Página 3 de 3

Galiza ou Galicia?

Enviado: quinta, 31 dez 2009, 21:09
por cachafeiro
\"A diferenza de tí, que a aprendiches nun intituto, eu a \"mamé\" nas entrañas da miña nai.
Perdoa se che ofendín, xamais estivo nos meus plans facelo, todo o contrario, só quería que entendeses iso que me puxeches de \\\"possibilidade que che oferecerom e conheciches\\\".
No de mamar estaba entendido que era para min a \\\"lingua nai\\\".
Queixume se dí por entendido que o aprendiches nun instituto, pero pola túa idade e por ser galego reintegrado, pareceume o máis lóxico, volvo pedirche desculpas.
Nin dubides que falas mellor galego que eu, porque só teño á miña nai e a miña tia para practicalo, a gramática aprendina aos tumbos, traducindo cancións cun dicionario e como empezara a lelo de nena non me era dificil corrixir os erros e non penses que aínda non os cometo, teño 47 anos( case 48) e sigo aprendendo todos os dias.
Xamais che podería ofender por dicirche neto de galegos, pois teño unha filla de 20 anos que é neta de galegos por parte de nai e de bolivianos polo pai, así que se de algo carezo é de prexuízos.
E sigo mantendo o que dixen ao final, e dígoo desde o corazón, oxalá houbese mais netos, como ti ou como a miña filla, que defendan dese xeito a herdanza xenética que levan no sangue.
Alexandra Cachafeiro Camiña

Galiza ou Galicia?

Enviado: quinta, 07 jan 2010, 18:27
por josrodrguezfontelo
Xa estou eiqui de novo, despois destas pequenas vacacións. Vexo que non nos pomos de acordo, nin se trata diso, pero tampouco enfadarse,simplemente comentamos o tema.
Non cabe duvida que o teu, Yagui, tem moito mérito, o mesmo co de todos os galegos que non viven en Galicia. Para min e mui facíl, eu saio a rua falo en galego, entendeme todo dios, unhos contestanme en galego outros en castelan, e non pasa nada, que e do que se trata, que vivan as duas linguas sen problemas.
Para os que viven fora o tema e moi diferente, por iso sigo que ten moito merito, e admírovos.
Saudos

Galiza ou Galicia?

Enviado: sábado, 20 fev 2010, 17:08
por yagui