O futuro da lingua

Cuestións sobre o idioma dos nosos pais (significado de palabras, normativización, reintegracionismo, etc.).
xana
Mensagens: 129
Registado: domingo, 22 mai 2005, 23:04

O futuro da lingua

Mensagempor xana » domingo, 05 jun 2005, 22:25

¿Pensades có galego está "en forma" ou polo contrario, que se as cousas non cambian, podería chegar a desaparecer nun futuro remoto?

O meu coñecemento directo de Galicia é moi superficial, só estiven doce días na Coruña, pero o que vin sorprendeume moito (son catalá, e a situación da lingua aquí é un pouco diferente, se cadra). Xa me dixeran que A Coruña é a cidade máis "castelanizada" de Galicia, pero non imaxinara que tanto: nas dúas semanas que estiven por alí o único galego que escoitei foi o da TVG. O meu rapaz, que vive nesta cidade dende que naceu, non fala en galego nin coa familia, nin cos amigos, nin sequera na universidade cos profesores (e a súa nai é de Mondoñedo, non é que sexan estranxeiros). E, por último, un amigo meu falou en galego coa dependenta do corte inglés da Coruña e ela, pensando que non a escoitaba, murmurou: "¡mira, uno que viene del pueblo!" A verdade é que este comentario indignoume moitísimo, pero reflicte moi ben a mentalidade dalgunhas persoas (esperemos que poucas).

¿Cal é a vosa experiencia? ¿Pensades que os falantes de galego están a ser cada vez menos, máis espallados e en ámbitos rurais ou, polo contrario, o galego está máis vivo que nunca, e aínda os rapaces novos e nas cidades fálase tanto coma o castelán?
Última edição por xana em sábado, 08 nov 2014, 20:42, editado 1 vez no total.

xana
Mensagens: 129
Registado: domingo, 22 mai 2005, 23:04

O futuro da lingua

Mensagempor xana » quinta, 09 jun 2005, 12:19

Só quería engadir un dato máis. Nun artigo do xornal Galicia Hoxe ( http://www.galicia-hoxe.com/index.php?o ... &Itemid=47
gracias por achega-lo link, Beltram), hai un comentario relacionado co tema que propuxen:

"Unha proxección matemática da Universidade de Santiago, que apareceu na prensa hai aproximadamente un mes, calculaba a desaparición do galego [no] 2100."
Última edição por xana em sábado, 08 nov 2014, 20:42, editado 1 vez no total.

esteirana
Mensagens: 238
Registado: quarta, 13 fev 2002, 00:00

O futuro da lingua

Mensagempor esteirana » quinta, 09 jun 2005, 14:23

Ola Xana,

Eu acabo de retornar dunhas mini-vacacións en Galicia e apenoume ver que ainda hai moita xente que ve o castelán coma unha lingua "superior" a galega. Unha anécdota... no hospital clínico en Santiago, as cartas coa cita en galego e co nome a onde tiñamos que dirixirnos en galego, os sinais ou indicacións colgadas nalgunha porta en castelán (e as recepcionistas falando castelán tamén)... moitas persoas maiores vin eu "extraviadas" ese día...
Última edição por esteirana em sábado, 08 nov 2014, 20:42, editado 1 vez no total.

mdieguez
Mensagens: 91
Registado: quarta, 13 fev 2002, 00:00

O futuro da lingua

Mensagempor mdieguez » quinta, 09 jun 2005, 20:04

Cando estive en Santiago , escoitaba o galego tanto no residencial onde ficamos como nas ruas. Entre os que alí estavan para o IV Dia da Galicia Exterior , a lingua de comunicaçon era o galego , xa que eramos persoas do mundo todo.
Tivemos dos dias de folga e meu homen e eu fomos coñecer a Coruña. Alí entramos en unha lanchonete para tomar uns refrescos e meu marido ´perguntou a atendente se ela falava o galego . Ela olhounos e falou en castellano :- Poden falar que eu entendo.
Para provocar , meu marido contestou :- Se entendes tambén falas! e ela moito seca :- lo comprendo .
Última edição por mdieguez em sábado, 08 nov 2014, 20:42, editado 1 vez no total.

beltram
Mensagens: 58
Registado: domingo, 19 dez 2004, 00:00

O futuro da lingua

Mensagempor beltram » sexta, 10 jun 2005, 12:13

O que conta a Marcia é pra nossa desgraça muito mais habitual do que quereriamos(parabems pela resposta a esa ráncia). É um síntoma claro da enfermidade que ameaça con facer desaparecer a nossa cultura e o nosso idioma. Mais nom hai que perder a esperança, este fenómeno tense dado em moitos lugares e se hai vontade pódese revertir, iso sim, nom vai ser doado.
Última edição por beltram em sábado, 08 nov 2014, 20:42, editado 1 vez no total.

anamp
Mensagens: 141
Registado: segunda, 07 jun 2004, 23:00

O futuro da lingua

Mensagempor anamp » domingo, 12 jun 2005, 14:34

Pois efectivamente, Xana, xa teño lido informes que falan da desaparíción do galego, xa que a xente nova non o fala. Non che podo dicir se é A Coruña ou Vigo a cidade máis castelanizada. Eu vivo en Vigo, e atopar aquí alguén que fale galego, a non ser os estudantes da Universidade que veñen doutros sitios, é cousa rara.
No Corte Inglés, debe de ser que escollen o persoal en función da repulsión ao galego, aconteceu nunha ocasión que unha dependenta atendía en galego a un parella portugesa (a berros, por se ademais de portugueses eran xordos), e a continuación, a min, que lle falei en galego, antendeume en todo momento en castelán. Por suposto nas demais ocasións fun atendida sempre en castelán.
O galego en Vigo está amplamente desprezado. Non entendo como se pode consentir que un dependente non atenda ao cliente na lingua en que este se expresa; iso é o máis anti-empresa que hai, e aínda así faino todo o mundo, supoño que porque seguen a pensar que falar en galego é de paletos.
En cambio no autobús urbano, na praza, en certas empresas, nalgún que outro lugar, escoitas galego abondo, pero sempre en xente maior, nunca dos 30 para abaixo (ben, case nunca).
A situación, para min, é moi preocupante, e a administración debería tomar medidas, porque as que se levan tomado ata o de agora son máis contraproducentes que beneficiosas para o uso normalizado do galego.
Envexa me deu a min as veces que fun a Catalunya e escoitaba todo absolutamente todo en catalán (ata que se dirixían a min en castelán, mentira todo o que por aquí se di dos cataláns, que son uns maleducados, que só che falan catalán, entendas ou non... a miña experiencia é totalmente positiva nese sentido).
A miña conclusión: hai que botalos!!! tamén por isto.
Última edição por anamp em sábado, 08 nov 2014, 20:42, editado 1 vez no total.

xana
Mensagens: 129
Registado: domingo, 22 mai 2005, 23:04

O futuro da lingua

Mensagempor xana » quarta, 15 jun 2005, 15:41

Envexa me deu a min as veces que fun a Catalunya e escoitaba todo absolutamente todo en catalán (ata que se dirixían a min en castelán, mentira todo o que por aquí se di dos cataláns, que son uns maleducados, que só che falan catalán, entendas ou non... a miña experiencia é totalmente positiva nese sentido). Recoñezo que eu son pesimista por natureza, pero a situación de Catalunya tampouco é moito mellor. Non podo comparala coa galega, porque non coñezo con profundidade a vosa sociedade, pero o catalán tamén ten moitas posibilidades de desaparecer, máis ou menos polas mesmas razóns.

Lémbrome dunha carta dun lector que lin no xornal hai moito tempo: a carta dicía que coas linguas pasa o mesmo que cos animais, só sobreviven os máis "fortes" (entendendo por lingua forte a máis útil, a que che permite comunicarte co maior número de persoas posible). Cada ano morren moitas linguas, e é unha mágoa, pero ás veces penso que lle damos demasiada importancia ós idiomas, que só son un instrumento para a comunicación, non unha finalidade en sí mesma.

O que sí que me parece moi triste é que linguas como o catalán e o galego sobrevivisen aos largos séculos escuros, e que nuns poucos anos da sociedade actual desaparezan. Que destrocemos en tan pouco tempo unha herdanza de tantos séculos. Quizáis é o que nos merecemos, se vivimos nunha sociedade materialista na que o que importa é que as cousas teñan algunha utilidade, é normal que o que non a ten desapareza.

Non sei, paréceme unha cuestión moi complexa, e non son capaz de pensar nunha solución.
Última edição por xana em sábado, 08 nov 2014, 20:42, editado 1 vez no total.

chono2008
Mensagens: 25
Registado: sábado, 16 jun 2007, 10:04

O futuro da lingua

Mensagempor chono2008 » sábado, 16 jun 2007, 11:08

Ola Xana , a sitacion do galego e preocupante, pero aculpa tena a Xunta , que fixo unha separacion da lingua comun que e o galego-portugues, castelanizan as vervas ,xa naide di berce (cuna) ,xa naide di mol sinon brando ,xa naide di ouca (alga), xa nide di escada(escaleira) , maseira (mesa), cadeira(catedra,silla),cadris(riñon),touliña(dofiño,delfin) e asi centos de vervas , agora dan clases de galego mestres que soio falaban castelan , e dinme amin coma se fala en galego reunificado eu que aprendin castelan na escola e miña avoa non sabia falar castelan.
O galego salvase no medio rural todos sabemos que A Coruña non e Galicia nunca foi. SALUDOS.
Última edição por chono2008 em sábado, 08 nov 2014, 20:42, editado 1 vez no total.

bershky
Mensagens: 465
Registado: quarta, 18 jan 2006, 10:39

O futuro da lingua

Mensagempor bershky » quinta, 19 jul 2007, 08:16

        




     
Chono2008
...O galego salvase no medio rural todos sabemos que A Coruña non e Galicia nunca foi. SALUDOS

Dicir que A Coruña nunca foi Galicia, non pode soar máis pésimo. É aldraxala memoria de Castelao e de Rosalía de Castro.

O que pasa...que pola Coruña, aínda quedan algúns FF ( Frikis-Franco ), que andan un tantiño descolocados e nin eles se decatan. Eu aposto ben alto, que tódolos galegos nos sentimos moi pero moi fachendosos de selo.
Última edição por bershky em sábado, 08 nov 2014, 20:42, editado 1 vez no total.

Avatar do Utilizador
xestor
Mensagens: 1337
Registado: terça, 04 jan 2005, 19:34

O futuro da lingua

Mensagempor xestor » terça, 16 out 2007, 10:54

Copio de CulturaGalega.org:

O galego só é o primeiro idioma do 20% do país

Segundo revelou a Mesa pola Normalización o pasado xoves, citando datos do Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega, só un 20% dos galegos teñen a nosa lingua como primeiro idioma. Estes datos, correspondentes a unha enquisa realizada en 2004, revelan que só un 10% da poboación urbana de entre 25 e 34 anos teñen o galego como primeira lingua exclusiva. Ante estes datos, a Mesa alertou que a nosa lingua está ?na peor situación da súa historia?.

http://www.amesanl.org/noticias/noticia ... TICIA=1032

Que podemos facer nós desde a diáspora? Tedes algunha idea? Coido que non podemos ficar de brazos cruzados mentres morre a nosa principal sinal de identidade como pobo. :x
Última edição por xestor em sábado, 08 nov 2014, 20:42, editado 1 vez no total.


Voltar para “Lingua galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 2 visitantes