Jogos Olímpicos em galego-português

Para debatir temas sobre a situación política e social en Arxentina, Brasil, Venezuela, Cuba, México, etc.
cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

Jogos Olímpicos em galego-português

Mensagempor cachafeiro » segunda, 05 out 2009, 12:28

OLIMPIADAS 2016
Río de Janeiro, tem a “coraçonada”!
Mentres Madrid volve quedar ás portas, a festa estoupa en Brasil...que celebrará os primeiros xogos na historia da lusofonía.
Brasil fai historia. Por vez primeira, un país da lusofonía será a capital mundial do deporte. A nación máis emerxente de América consegue tamén marcar un fito ao estrear un olimpiada no sur do continente. Durante a tarde foron caendo as cidades candidatas. Primeiro Chicago, logo Tokio e finalmente Madrid. A festa estoupaba por terras brasileiras, especialmente no seu principal ventrículo: Río de Janeiro.
O presidente brasileiro, Lula da Silva, mostraba a súa ledicia pola proclamación e reiteraba que, sen dúbida, a elección de Río significa un inmellorábel escaparate para Brasil. A conta atrás xa deu comezo e quedan menos de sete anos para que resoen as trompetas olímpicas.
http://www.vieiros.com/nova/76609/rio-d ... nada-rdquo
Felicitacións aos nosos irmáns brasileros!!!
Alexandra Cachafeiro Camiña

gallaecia
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 28
Registado: segunda, 15 dez 2003, 00:00

Jogos Olímpicos em galego-português

Mensagempor gallaecia » terça, 06 out 2009, 10:57

Por fin fíxose xustiza. Xa tocaba que no maravelloso continente de América do Sud tivera uns xogos Olímpicos. Alédome moito polo pobo irmao do Brasil, polas súas xentes máis probes e por eses nenos que quizais podan sair da miseria a que están acostumados hoxendía. É tempo de que non só os poderosos teñan dereitos e tamén os humildes, a grande maioría, teñan unha oportunidade nesta vida.
Un bico enorme pra tódolos amigos de América e os seus simpatizantes, dende Europa sentimos, polo menos eu e moitos máis, unha grande ledicia pola xustiza feita ós pobos de América representado no pais de Brasil. Longa vida ás bonas novas!
saudos,
Gallaecia

yagui
Mensagens: 81
Registado: segunda, 13 set 2004, 23:00

Jogos Olímpicos em galego-português

Mensagempor yagui » segunda, 14 dez 2009, 04:56

Galego-português? Pero como? Agora resulta que o portugués é galego-português o galego é...galego? Non entendo :p

cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

Jogos Olímpicos em galego-português

Mensagempor cachafeiro » segunda, 14 dez 2009, 15:01

amigo Yagui, se queres cámbiolle o titulo á mensaxe, aínda que creo que non hai moito que entender.
Imos ter xogos olímpicos nun idioma moi parecido ao noso, asi gústache máis??
saúdos!!!
Alexandra Cachafeiro Camiña

yagui
Mensagens: 81
Registado: segunda, 13 set 2004, 23:00

Jogos Olímpicos em galego-português

Mensagempor yagui » terça, 15 dez 2009, 11:53

Haha, non! Eu o dicia porque circula moito, realmente moito, a idea de que o portugués vén do galego. E iso é falso. O portugués vén do galego-português e o galego tamén, entón, se un defende a postura de que o galego actual non é galego-português e sonche dúas linguas diferentes, tamén ten que defender que o portugués actual NON é galego-português. Se queres saber a miña opinión, o teu título si é preciso, porque tanto galego como portugués son galego-português porque eu acho que se dous idiomas son iguais nun 80-90%, entón, son o mesmo idioma con dúas variacións dialectais.

cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

Jogos Olímpicos em galego-português

Mensagempor cachafeiro » terça, 15 dez 2009, 12:07

Niso estou totalmente de acordo contigo, Yagui.
Unha cousa é o portuguez e outra o galego.
Nunca vou compartir iso de que son linguas semellantes, eu atópolle demasiadas diferenzas, sobre todo porque o galego é máis doce ao oido.
Saúdos

yagui
Mensagens: 81
Registado: segunda, 13 set 2004, 23:00

Jogos Olímpicos em galego-português

Mensagempor yagui » terça, 15 dez 2009, 15:07

Cachafeiro:
Con ese criterio:
En México falan cun acento mexicano
En Bolivia falan cun acento quechua
En Arxentina falan cun acento italianizado
En España falan con acento andaluz, canario, castelán.
Agora...
En México falan castelán
En Bolivia falan castelán
En Arxentina falan castelán
En Andalucía, Canarias, Madrid, falan castelán
Sería unha parvada se alguén dixese: en México falan mexicano! en Arxentina falan arxentino!
Entón, por que as diferenzas dialectais do galego-português son consideradas como linguas diferentes??

cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

Jogos Olímpicos em galego-português

Mensagempor cachafeiro » terça, 15 dez 2009, 15:42

amigo Yagui:
Non vou meterme en camisa de once varas, porque logo non sabería como saír.
Esa dúbida túa deixareilla a Fernando (Crisanto) que é o especialista.
O único que che podo dicir é que falo o galego que se fala aqui na miña casa e que dende nena aprendín grazas aos meus pais.
O que si opino é que o galego non é portuguez, respecto aos reintegracionistas, porque pensan que dese xeito o galego non se perderá, no que non estou de acordo, mentres haxa mocidade como Latuneiro, que se expresen na lingua nai e transmítana a outros, a lingua non morre.
Saúdos!!
Alexandra Cachafeiro Camiña

yagui
Mensagens: 81
Registado: segunda, 13 set 2004, 23:00

Jogos Olímpicos em galego-português

Mensagempor yagui » terça, 15 dez 2009, 16:03

A ver, pero non me respondiches que pensas do meu exemplo!
Eu non teño dúbida ningunha, eu ben sei por que as diferenzas dialectais do galego-português son consideradas como linguas diferentes: as razóns son históricas (e polo tanto, modificables).
O meu obxectivo é que o asunto do \"acento\" non é motivo válido para querer separar o galego do portugués.
Eu tamén falo galego, de feito, como poderás inferir, a pronuncia dos reintegracionistas non difire dos normativistas, o cambio é no xeito de escribir.
A ver, os reintegracionistas non pensan que o galego debe reintegrarse (é dicir, volver a integrarse) co portugués só por unha cuestión de que sendo así, de ámbito rexional, perderíase. A cuestión vai máis á esencia da lingua. É dicir, que é o galego?


Voltar para “Política en Hispanoamérica”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante