Que significa bolfoiro?

Cuestións sobre o idioma dos nosos pais (significado de palabras, normativización, reintegracionismo, etc.).
anavilat
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 441
Registado: quarta, 17 mai 2006, 14:29

Que significa bolfoiro?

Mensagempor anavilat » sábado, 27 fev 2010, 17:24

O outro día lembrei unha palabra que miña avóa decía acotío para referirse os rapaces.
Preguntandolle a miña nai que tal se portaban a miña sobriña e máis o meu fillo dixome;
O teu fillo e máis o bolfoiro pequeno encheronse de comer filloas e brincar...
Algún de vós sabe o verdadeiro significado de bolfoiro?
Oistesllo algunha vez a alguén?
Miña nai di que se dicía para referinse a algo pequeno...
Busqueino no Estraviz e no Diccionario Galego e non topo nada.
Que me contades.
Mil bicos e como di un amigo, apertas de buxo.

cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

Que significa bolfoiro?

Mensagempor cachafeiro » terça, 02 mar 2010, 16:45

Querida prima, non hai forma que a miña nai acórdese desa palabra, tamén recorrín á Camiña maior (se me escoita mátame) e nada.
Ningunha delas escoitou antes esa expresión, pero din que moitas veces inventábanse palabras sobre todo se se referian a nenos pequenos, como a miña avoa que lles dicía:
\"mira que se che caes por encima dá \"caedura\", vouche dar unha malladura\"
(eu se quen é o teu amigo que che saúda dese xeito, jajaja)
Saúde, memoria e liberdade!!!!
Alexandra Cachafeiro Camiña


Voltar para “Lingua galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante