O futuro da lingua

Cuestións sobre o idioma dos nosos pais (significado de palabras, normativización, reintegracionismo, etc.).
iberiquinho
Mensagens: 8
Registado: segunda, 04 fev 2008, 20:05

O futuro da lingua

Mensagempor iberiquinho » sábado, 09 fev 2008, 17:52

A minha língua é o espanhol. A sua é o xalexoespañol. Obrigado.
Última edição por iberiquinho em sábado, 08 nov 2014, 20:42, editado 1 vez no total.

bershky
Mensagens: 465
Registado: quarta, 18 jan 2006, 10:39

O futuro da lingua

Mensagempor bershky » sábado, 09 fev 2008, 20:38

     





    
No leito dos nosos vales,
no cume dos nosos montes,
á beira dos nosos ríos,
nos nosos campos de frores,
óise unha música tenra,
cantiga de roisiñoles,
que enche de bágoas os ollos
i alcende no peito amores... ;
a música alegre da fala galega,
a fala máis linda que falan os homes.
Última edição por bershky em sábado, 08 nov 2014, 20:42, editado 1 vez no total.

iberiquinho
Mensagens: 8
Registado: segunda, 04 fev 2008, 20:05

O futuro da lingua

Mensagempor iberiquinho » sábado, 09 fev 2008, 20:40

Todas as falas são lindas.
Última edição por iberiquinho em sábado, 08 nov 2014, 20:42, editado 1 vez no total.

bershky
Mensagens: 465
Registado: quarta, 18 jan 2006, 10:39

O futuro da lingua

Mensagempor bershky » sábado, 09 fev 2008, 20:55

     







O galego é un suspiriño,
é a cousa máis meiga que hai!
é a linguaxe amorosiña
en que oín dicir: filliña!...
de labios da miña nai.
Última edição por bershky em sábado, 08 nov 2014, 20:42, editado 1 vez no total.

xorxelois
Mensagens: 40
Registado: domingo, 29 jun 2003, 23:00

O futuro da lingua

Mensagempor xorxelois » domingo, 10 fev 2008, 09:45

"O uso dunha lingua está condicionado só no 20% polas habilidades técnicas ou competencias lingüísticas e no 80% polas destrezas emocionais (motivacións)" (Fonte: http://facerfalar.wikispaces.com.)

Noutros termos: é unha cuestión de proximidade afectiva.

Bershky explicouno moi ben:

(...)
"é a linguaxe amorosiña
en que oín dicir: filliña!...
de labios da miña nai".

Unha aperta dende Bos Aires.
XL
Última edição por xorxelois em sábado, 08 nov 2014, 20:42, editado 1 vez no total.

yagui
Mensagens: 81
Registado: segunda, 13 set 2004, 23:00

O futuro da lingua

Mensagempor yagui » domingo, 10 fev 2008, 23:17

Moi boas! Antes que nada, dicirvos que é a primeira mensaxe que escribo eu no taboleiro. Lin por alí que alguén falaba da globalización respecto a este tema. Eu penso que é unha resposta simplista, e que, ben que ten algo de verdade, fainos pensar na irreversabilidade do asunto. Puxeches exemplos de sobra para decatar que é cousa dun sentimento de inferioridade dos galegos en xeral pola súa cultura, fai falta só mirar un anaco a TVG para notar como sempre as personaxes que falan con acento galego marcado, obviamente actores que imitanno, son ridiculizadas, mentres que cando vai algunha cantante con aires andaluces é todo respecto. E removermos un sentimento de inferioridade dun pobo non é nada sinxelo, creo que é iso fundamentalmente o que diferenza aos cataláns dos galegos. Eles aman Cataluña, e ben saben que o xeito de facelo é, primeiramente, non rirse das súas costumes - e a súa lingua co seu acento ocupa un lugar destacado dentro destas manifestacións culturais básicas de calquera pobo. Parabéns polo teu achado Xorxe Lois, moi boa información que debería facernos reflexionar. E respecto do galego ou galego-portugués eu diría que unha división non deixa contento a ninguén, pois creo que é ir en contra do galego (calquera deles). Nese sentido confío no proxecto galego-portugués, acho que ten boas intencións, intencións radicais, de cambio, pero penso que está aínda moi confuso. Eu vexo que a xente que o emprega mestura palabras normativas con reintegradas, e tampouco sei como levariase o reintegrado á rúa, é dicir, ao galego falado. Pola súa banda, o galego normativo está demasiado influenciado polo castelán penso eu, ao menos deberíanse permitir novas palabras ou grafías. Nada máis, un saúdo dende Bos Aires a todos vós, se estades nesta discusión é porque de verdade queredes ao noso país.

Recordade: un pobo que imita a outro, é un pobo morto
Última edição por yagui em sábado, 08 nov 2014, 20:42, editado 1 vez no total.

bershky
Mensagens: 465
Registado: quarta, 18 jan 2006, 10:39

O futuro da lingua

Mensagempor bershky » segunda, 11 fev 2008, 15:30

        
Ola, XL! Ola Yagui!.

É ben certo que ten que ver cós sentimentos, mais tamén moito coa fachenda.

Por exemplo:
─ Tódolos pais son bos, pero coma os meus non che hai ningún.
─ Tódolos fillos son fermosos, pero os meus, sonche os máis lindos de todos.
─ Tódolas linguas son bonitas, mais a miña éche a máis amorosiña e a máis bonitiña de todas.


Polo tanto, évos tamén unha cuestión de estarmos fachendosos do que temos e de protexermos con dignidade as nosas pertenzas.
Última edição por bershky em sábado, 08 nov 2014, 20:42, editado 1 vez no total.

yagui
Mensagens: 81
Registado: segunda, 13 set 2004, 23:00

O futuro da lingua

Mensagempor yagui » segunda, 11 fev 2008, 16:59

bershky Escribeu:
Ola, XL! Ola Yagui!.

É ben certo que ten que ver cós sentimentos, mais tamén moito coa fachenda.

Por exemplo:
─ Tódolos pais son bos, pero coma os meus non che hai ningún.
─ Tódolos fillos son fermosos, pero os meus, sonche os máis lindos de todos.
─ Tódolas linguas son bonitas, mais a miña éche a máis amorosiña e a máis bonitiña de todas.


Polo tanto, évos tamén unha cuestión de estarmos fachendosos do que temos e de protexermos con dignidade as nosas pertenzas.Por suposto Bershky, e así como dis ten que ser, pero é o que digo eu que lles falta aos galegos en xeral, isa fachenda deberiase notar en cousas máis concretas como a preservación da lingua propia.
Última edição por yagui em sábado, 08 nov 2014, 20:42, editado 1 vez no total.

bershky
Mensagens: 465
Registado: quarta, 18 jan 2006, 10:39

O futuro da lingua

Mensagempor bershky » terça, 12 fev 2008, 22:00

      





  
Ola,
Pode que leves unha tantiña de razón , Yagui.

Cóntoche, que nos pobos onde eu me criei, falábase e fálase galego con toda sinxeleza. Lembro que cando chegaba algún inmigrante de vacacións (do mesmo pobo), xactándose cun acento un pouco excéntrico, era a risa de todos. Quéroche dicir con isto, que por aló, a gás dalgún caso moi afastado, a raizame tiñámola ben asentada.

Nas escolas que frecuentei en Galiza, as clases impartíanse en castelán, mais nos recreos voltabamos o galego con toda naturalidade, a gás, de algún fillo de « señorito », que nós mirabamos, case como se fora un emigrante. Por outra banda, na miña época de estudianta, xermolaban grupiños da fachenda galeguista, con precisos desexos dunha .
De xeito que sempre estiven rodeada de enxebres galegos.


O caso éche que xa pasaron uns días desde que me dixeron que falaba "xalexoespañol" e aínda sigo abraida matinando na falta de respecto de certas persoas. Estoume referindo o doutor en letras : señor ou señora Iberiquihno. A fe, sinto vergoña allea!.

En fin... Só nos falta que digan que o noso Sant-Iaguiño e deles, e nolo leven pra Portugal. Adeus día da Patria Galega!


Até máis X-D
Última edição por bershky em sábado, 08 nov 2014, 20:42, editado 1 vez no total.

yagui
Mensagens: 81
Registado: segunda, 13 set 2004, 23:00

O futuro da lingua

Mensagempor yagui » quinta, 14 fev 2008, 02:27

Non sei de cal vila ou aldea es (segundo o que sei, pobo utilízase máis en xeral), e é certo que tamén segundo sei, o galego mantense nas aldeas...pero a situación das cidades é lamentablemente diferente..o do acento raro é o que ven da aldea (alguén xa puxo un exemplo dunha tenda). O certo é que se o galego segue a manterse só nas aldeas vai camiño á súa extinción por unha razón moi sinxela: a xente das aldeas non se mantén nas aldeas e migra prás cidades. Un dos puntos que tocaches paréceme esencial: o tema da educación.
Dende sempre ensinouse en castelán, e iso xenerou un "bilinguismo", mais non un bilinguismo amable, senon un no que unha das dúas linguas estaba máis cargada de "progreso" e "futuro" e outra de "atraso". Se queremos valora-la nosa lingua debemos comezar por ensinala. Polo último, home, ninguén vai levar ao apostolo pra ningures, pero hai que recoñecer que temos máis en común culturalmente cos portugueses que cos casteláns, e que a súa influencia no galego foi simplemente aciaga. Agora ben, con reproches entre nós non chegamos a ningures, máis ben ao fin da alternativa do galego como unha lingua organizada e "ensinabel".
Última edição por yagui em sábado, 08 nov 2014, 20:42, editado 1 vez no total.


Voltar para “Lingua galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 3 visitantes