¿Que te ha aportado Fillos?

Lugar para debatir ideas, facer propostas e falar do funcionamento de Fillos de Galicia.
cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

¿Que te ha aportado Fillos?

Mensagempor cachafeiro » terça, 14 abr 2009, 18:31

Ola, XA SON SOCIA DE FILLOS!!!!

O meu nome é Alexandra( grazas a Ana) e despues de estar un ano en fillos, xa son socia.
Se teño que expresar o que é Fillos para min, estaría para escribir un libro, así que tratarei de resumilo o mais que poida.
Entrei a esta Comunidade co fin de atopar á familia que o meu pai deixou en Galicia, unha débeda pendente na miña vida.
Pero en Fillos atopei "unha familia", con todo o que iso implica, acordos e desacordos, malos entendidos, alegrías, historias en comun, recordos e, por sobre todo, con quen compartir este inmenso amor que teño pola miña terra nai.
Atopei o espazo onde compartir a historia da miña familia, os costumes dun pobo, que a pesar de non coñecer persoalmente, de non ser parida alí, recoñézoo no corazón, en cada pinga de sangue que corre no meu corpo, sangue galega.
Doulle as grazas a todos os que me escoitaron nas tristezas e nas alegrias, nos versos e coplas, nos enojos e nas gratificaciones.
Pido desculpas se ofendín a alguén nas miñas desbordes ou nas malas interpretacións, pero nunca fué coa intención de magoar ou ofender.
Grazas Manuel por haberme aberto as portas.


Alexandra Cachafeiro Camiña
Filla de Cerdedo e Campo Lameiro
Última edição por cachafeiro em sábado, 08 nov 2014, 21:20, editado 1 vez no total.

Avatar do Utilizador
coordfillos
Mensagens: 115
Registado: terça, 24 mar 2009, 17:12

¿Que te ha aportado Fillos?

Mensagempor coordfillos » quarta, 15 abr 2009, 15:40

As portas sempre están abertas, Alexandra, para todo o que veña cun sentimento como o teu, e con gañas de axudar a mantelo nos demais! Benvida á Asociación e grazas por dares este paso!


Voltar para “A nosa Comunidade Virtual”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante