Faite socio/a de Fillos antes da XVI Asemblea!

Lugar para debatir ideas, facer propostas e falar do funcionamento de Fillos de Galicia.
Avatar do Utilizador
xestor
Mensagens: 1337
Registado: terça, 04 jan 2005, 19:34

Faite socio/a de Fillos antes da XVI Asemblea!

Mensagempor xestor » sábado, 22 nov 2014, 09:28

Desque fixemos a convocatoria oficial para a asemblea xeral de socios da Asociación Cultural Fillos de Galicia (a responsable desta comunidade virtual e de todos os proxectos de Fillos de Galicia, é dicir, o núcleo vital, o corazón desta veterana iniciativa), xa temos recibido varias incorporacións de persoas que queren dar o paso de se converteren en socios de pleno dereito de Fillos.

Se ti aínda non es socio ou socia, e queres entrar na asociación a tempo para poder participar na asemblea que realizaremos a través de Internet a partir do día 1 de decembro non o penses máis! Este ano é máis doado ca nunca e nin terás que facer unha trasferencia para pagar a túa cota. Déixanos aquí unha mensaxe e mandarésmoche información.

Grazas de antemán a todos os membros de Fillos interesados en ser tamén socios!

Avatar do Utilizador
xestor
Mensagens: 1337
Registado: terça, 04 jan 2005, 19:34

Re: Faite socio/a de Fillos antes da XVI Asemblea!

Mensagempor xestor » quinta, 27 nov 2014, 10:51

Máis información nestoutro fío: viewtopic.php?f=19&t=4061

mcriscam
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 18
Registado: quinta, 23 nov 2006, 15:59
Localização: Argentina, Lomas de Zamora, Provincia de Buenos Aires

Re: Faite socio/a de Fillos antes da XVI Asemblea!

Mensagempor mcriscam » terça, 02 dez 2014, 20:35

Hola, quiero fazerme socia de Fillos. Es posible?
hay que completar alguna planilla?
Muchas gracias,

Maria Cristina do Campo San Martín

mcriscam

Avatar do Utilizador
xestor
Mensagens: 1337
Registado: terça, 04 jan 2005, 19:34

Re: Faite socio/a de Fillos antes da XVI Asemblea!

Mensagempor xestor » quarta, 03 dez 2014, 07:28

mcriscam Escreveu:Hola, quiero fazerme socia de Fillos. Es posible?
hay que completar alguna planilla?
Muchas gracias,

Maria Cristina do Campo San Martín

mcriscam


Si, xa che solicito os datos por email, MCriscam. Grazas polo teu interese e benvida! Desde hoxe xa tes a categoría de "socia" no Taboleiro ;)


Voltar para “A nosa Comunidade Virtual”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante