabel
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: quarta, 03 ago 2005, 15:44

Mujica gaña sen maioría as presidencias do Uruguai

Mensagempor pilarmabel » segunda, 26 out 2009, 12:54

Mujica gaña sen maioría as presidencias do Uruguai
Redacción . A partido no Goberno, Frente Amplio, venceu este domingo nos comicios xerais celebrados no Uruguai, pero o seu candidato presidencial, o ex guerrilleiro tupamaro José Mujica, verase obrigado a librar a súa última batalla co conservador Luís Alberto Lacalle nunha segunda volta a finais de novembro.
Co 46% dos votos escrutados, a coalición de esquerdas no poder logrou o apoio do 43% dos votantes e, aínda que terá maioría no Parlamento, agora deberá loitar pola Presidencia cunha eventual alianza de Lacalle, candidato do Partido Nacional ou branco, e o outro líder de centro-dereita, o aspirante do Partido Colorado, Pedro Bordaberry.
Tras lograr o 32% dos sufraxios, o ex presidente Lacalle considera a Bordaberry un apoio chave para aspirar á vitoria, pois o \\\"colorado\\\" conta co 18% dos apoios, o dobre dos que prognosticaban as enquisas. Ademais, segundo recolle elEconomista, xa anunciou que votará o candidato do Partido Nacional na segunda volta, o 29 de novembro.
Pola súa banda, a mensaxe central de Mujica foi “seguiremos loitando\\\" porque, segundo lembrou na xornada electoral, “ninguén nos regalou nada”. Aos seus 75 anos, este veterano líder da esquerda constitúe un paradigma da superación persoal, capaz de disipar as sombras do seu pasado como guerrilleiro do Movemento de Liberación Nacional-Tupamaros (MLN-T) para embarcarse nunha meteórica carreira política pola que hoxe avista o horizonte da Presidencia uruguaia, a pesar do revés deste domingo que lle deixou co mel nos beizos.
Ex ministro de Agricultura e senador, Mujica deu os seus primeiros pasos no bando \\\"equivocado\\\", o Partido Nacional. De feito, chegou a compartir filas nunha convención da mocidade partidaria no 1958 co seu hoxe máximo rival, Lacalle.
Con todo, \\\"Pepe\\\" Mujica, como é coñecido familiarmente, pronto cambiou esa militancia pola actividade guerrilleira no seo do MLN-T, que lle custou seis feridas de bala e máis de 13 anos de encarceramento en condicións infrahumanas durante a ditadura que imperou no Uruguai entre 1973 e 1985.
A espontaneidade: arma de dobre fío
Co retorno da democracia e beneficiado pola lei de amnistía aos tupamaros, Mujica reincorporouse á política como líder do Movemento de Participación Popular (MPP), sector maioritario do Frente Amplio. Cun estilo chairo e desaliñado e un discurso sinxelo, cargado de xerga e metáforas cotiás, Mujica fixo de si mesmo un espello no que hoxe se miran milleiros de uruguaios, esperanzados polos seus ideais revolucionarios e o seu compromiso coa loita social.
No entanto, a espontaneidade perfilouse como un arma de dobre fío para este veterano político, cunhas saídas de ton, a miúdo acompañadas de tacos e improperios, que lle valeron críticas da oposición e dentro do seu partido durante a campaña que acabou cos comicios de onte.
Alertado polos seus propios excesos, Mujica parapetouse nos últimos tempos nunha postura máis sosegada e contida e centrada en promocionarse como herdeiro do actual presidente, Tabaré Vázquez. Se non gaña as eleccións en segunda volta, Mujica anunciou que se retirará da política e se dedicará á chacra (granxa) que posúe nos arredores de Montevideo e onde reside desde fai anos coa súa compañeira, a tamén senadora Lucía Topolanski, á que coñeceu no 1972 na clandestinidade da guerrilla.
Fuente:http://www.anosaterra.org
Pilar

pilarmabel
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: quarta, 03 ago 2005, 15:44

Mujica gaña sen maioría as presidencias do Uruguai

Mensagempor pilarmabel » segunda, 30 nov 2009, 10:27

Na segunda volta
Mújica, elixido presidente do Uruguai
Redacción . Este domingo máis de dous millóns de electores acudiron ás urnas na segunda volta para definir o novo presidente do Urugaui. Co 74,53 por cento dos votos escrutados oficialmente, José \'Pepe\' Mujica resultou gañador na segunda volta electoral co 51,5 por cento dos sufraxios.
Con case o 75 por cento dos sufraxios escrutados, Mújica venceu as eleccións, seguido por Luis Alberto Lacalle, que obtivo 46,2 por cento dos sufraxios e quen unha vez coñecidos os datos, recoñeceu a vitoria do seu adversario da Fronte Ampla.
O presidente electo do Uruguai dixo no seu primeiro discurso como mandatario electo que non lle dará as costas aos problemas do pobo e que estará xunto aos uruguaios nas \"horas de dor\".
O novo presidente do Uruguai, de 74 anos de idade, destacou que esta non é a hora dos discursos programáticos. \"Estamos contentos, multiplícase o compromiso, viva a alegría, viva a esperanza, viva o compromiso\".
Mujica recoñeceu os seus rivais dos partidos Nacional e Independente pola súa participación nas dúas voltas electorais e deulle as grazas especialmente ao presidente saínte, Tabaré Vázquez, porque grazas ao éxito e continuidade das súas políticas puido chegar ao poder.
O poder do pobo
Nestas eleccións non hai \"nin vencidos nin vencedores\", porque a contenda gañadora, \"precisa a todos\", salientou Mujica.
O novo xefe de Estado do Uruguai recordou que o cargo de Presidente é transitorio porque o permanente é o pobo.
Pola súa banda, Danilo Astori compañeiro de fórmula do electo presidente do Uruguai, fixo un chamado este domingo aos uruguaios para que sigan gobernando xunto á Fronte Ampla para continuar así traballando polo proxecto nacional , \"sen vostedes non podemos facer o Goberno que queremos\", dixo.
Fixo un chamado a todos os partidos para que participen na solución dos problemas nacionais e destacou o labor de Goberno do actual presidente Tabaré Vazquez.
Fuente:http://anosaterra.org
Pilar


Voltar para “Política en Hispanoamérica”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante