¿Ceibe ou ceive?

Cuestións sobre o idioma dos nosos pais (significado de palabras, normativización, reintegracionismo, etc.).
xana
Mensagens: 129
Registado: domingo, 22 mai 2005, 23:04

¿Ceibe ou ceive?

Mensagempor xana » segunda, 23 mai 2005, 22:44

Pois teño moitas dúbidas de lingua, pero esta é unha das máis importantes: o diccionario da real academia da lingua galega dá como correcta só "ceibe", pero teño visto moitas veces "ceive" con uve.

Ademáis, se busco no google, este atopa 8.310 páxinas para a forma normativa, e 268.000 para a forma con uve. ¿Cómo pode ser que sexa máis usada a forma non normativa? Entendo que todos somos humanos e un erro podemos facelo todos, pero cando a xente prefire o que non é normativo, por algo será, ¿non?

¿Quizáis "ceive" é a forma tradicional? ¿É a opción reintegracionista? ¿Parécese ao portugués?

¿Algunha idea?
Última edição por xana em sábado, 08 nov 2014, 20:42, editado 1 vez no total.

antoniorey
Mensagens: 287
Registado: terça, 19 fev 2002, 00:00

¿Ceibe ou ceive?

Mensagempor antoniorey » terça, 24 mai 2005, 01:47

Ola Xana:

No Diccionario Xerais Castelán Galego de Usos Frases e Sinónimos podes atopar CEIBE (non ceive).

Saúdos dende Bos Aires.

Galicia vive en nós.

Antonio José Francisco Rey.
Fillo de Galicia en Bos Aires.
Socio N° 5 da nosa Asociación Cultural
Última edição por antoniorey em sábado, 08 nov 2014, 20:42, editado 1 vez no total.

xana
Mensagens: 129
Registado: domingo, 22 mai 2005, 23:04

¿Ceibe ou ceive?

Mensagempor xana » quarta, 25 mai 2005, 22:22

¡Paréceme que xa teño a solución!

Efectivamente, como dis, tanto o Xerais como o diccionario da Real Academia rexistran "ceibe" con be, pero coa ortografía reintegracionista, escríbese con uve. Estiven buscando no diccionario de e-Estraviz (na web do AGAL, a Associaçom Galega da Língua), e di:

"Ceive s. m. Acto de ceivar, ou abrir as águas. adj. (1) Solto. (2) Livre. (3) Aberto, sem valado, sem peche algum: uma leira ceiva; um valado ceive [lat. caelibe]."

http://www.agal-gz.org/estraviz/modules ... =pesquisar

Gracias pola túa axuda, Antonio


Voltar para “Lingua galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 2 visitantes