A Mesa convoca varias concentracións mañá

Cuestións sobre o idioma dos nosos pais (significado de palabras, normativización, reintegracionismo, etc.).
cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

A Mesa convoca varias concentracións mañá

Mensagempor cachafeiro » domingo, 14 mar 2010, 23:29

En ‘rexeitamento’ ao decreto
A Mesa convoca varias concentracións mañá
Redacción . A Mesa pola Normalización Lingüística convoca mañá luns, 15 de marzo, concentracións en trece localidades galegas ‘en rexeitamento’ ao anteproxecto do decreto do plurilingüismo no ensino presentado pola Xunta onte.
“Con este decreto seremos a única comunidade autónoma do Estado con lingua propia diferente do castelán na que se poñan topes para a presenza deste idioma, se impida a súa presenza en determinadas materias e se posibilite que haxa nenos e nenas que non o escoiten na escola ata cumprlir os seis anos”, laiouse o presidente da Mesa, Carlos Callón, tras coñecer o contido do anteproxecto do novo decreto que regula o uso do galego no sistema educativo.
Por esta razón A Mesa, como entidade que forma parte da plataforma Queremos Galego, celebrará mañá luns 15 de marzo concentracións en trece localidades do país. Serán todas ás 20h00 en Santiago de Compostela, Vigo, A Coruña, Lugo, Pontevedra, Ferrol, Vilagarcía de Arousa, Noia, Foz, Carballo e A Estrada.
A concentración de A Pobra do Caramiñal será ás 20h30.
http://www.anosaterra.org/nova/42978/a- ... -mana.html

Voltar para “Lingua galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante