Creatividade en movemento a prol do galego

Cuestións sobre o idioma dos nosos pais (significado de palabras, normativización, reintegracionismo, etc.).
Avatar do Utilizador
rubi
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: terça, 01 abr 2008, 22:58
Contacto:

Creatividade en movemento a prol do galego

Mensagempor rubi » segunda, 07 jun 2010, 14:28

Alumnos e profesores do Instituto Pedras Rubias elaboran unha innovadora montaxe audiovisual subliñando a importancia de manter e falar a nosa lingua.
Palabras como filloas, xesta, orballo, axóuxere... ensaríllanse e cobran movemento nunha peza audiovisual creada por profesores e alumnos do Instituto Pedras Rubias de Salceda de Caselas. Empregando o stop-motion como técnica e tirando da animación das fotografías arman un vídeo no que propoñen unha reflexión sobre o galego e sobre o seu uso entre a mocidade.
A idea partiu do profesorado, segundo nos explica Flori Veloso, unha das mestras do centro: partiu daquel vídeo que presentara a Coordinadora de Equipos de Normalización Orgullosos do noso, orgullosos do galego. Entón, un grupo de profesores, comandado por Adrián Barreiro, púxose en marcha para idear este outro vídeo, que fose creativo e innovador e que, á vez, se puidese converter nunha ferramenta didáctica para as aulas.
Coa axuda dos alumnos de 4ª da ESO (que puxeron as voces) e de 1º da ESO (que cos seus dedos pintaron o lema final do vídeo), seleccionaron unha serie de obxectos estáticos para seren movidos a través dunha serie de imaxes sucesivas. Alimentos, elementos do vestir, xogos, libros, instrumentos musicais... ordenáronse obedecendo a unha estrutura lóxica, sempre na procura dunha liña argumental divertida e que chegase aos rapaces. Finalmente, procedeuse á gravacións dos sons, á edición e á montaxe que deu como resultado o creativo vídeo final.
O obxectivo, explícanos Veloso, foi o de dignificar e resaltar o galego como lingua propia, sen deixar de valorar outras linguas, e actuar en contra dos prexuízos contra a nosa lingua. Xa como ferramenta didáctica, a montaxe foi proxectada ante os alumnos dos diferentes cursos, para xerar un debate e unha reflexión sobre o tema: funciona moi ben, explícanos, os pequenos están moi abertos ás novas tecnoloxías e permitiunos falar do galego, da nosa cultura, das nosas tradicións e da lingua dun xeito máis interactivo e novidoso.
Fuente: www.vieiros.com
Rubí
Buenos Aires-Argentina

Voltar para “Lingua galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante