Olga Camiña Monteagudo

Lugar para debatir ideas, facer propostas e falar do funcionamento de Fillos de Galicia.
cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

Olga Camiña Monteagudo

Mensagempor cachafeiro » domingo, 05 set 2010, 18:15

Amigos de Fillos de Galicia:
Ía escribir este comentario en español, pero creo que dese xeito non podería expresar a miña tristeza pola morte da miña nai, aínda que é a miña lingua de orixe, non é a miña lingua de crianza e herdanza, e como isto é sobre crianza e herdanzas, non podo facelo se non é en galego.
É sobre a miña nai e o seu paso polo mundo, e non esaxero xa que a vida botouna ao mundo desde a súa adolescencia.
Naceu galega e morreu galega, sen importar o seu paso por Cuba ou Arxentina, porque as primeiras palabras que me acordo dela en casa e as últimas na súa vida foron no seu idioma: \"Eu voume\", díxome, e eu non quixen entender.
Pero no medio quédanme fermosos recordos, ensinos, exemplos, condutas de vida que me marcaron un camiño.
Eu a estraño moito, era a miña compañeira, de nai pasou a ser a miña amiga, desas amigas que sempre estan nas boas e nas malas, esas que che dan a man cando un tropeza, que dan a palabra cando un queda sen ela.
Moitos pasaron isto antes que eu e outros o viviran noutro momento, pero neste é no que a min me doe.
Quixese compartir con vostedes as condolencias que recibín por ser ela tan querida, e en moito, un exemplo.
Verbo Xido
Amigas e Amigos:
Recibimos da súa filla Alejandra (amiga da Asociación Verbo Xido alén mar), a triste nova da morte de Olga Camiña Monteagudo, no seu domicilio de Bos Aires.
Olga, filla de Carmen Monteagudo, nacera en Figueroa (Cerdedo) hai xa moitos anos. Da súa nai, dí Dionísio Pereira no seu derradeiro traballo “As vítimas do franquismo na Terra de Montes. Beariz, Cerdedo e Forcarei” (Verbo Xido, 2010):
Carmen Monteagudo (Figueroa): De ideas republicanas, aturou unha tentativa de asalto nocturno do seu domicilio por parte de falanxistas do seu lugar, así como numerosos rexistros. Ameazada de “paseo” por parte dos falanxistas cerdedenses, debeu abandonar a súa casa deixando as tres fillas a cargo doutros veciños. Reclamada dende EEUU polo seu home, a familia abandonou Figueroa en 1948 para non volver.
Por razóns que non veñen ao caso, a familia desfíxose, marchando Olga á Arxentina, onde levaba décadas residindo.
Olga, nunca esqueceu a súa terra, nen o uso da súa língoa.
Olga, conservou a lembranza das penalidades que os franquistas fixeron pasar a súa familia.
Olga, sempre pensou que esta memoria debería servir para construír un mundo mellor.
Olga, criou á súa filla Alejandra Cachafeiro Camiña nestes mesmos valores.
Olga, deixou o seu testemuño da represión falanxista en Cerdedo ao Proxecto Interuniversitario “Nomes e Voces”, para que as novas xeracións coñeceran o que aconteceu.
Olga, autorizou que o seu testemuño servira de proba no xuízo contra Dionísio Pereira, tras a demanda presentada polos familiares do ex alcalde falanxista de Cerdedo, Manuel Gutiérrez Torres.
Olga Camiña Monteagudo era d@s nos@as e a súa lembranza perdurará connosco.
En Cerdedo 27/8/2010
Asociación Ecoloxista e Cultural da Terra de Montes \"Verbo Xido\"
Falleceu Olga Camiña, unha das vítimas da represión en Cerdedo
A cerdedense Olga Camiña Monteagudo, filla de Carmen Monteagudo e natural de Figueroa, falleceu no seu domicilio de Bos Aires. Olga Camiña deixou o seu testemuño da represión falanxista en Cerdedo ao Proxecto Interuniversitario “Nomes e Voces”, nunha entrevista realizada por Ruy Farias. O Investigador e Coordinador do Proxecto Interuniversitario \"Nomes e Voces\", Dionisio Pereira, recolle no seu derradeiro traballo, “As vítimas do franquismo na Terra de Montes. Beariz, Cerdedo e Forcarei” (Verbo Xido, 2010):
Carmen Monteagudo (Figueroa): De ideas republicanas, aturou unha tentativa de asalto nocturno do seu domicilio por parte de falanxistas do seu lugar, así como numerosos rexistros. Ameazada de “paseo” por parte dos falanxistas cerdedenses, debeu abandonar a súa casa deixando as tres fillas a cargo doutros veciños. Reclamada dende EEUU polo seu home, a familia abandonou Figueroa en 1948 para non volver.
http://www.nomesevoces.net/gl/post/fall ... n-cerdedo/
Alexandra Cachafeiro Camiña

Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

Olga Camiña Monteagudo

Mensagempor casdeiro » segunda, 06 set 2010, 17:42

Dentro da tristura compartida contigo, Alexandra, traeume un pouco de luz e ledicia ver ese recoñecemento da xente de Verbo Xido. Grazas por compartilo aquí cos demais membros de Fillos, e por compartir a imaxe do seu rosto, ledo e fermoso no teu perfil :-)
...e unha forte aperta!

Avatar do Utilizador
rubi
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: terça, 01 abr 2008, 22:58
Contacto:

Olga Camiña Monteagudo

Mensagempor rubi » terça, 07 set 2010, 16:24

Olga Camiña Monteagudo, ejemplo de mujer, de esposa y de madre....
Alejandra, debes sentirte orgullosa de ser su hija, de ver cómo se ha reconocido su lucha por la causa de la Memoria Histórica, de vencer sus miedos y dar testimonio para que esos crímenes no queden impunes....
Ella te dejó su legado y sé que está en buenas manos, porque tú también eres un ejemplo de mujer luchadora y fuerte, a pesar del dolor por la pérdida, seguirás llevando adelante el estandarte de la VERDAD Y LA JUSTICIA....
Un abrazo muy fuerte querida amiga....


Voltar para “A nosa Comunidade Virtual”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante