Página 1 de 1

Tesouro lingüístico dos nosos pais e avós (1): arramallar

Enviado: sábado, 08 jan 2005, 04:25
por esteirana
Velaquí outra palabra que lle oín a miña tía que é do concello de Riveira (A Coruña).

arramallarse

O significado é asustarse.

Procurei esta palabra no diccionario galego e non aparece ¿Alguén máis usa este verbo?

Inés

Tesouro lingüístico dos nosos pais e avós (1): arramallar

Enviado: sábado, 08 jan 2005, 16:13
por benxamin
Arramado. Que ten ataques pasaxeiros de loucura... ¿Terá algo que ver?

Tesouro lingüístico dos nosos pais e avós (1): arramallar

Enviado: segunda, 10 jan 2005, 11:56
por casdeiro
¿Pode ter algo que ver con ramallo? Podería significar agacharse detrás dun ramallo polo medo ;-D

De todos xeitos teñen un bo diccionario agora no portal da AGAL... igual alí atopamos algo...

< Manuel Casal Lodeiro "Casdeiro" >
Xestor da Comunidade Virtual
F I L L O S D E G A L I C I A
~~~~~ http://www.fillos.org ~~~~~~~

Tesouro lingüístico dos nosos pais e avós (1): arramallar

Enviado: segunda, 10 jan 2005, 16:21
por esteirana
Procurando neste diccionario atopei:

Arramalhar v. tr. (1) Fazer ruído as ramas das árvores ao mover-se polo vento. (2) Juntar um ramalho com pólas pequenas. v. r. (1) Cobrir-se de ramalhos. (2) Agitar-se fazendo esforços por fugir.

Pode o significado que lle dan veña de aí, de cobrirse con ramallos por medo, o que ven sendo asustarse. E facer esforzo para fuxir non é outra que estar asustado.

Inés