O futuro da lingua

Cuestións sobre o idioma dos nosos pais (significado de palabras, normativización, reintegracionismo, etc.).
xosenri
Mensagens: 31
Registado: quinta, 24 jan 2008, 22:44

O futuro da lingua

Mensagempor xosenri » segunda, 12 mai 2008, 08:57

inverter v.t. 1. prop. e fig. Da-la volta a [unha cousa, orde, disposición, sentido, etc.]. Invertía as cartas para que non lles vise as marcas. Non invérta-lo sentido da miña resposta. // v.p. 2. Tornarse [unha cousa] o contrario do que era. Hai quen di que os valores sociais se están invertendo.
OBS. Part. reg. invertido, part. irreg. inverso investirv.t. 1. Empregar [o capital] en negocios para que aumente. Vai investir uns cantos millóns. ABS. Investir en bolsa. 2. Empregar [certo tempo, esforzo, etc.] en. ¿En que invíste-lo teu ocio? SIN. ocupar.
3. Conferir a [unha persoa] un cargo honorífico ou unha dignidade, poñela en posesión dun poder ou no exercicio de determinadas funcións. O vello profesor foi investido doutor honoris causa pola Universidade de Oxford. O presidente investiu algúns ministros de poderes extraordinarios.
OBS. v. irreg. Conxúgase coma advertir.
Última edição por xosenri em sábado, 08 nov 2014, 20:43, editado 1 vez no total.

flypp
Mensagens: 38
Registado: quinta, 04 out 2007, 12:02

O futuro da lingua

Mensagempor flypp » segunda, 12 mai 2008, 13:59

¡Ai!, xa tiña morriña de que me choveran paos por todas partes :D.

De todas formas, nunca pretendín dar a entender que eu falara ben o galego, creo que ademáis reseñei que o que aprendín foi fai 10 anos. A cousa é que levéi unha temporada traballando fora (cádiz, sevilla,...), en total 5 anos falando castelán a diario, agás nas vacacións. No meu entorno familiar fálase o dialecto galego da zona do barbanza (castelanismos, seseo, gheada e hipergalegismos).

Aínda así, tampouco cheguei a fala-lo galego normativo a un nivel exquisito.

De todas formas, ó volver á terra, tópome co panorama dos cambios na normativa (palabras como grazas, estudar, dición,... e a abolición de normas gramáticas estrictas (ou estritas, vaia cacofonía), como a dobre "c" e os tils diacríticos.

Son consciente de que a miña aportación á difusión do galego non alcance a cota precisa, pero fágoa coa intención de non perxudicalo; e con iso refírome a procurar inserta-los menos castelanismos (gracias pola indicación do "eres" Casdeiro, o "gracias" quédome con él, non me gusta o "grazas"), hipergaleguismos e arcaismos posibles. Pero no escrito co que metín baza, existe unha espantosa porcentaxe de lusismos e hipergaleguismos, e están empregados con coñecemento do que son, aínda que coa mellor intención, cousa que non dubido nin por un instante.

Ese "deixe" é o que persóas como D. Manuel Núñez Singala, na súa labor de normalización lingüística na Universidade de Santiago, así como na súa labor de escritor,... queren implantar na nosa comunidade (ou país, para evitar suspicacias). Pois ben, esa forma de falar hipertrofiada non é un reflecto do amplo espectro (espetro según as novas modificacións, ¿acaso non soa aberrante?) da sociedade habitualmente galego-falante. En contrapartida, parecen que son uns poucos os que están a decidir cómo ten que falar a totalidade.

Un saúdo.
Última edição por flypp em sábado, 08 nov 2014, 20:43, editado 1 vez no total.

Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

O futuro da lingua

Mensagempor casdeiro » terça, 13 mai 2008, 08:05

Flypp Escribeu:No meu entorno familiar fálase o dialecto galego da zona do barbanza (castelanismos, seseo, gheada e hipergalegismos).

Non xustifiques erros lingüísticos co de "na miña zona fálase así" ou que é un dialecto, por favor. Ningún lingüista aceptaría que os castelanismos ou hipergaleguismos fagan parte de ningunha das formas dialectais do noso idioma.

Simplemente pretendía amosar que non cando non coñecemos ben unha materia da que falamos perdemos parte do dereito a criticala.
Última edição por casdeiro em sábado, 08 nov 2014, 20:43, editado 1 vez no total.

flypp
Mensagens: 38
Registado: quinta, 04 out 2007, 12:02

O futuro da lingua

Mensagempor flypp » terça, 13 mai 2008, 13:47

casdeiro Escribeu:
Non xustifiques erros lingüísticos co de "na miña zona fálase así" ou que é un dialecto, por favor. Ningún lingüista aceptaría que os castelanismos ou hipergaleguismos fagan parte de ningunha das formas dialectais do noso idioma.

¿Ah non?, logo igual andan por ahí publicando gramáticas dialectais. E... "ningún lingüista"... ¿acaso este é un foro de lingüistas?, ¿son on único profano?

casdeiro Escribeu:
Simplemente pretendía amosar que non cando non coñecemos ben unha materia da que falamos perdemos parte do dereito a criticala.

Non sei que terá iso que ver co que eu expusen, pero SI podería ter algo que ver cun post que iniciara eu tempo atrás co título de "¿GRAZAS?". Daquela "alguén" contestárame non sei qué de que a miña opinión, como galego-falante, non valía nada porque eu non era filólogo (en fin, que a opinión que vale é a dos filólogos galego-portugueses) e que me iba polas polas e cousas así.

casdeiro Escribeu:
Que o xeito de escribir non te trabuque: aínda que o escribamos con kanjis xaponeses, o galego é galego.

Polo que parece, só uns poucos se poden permitir kanjis... o de sempre.
Última edição por flypp em sábado, 08 nov 2014, 20:43, editado 1 vez no total.

galiciaprasempre
Mensagens: 63
Registado: terça, 17 jun 2008, 21:35

O futuro da lingua

Mensagempor galiciaprasempre » quinta, 19 jun 2008, 00:58

Se che digo a verdade, eu creo que en menos de 200 anos a lingua galega desaparecerá. Teño unha visión bastante pesimista, pero agora mesmo só hai menos de 100 mil nenos novos que falen galego, xente de entre 5-14 anos. Eu recibín insultos por falar galego na miña propia Patria galega, sempre de "españoliños" nados en Galicia...ríronse moitas veces de min por querer defender a miña língua, a miña cultura. A Coruña como ti ben dis, é a cidade máis castelanizada de Galicia pero non é que Ferrol, Lugo Ourense ou Santiago se queden atráis. A verdade é que estou moi preocupada con este tema. Mesmo quero denunciar aquí a actuación que están a alevar a cabo membros dunha organización chamada "Galicia Bilingue". Esta organización nada en Galicia, nun principio nasceu como unha organización en defensa da língua galega, pero agora mesmo stán defendendo a española dentro de Galicia...denuncian que nas escolas se estude galego...denuncian a "imposición" do ´galego aquí en Galicia (que sinceramente é o revés). En canto ás escolas, din que na maior parte das escolas es´túdianse tódalas materias en galego e só en castelán a de español ...o que non din é que isto sucede nos pobos onde a maioría da xente é galego-falante e polo tanto teñen que recibir a educación en galego. Sinceramente a min esta organización dáme noxo, e cada vez que escoito falar dela, me ferve o sangue. Actualmente a situación do galego é a seguinte:

Nenos de 10-14 anos falan galego 50mil
Adolescentes de 15-19 anos, falan galego 69.760
Xoves de 20-24 anos, falan galego 95.008
Xoves de 25-29 anos, falan galego 96.059
Xoves de 30-34 anos, falan galego 94.785
Xoves de 35-40 anos, falan galego 96.992
Adultos de 40-44 anos falan galego 104.074
Adultos de 45-49 anos falan galego 100.166
Adultos de 50-54 anos falan galego 102.227
Adultos de 55-59 anos falan galego 106.103
Adultos de 60-64 anos faslan galego 94.459
Adultos de máis de 65 anos falan galego 421.983

O máis preocupante é que o uso do galego entre a xeración xove e máis nova descendeu drásticamente: dos nenos de 5-9 anos falan só galego 20mil nenos o cal é moi preeocupante. Eu creo que polo menos en 300 anos se as cousas non cambian o galego desaparecerá. A política linguistica que leva a cabo o goberno de Galicia é irrisoria e o prolema é que as familias, os pais non ensinan galego porque moitos pensan que o galego é unha lingua de paletos e pueblerinos...tal e como escoitei da boca de moitos pais e compañeiros. D etodas fromas niguen fai nada por nos, e o que máis gracia me fai é que ata o propio dicionario da RAE se ri de nós e a todo o mundo lle da igual. Eu, como sabedesm estou levando a cabo unha campaña xunto con outras persoas, pero ninguén nos fai caso, nin o goberno, concello e organizacións galeguistas, mesmo nonnos fai caso nin a propia Mesa pola Normalizacion Linguistica. Eu deixeivos onte aquí un enlace para que firmedes, pero tampouco xerou espectación.

Saúdos!
Última edição por galiciaprasempre em sábado, 08 nov 2014, 20:43, editado 1 vez no total.

galiciaprasempre
Mensagens: 63
Registado: terça, 17 jun 2008, 21:35

O futuro da lingua

Mensagempor galiciaprasempre » quinta, 19 jun 2008, 16:17

Admin Escribeu:Copio de CulturaGalega.org:

O galego só é o primeiro idioma do 20% do país

Segundo revelou a Mesa pola Normalización o pasado xoves, citando datos do Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega, só un 20% dos galegos teñen a nosa lingua como primeiro idioma. Estes datos, correspondentes a unha enquisa realizada en 2004, revelan que só un 10% da poboación urbana de entre 25 e 34 anos teñen o galego como primeira lingua exclusiva. Ante estes datos, a Mesa alertou que a nosa lingua está ?na peor situación da súa historia?.

http://www.amesanl.org/noticias/noticia ... TICIA=1032

Que podemos facer nós desde a diáspora? Tedes algunha idea? Coido que non podemos ficar de brazos cruzados mentres morre a nosa principal sinal de identidade como pobo. :x


O que podedes facer vós na diáspora é ensinarlle os vosos fillos o galego que sabedes, inda que sexa pouco e transmitirlle toda a cultua galega e facer que eles se sinta galegos como vós. Eu teño claro que inda que fun castelán-falante ata hai cinco anos que comecei a falr galego, teño clarísimo que ó meu fillo voulle ensinar galego como primeira língu e voulle aprender todalas palabras galegas sen castelanismos, as palabras tradicionais etc. Iso é o que podedes facer vos dende onde vivides. Con respecto ó que alguén dixo por aqui de que xa non se empregan palabras como mol, cadeira, meseira, touliña etc..eu sempre as empreguei dende que comecei falar o galego, evito castelanismos sempre que poido e lexo moitos libros en galego, tanto para coñecer o vocabulario propio de Galicia (Castelao, Otero Pedrayo, Rosalía) como o novo imprantado pola Academia e a Xunta. Tamn creo que deberiamos presionar mais ó goberno galego (que e super-centralista con respecto a España) e á Academia Galega, e á Xunta, que ten moita da culpa de que o galego vaia moi mal hoxe en día. Eu chorei moitas vegadas pola situación que estamos a vivir os galgos-falantes. Ninguén da poboación "galega" (os que falan castelán) se implica. Eu como falante galega que son na actualidade cando entro nos bares, tendas etc onde falan castelán, se se dirixen a min en castelán, non é a primeira vegada que lle digo á dependenta/e que me responda en galego porque esa lingua se est´´a a perder. Sei que non é unha solución adicuada. O que me fai gracia é que a poboaciónd e Galicia castelán falante di que "hay imposición del gallego y eso no se puede permitir") e iso é mentira, non hai ningunha imposiciín do galego, ó contrario. Eu estou farta do que vivín en tan só cinco anos que levo falando a língua galega. Os meus pais non me ensinaron a falar galego porque ó meu pai insultábanno por empregar esa língua. Eu aprendín o galego na escola e a partires dos contactos que tiña con xente galego-falante que fun coñecendo ó longo da miña vida. Non sei que poido facer eu aquí en Gaicia, ás veces, sinto que me gustaria berrarlles a todo o mundo: eiii!!! O galego estáse a perder!!! É que non vos dades de conta? Pensades pechar ollos perante ista situación? Pensades que o galego é a língua dos paletos?? Sinto diciros que en realidade a única língua de paletos que hai en Galicia é o ESPAÑOL. O pobo nunca foi paleto, nin chulo, sempre estivo preocupado de lvar os cartos á casa para dar de comer á familia...iso é ser de paletos???

Saúdos a todos!! Aiii, comezo a chorar!!
Última edição por galiciaprasempre em sábado, 08 nov 2014, 20:43, editado 1 vez no total.

