Precisamos voluntarios para traballar na nosa oficina en Bar

Cómo podes axudarnos a construir a nosa Comunidade Virtual.
Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

Precisamos voluntarios para traballar na nosa oficina en Bar

Mensagempor casdeiro » segunda, 07 fev 2005, 12:05

Ola, quería deixar aquí unha solicitude para todos os que poidades estar interesados en colaborar no traballo de facer Fillos de Galicia.

Ademais da colaboración virtual, que podedes facer enviando o voso ofrecemento desde a páxina de voluntarios do noso web (e que si, sabemos que temos aínda pendente de organizar ben), e dado que agora temos a oficina funcionando case a pleno rendemento, con 2 ordenadores, quería enviar un chamamento especial para as persoas que puideran estar interesadas en vir a ela algunhas horas á semana para axudarnos a sacar adiante moito do traballo que temos acumulado.

Non fai falla saber moito de ordenadores. Ademais sempre contaredes coa presenza miña ou de Luis Fernando para vos asistir nas dúbidas que teñades.

O tipo de traballo sería por exemplo introducir contidos nos diversos webs, traballar na promoción de Fillos pola Rede, axudar nos envíos de regalos, etc.

Así que se algún de vós ten tempo e lle apetece, que nos envíe [url=mailto:xestor@fillos.org?subject=colaborar na oficina de barakaldo t=_self]unha mensaxe[/url] e veriamos de nos organizar e qué tipo de traballo vos apetece máis facer en Fillo. ¡Sería moi importante contar cunhas mans extra no noso traballo cotián!

Grazas por adiantado aos que vos ofrezades e unha aperta!

< Manuel Casal Lodeiro "Casdeiro" >
Xestor da Comunidade Virtual
F I L L O S D E G A L I C I A
~~~~~ http://www.fillos.org ~~~~~~~
Última edição por casdeiro em sábado, 08 nov 2014, 20:43, editado 1 vez no total.

Avatar do Utilizador
xestor
Mensagens: 1337
Registado: terça, 04 jan 2005, 19:34

Precisamos voluntarios para traballar na nosa oficina en Bar

Mensagempor xestor » sexta, 02 set 2005, 08:40

Seguimos a necesitar quen nos axude aquí na oficina de Fillos en Barakaldo. Sería principalmente traballo co ordenador, introducindo e clasificando información e contidos para o portal. Se algún membro que resida por aquí cerca se anima que se poña en contacto comigo para vermos cómo artellar un sistema de traballo, horarios, tipo de traballo que lle apetece facer, etc.

Grazas :-)
Última edição por xestor em sábado, 08 nov 2014, 20:43, editado 1 vez no total.

Avatar do Utilizador
xestor
Mensagens: 1337
Registado: terça, 04 jan 2005, 19:34

Precisamos voluntarios para traballar na nosa oficina en Bar

Mensagempor xestor » terça, 28 fev 2006, 19:07

Seguemos a precisar, de forma cada vez máis urxente :( , a algún voluntario ou voluntaria que poida vir algunhas horiñas á semana á nosa oficina en Barakaldo, para botar unha man en diversas labores de xestión e contidos do portal.

Así que eu insisto... non sabedes o moito que me axudaría ter alguén aquí para delegar nel pequenos e diversos traballos.

Prometo que será divertido e que aprenderá moito.

E que estará rodeado/a de kilos e kilos de cultura galega!!!! :P
Última edição por xestor em sábado, 08 nov 2014, 20:43, editado 1 vez no total.

Avatar do Utilizador
xestor
Mensagens: 1337
Registado: terça, 04 jan 2005, 19:34

Precisamos voluntarios para traballar na nosa oficina en Bar

Mensagempor xestor » terça, 28 fev 2006, 19:12

Esquecín dicir que o traballo voluntario in situ na nosa oficina desenrolaríase en horario de tarde, pero se algunha persoa quere vir pola mañá podemos falalo.
Última edição por xestor em sábado, 08 nov 2014, 20:43, editado 1 vez no total.

Avatar do Utilizador
xestor
Mensagens: 1337
Registado: terça, 04 jan 2005, 19:34

Precisamos voluntarios para traballar na nosa oficina en Bar

Mensagempor xestor » sexta, 21 dez 2007, 20:22

O labor técnico xa non no facemos desde Barakaldo, así que os voluntarios agora pódense ofrecer para unha futura oficina que esperamos abrir proximamente en Santiago de Compostela. Atentos a vindeiras informacións ao respecto! ;-)


Voltar para “Colaboración con Fillos de Galicia”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 3 visitantes