Faite socio/a de Fillos, participa na Asemblea 2015 e leva libros de agasallo

Lugar para debatir ideas, facer propostas e falar do funcionamento de Fillos de Galicia.
Avatar do Utilizador
xestor
Mensagens: 1337
Registado: terça, 04 jan 2005, 19:34

Faite socio/a de Fillos, participa na Asemblea 2015 e leva libros de agasallo

Mensagempor xestor » terça, 17 nov 2015, 09:34

Como xa comunicamos onte no noso blog foi convocada unha nova asemblea xeral de socios da Asociación Cultural Fillos de Galicia.

Nesta ocasión queremos agradecer ás persoas que se unan á nosa organización o seu compromiso co futuro do noso proxecto, enviándolles de balde (a calquera lugar do mundo onde residan) as nosas últimas publicacións (ata esgotarmos exemplares):

Como conseguilos? Moi doado! Tan só tes que enviarnos un email a afiliacion ARROBA fillos PUNTO org indicando que te queres facer socio ou socia, e nós habémosche indicar os medios de pagamento dispoñibles para facer efectiva a túa cota anual de 35 euros. Lembramos que tamén se pode pagar parcial ou completamente en galeuros, a nosa moeda, se dispós dela.

Avatar do Utilizador
xestor
Mensagens: 1337
Registado: terça, 04 jan 2005, 19:34

Re: Faite socio/a de Fillos, participa na Asemblea 2015 e leva libros de agasallo

Mensagempor xestor » terça, 17 nov 2015, 09:50

Nestes duros tempos para todos, é cando máis se precisa das mostras de compromiso por parte dos que levamos Galiza no corazón e nas veas :)

A Asociación Cultural Fillos de Galicia leva moitos anos (o vindeiro ano cumpriranse 15 anos como asociación e 19 como Comunidade Virtual) facendo de ponte entre a nosa terra e a súa diáspora, e entre os diversos puntos da diáspora entre si. E aínda temos moito por facer e por dicir nos vindeiros anos. Por iso é preciso que a entrada de novo sangue, dunha nova xeración de ciberactivistas da Galeguidade, tome as rendas e se implique sumando as súas ideas e o seu labor aos proxectos de Fillos. Estes proxectos son agora máis modestos ca no pasado, pero se cadra son cada día máis importantes. Así o demostra o éxito dos libros que viñemos publicando estes últimos anos e que agora queremos ofrecer precisamente ás persoas que van facer posible que os segamos editando e distribuíndo sen custo para os nosos irmáns e irmás da diáspora onde queira que estean.

Queremos que vos impliquedes, que deades un pequeno paso adiante que será un paso enorme para consolidar o noso futuro.

Afílate á Asociación Cultural Fillos de Galicia para asegurar a continuidade dos seus proxectos e da Comunidade Virtual que xunta a case 7.000 persoas de orixe galega nestas páxinas e máis aínda nos nosos perfís das redes sociais.

:idea: E se xa es socia ou socio, anima outra persoa achegada a ti para que se afilie tamén. Explícalle o que é Fillos, a súa historia e todo o que queda por facer, coa súa axuda. Mándalle un email, unha mensaxe de móbil, ou por medio das redes sociais... Pono en contacto connosco.

Grazas en nome da nosa asociación, desde a Nación Mundial Galega! :)


Voltar para “A nosa Comunidade Virtual”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante