Atopounos (sobre pronomes)

Cuestións sobre o idioma dos nosos pais (significado de palabras, normativización, reintegracionismo, etc.).
xana
Mensagens: 129
Registado: domingo, 22 mai 2005, 23:04

Atopounos (sobre pronomes)

Mensagempor xana » sábado, 11 jun 2005, 12:33

Unha das cousas que me custa do galego é o tema dos pronomes. O outro día estiven pensando niso, e pensei no verbo "atopounos": ¿significa "nos" e mais "los encontró"? ¿As dúas cousas?

E xa que estamos, engado outra dúbida: hai moito tempo lin nun libro: "todo o mundo o louvaba". ¿Por qué "o louvaba" e non "louvábao"?

Verdadeiramente, o galego non é tan doado como din...
Última edição por xana em sábado, 08 nov 2014, 20:43, editado 1 vez no total.

anamp
Mensagens: 141
Registado: segunda, 07 jun 2004, 23:00

Atopounos (sobre pronomes)

Mensagempor anamp » domingo, 12 jun 2005, 14:44

Ola, Xana!
"Atopounos" pode significar:
- "Los encontró" ou ben "Los ha encontrado" Neste caso o verbo atopar só leva un pronome, os (referido a eles), engadido ao final, e ao rematar o verbo en diptongo decrecente, engade un n entre o verbo e o pronome: atopou + os = atopounos.

- "nos encontró" o "nos ha encontrado". Neste caso, simplemente supón que se engade o pronome -nos ao verbo.

Dende logo, nunha as dúas cousas ao mesmo tempo, porque iso non ten sentido (ou atopounos a eles, ou a nós, pero non todo ao tempo)

O caso de Todo o mundo o louvaba débese a ese "todo", indefinido. Nalgúns casos, os indefinidos fan que o pronome vaia antes e non despois do verbo, pero non sempre. Non é doado, claro que non, saber de memoria en que casos cambia a coloación do pronome. Nós usamos a colocación por "oído", non seguindo as regras. Pero estas existen, e podes atopalas en calquera gramática galega.

Non desesperes, que estes temas que apuntas son "encaixe de Camariñas". Vese ás claras que te expresas correctisimamente en galego.

Ah! E xa que estás, anima ao teu mozo a que o empregue tamén, e sería un máis procurando que o galego continúe...
Unha aperta!
Ana
Última edição por anamp em sábado, 08 nov 2014, 20:43, editado 1 vez no total.

xana
Mensagens: 129
Registado: domingo, 22 mai 2005, 23:04

Atopounos (sobre pronomes)

Mensagempor xana » quarta, 15 jun 2005, 15:08

Moitas gracias por aclararme as dúbidas, Ana, e tamén polos ánimos.

Ah! E xa que estás, anima ao teu mozo a que o empregue tamén, e sería un máis procurando que o galego continúe... Xa o intentei varias veces, pero non é doado: non o fala porque non ten a necesidade, na Coruña o castelán emprégase en tódolos ámbitos, e se non é necesaria para comunicarse, ¿que outra razón hai para falar unha lingua? Pois motivos extralingüísticos, como o nacionalismo ou querer que a lingua non desapareza... E este é outro problema, porque para el o galego non é un elemento importante da súa cultura, do "sentirse galego". El considérase galego-galego, pero o tema lingüístico dalle igual (a min iso ao principio chocoume moitísimo, en Cataluña o nacionalismo e a lingua son inseparables). Ademáis, como a literatura galega tampouco lle gusta, pois non é fácil convencelo.

Por outra banda, eu tampouco son un exemplo a seguir: cando falamos (en castelán), fago os erros típicos de persoa bilingüe, de cando en vez digo palabras que non existen en castelán, frases sintácticamente "raras", teño un acento "especial", e claro, un dos argumentos do meu rapaz é: ¿para que vou falar galego? ¿Para falar dúas linguas e as dúas mal, coma ti? Despois diso quédome sen argumentos. Pero eu seguirei intentándoo, tranquilos. ;-)
Última edição por xana em sábado, 08 nov 2014, 20:43, editado 1 vez no total.

anamp
Mensagens: 141
Registado: segunda, 07 jun 2004, 23:00

Atopounos (sobre pronomes)

Mensagempor anamp » segunda, 20 jun 2005, 11:39

Ola, Xana!
Coma el pensa moita xente aquí, así que non é un caso raro... pero dille que, aínda que non o pense, el tamén fala "mal", coma el di, o castelán, ou é que non ten acento coruñés? Emprega correctamente os tempos compostos en castelán? Usa expresións coma "coger en el colo"? Os galegos e galegas que vivimos aquí temos tamén eses cruces, tampouco os que falamos galego habitualmente estamos libres de castelanismos. É algo normal, e non necesariamente malo, creo eu...
E dende logo, en Vigo, falar galego non se fai por necesidade senón por convencimento, porque incluso nos ambientes galego-falantes, non pasa nada se chega alguén falando exclusivamente castelán. Pero, se todos facemos así, xa ves, entón si que a lingua morrería de vez!
Apertas!
Ana


Voltar para “Lingua galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante