Página 1 de 1

Problemas técnicos no foro

Enviado: terça, 17 nov 2015, 09:22
por xestor
Ola, como xa veríades levabamos varias semanas sen que se puidese usar axeitadamente o noso Taboleiro, debido a unha actualización de software cuxos efectos colaterais nos pasaran inadvertidos.

Onte o noso técnico, Martín, deu actualizado o motor do foro de tal maneira que xa non hai atrancos para entrar e participar. Por desgraza esa actualización implica que algúns textos da interface xa non saen en galego, senón que aparecen códigos en inglés (e en maiúsculas) como
QUICK_LINKS
FAQ
ACP_SHORT
NOTIFICATIONS

etc.

Martín segue traballando no tema a ver se podemos facer que volvan saír en galego, ou cando menos en portugués ou en castelán.

Lamentamos os problemas e pregamos que noutra ocasión, cando detectedes fallos, nos avisedes por medio de calquera dos s. Grazas!