Vin no foro que alguén usou a palabra "fin" en femenino, "a fin de semana", e busquei no diccionario:
"FIN s. 1. Momento no que non continúa máis, deixa de facerse ou de ter lugar algo. Este traballo está chegando á súa fin. SIN. conclusión.A fin de semana, a fin de mes. A fin do imperio. A fin do mundo. ANT. nacemento, orixe.O fin da película. SIN. final, remate, termo.ANT. comezo, empezo1, inicio, principio.CF. finalización."
Segundo o artigo, cómpre dicir "A fin de semana/mes", pero "O fin da película", en ambos casos co significado de "final, remate". ¿Cal é a diferencia entre O fin e A fin neste sentido? ¿Algunha idea? Porque para min significan o mesmo...
Fin
Fin
Moitas gracias aos dous por contestarme.
Mill, aínda que só era unha idea, era a idea correcta
Preguntei á miña titora do curso de é-galego (para máis información, podedes ve-la mensaxe que puxen sobre o curso de galego on-line de balde) e respondeume isto:
"Con respecto á súa pregunta sobre a diferenza entre a fin e o fin, infórmoa de que no caso que vostede cita, co significado de "final, remate, conclusión", a palabra fin é feminina: a fin do mundo, a fin da película, a fin do imperio, a fin de semana...
Pola contra, cando esta palabra ten o significado de "obxectivo, finalidade, propósito" é masculina: lograr o fin que se pretende por calquera medio, o fin perseguido polos alumnos é aprobar en xuño... "
Unha dúbida menos, ¡gracias a todos!

Quem está ligado:
Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 2 visitantes