flypp
Mensagens: 38
Registado: quinta, 04 out 2007, 12:02

O futuro da lingua

Mensagempor flypp » segunda, 23 jun 2008, 19:04

Pois eu teño moita ilusión e confianza no futuro do galego. O que quizáis me incomoda un pouco son as derradeiras modificacións que se van engadindo tomadas tanto do portugués coma do galego-portugués (unha lingua foránea e outra morta), pero tampouco é o tema.
Por suposto que detecto unha alarmante porcentaxe de castelán-falantes pola rúa, pero é moi reconfortante ir a calquera cafetería e escoitar con placer como o 50% dos que están contertuliando fanno en galego.
Outro cantar é, por exemplo, o curso que estou a facer, onde (quitando o profesor) son ó único que fala en galego, pero é curioso ver como tras estar falando co outro interlocutor uns 5 minutos, ¡comeza a falar galego!.
Non sei se está documentado ese comportamento nunha sociedade bilingüe coma a nosa, pero si recordo cando era máis novo que adoitaba ser ó revés (eu mesmo pequei desa falla de vontade). Non sei se a vós vos ten pasado, pero cando nunha conversación a outra persoa fala en castelán (supoñamos que nós estámolo a facer en galego) créase unha especie de "incomodidade" que adoita derivar en que un dos dous "claudique".
Perdoade por enredarme tanto, finalizo reafirmándome en que lle vexo un bo futuro por diante. Quedan cousas por facer, proxectos grandes como "meterlle man" os medios de comunicación masivos (tv e radio), e outros pequenos que están nas nosas mans de non "claudicar" ante un castelán-falante (a menos que non entenda realmente o galego, que sería desconsiderado pola nosa parte).
Última edição por flypp em sábado, 08 nov 2014, 20:43, editado 1 vez no total.

Avatar do Utilizador
xestor
Mensagens: 1337
Registado: terça, 04 jan 2005, 19:34

O futuro da lingua

Mensagempor xestor » sexta, 27 jun 2008, 22:31

En Vieiros vin un artigo de Carlos Callón que fala da situación da lingua e que penso será do interese dos que vos preocupades con razón polo futuro do galego: http://www.vieiros.com/opinions/opinion ... ntal-rdquo
Última edição por xestor em sábado, 08 nov 2014, 20:43, editado 1 vez no total.

bershky
Mensagens: 465
Registado: quarta, 18 jan 2006, 10:39

O futuro da lingua

Mensagempor bershky » terça, 29 jul 2008, 20:16

Deitado frente ao mar...


Lingoa proletaria do meu pobo

eu faloa porque sí, porque me gosta,

porque me peta equero e dame a gaña

porque me sai de dentro, alá do fondo

de unha tristura aceda que me abrangue

ao ver tantos patufos desleigados,

pequenos mequetrefes sin raíces

que ao pór a garabata xa non saben

afirmarse no amor dos devanceiros,

falar a fala nai,

a fala dos abós que temos mortos,

a ser, co rostro erguido,

mariñeiros, labregos do lingoaxe

remo i arado, proa e rella sempre.

Eu fáloa porque sí, porque me gosta

e quero estar cos meus, coa xente miña,

perto dos homes bós que sofren longo

unha historia contada en outra lingoa.

Non falo pra os soberbios,

non falo pra os ruíns e poderosos,

non falo pra os finchados,

non falo pra os estúpidos,

non falo pra os valeiros,

que falo para os que agoantan rexamente

mentiras e inxustizas de cotío;

pra os que súan e choran

un pranto cotidián de volvoretas,

de lume e vento sobre os ollos núos.

Eu non podo arredar as miñas verbas

de tódolos que sofren neste mundo.

E ti vives no mundo, terra miña,

berce da miña estirpe.

Galicia, doce mágoa das Españas,

deitada frente ao mar, ise camiño...


Celso Emilio Ferreiro
Última edição por bershky em sábado, 08 nov 2014, 20:43, editado 1 vez no total.

lopez
Ex-membro
Mensagens: 478
Registado: sábado, 19 out 2002, 23:00

O futuro da lingua

Mensagempor lopez » quarta, 06 ago 2008, 16:40

De: Rui Galiza

Apaga Tele5

A canle de televisión Telecinco
adheriuse ao 'Manifesto pola lingua común', que o pasado 23 de Xuño
presentou un grupo de intelectuais en Madrid.

A canle comparte as exixencias deste grupo de
intelectuais, entre os que se encontran Mario Vargas Llosa, Fernando Savater ou
Álvaro Pombo, que piden ao parlamento español que elabore unha normativa para
fixar que o castelán sexa a lingua oficial de todo o territorio e a única 'que
poida ser utilizada polos seus cidadáns'.

Telecinco é a primeira
televisión que se adheriu a este manifesto. Ademais, Telecinco dixo no
informativo do mediodía, que pon a disposición do colectivo que leva esta
iniciativa, a súa canle de televisión para dar apoio a este proxecto.

Se
eles se adhiren ao manifesto, nós desconectamos Telecinco.
Xuntos
podemos!
ESTO LO RECIBI DE RUI GALIZA, ATRAVÉS DE UNA OTRA PÁGINA. ÉS VERDAD?
Última edição por lopez em sábado, 08 nov 2014, 20:43, editado 1 vez no total.


Voltar para “Lingua galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 3 visitantes