A Axencia Europea para as Linguas Minorizadas censura a política lingüística da

Cuestións sobre o idioma dos nosos pais (significado de palabras, normativización, reintegracionismo, etc.).
pilarmabel
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: quarta, 03 ago 2005, 15:44

A Axencia Europea para as Linguas Minorizadas censura a política lingüística da

Mensagempor pilarmabel » sábado, 28 nov 2009, 00:37

Pide ao Goberno que poña fin ás iniciativas que tomou nos últimos meses en contra do idioma galego
\"As medidas adoptadas contra a lingua galega desde o pasado mes de abril supoñen unha vulneración de tratados internacionais sobre dereitos lingüísticos subscritos polo Estado Español\". Así o entende a Axencia Europea para as Linguas Minorizadas (EBLUL), quen instou á Xunta a que poña fin á súa \"política de desprotección dos dereitos da comunidade lingüística galega\".
O EBLUL, promovido polo Parlamento Europeo e que ten rango de entidade consultiva desta institución, do Consello de Europa e da ONU, alerta contra o \"incumprimento dos tratados itnernacionais sobre dereitos lingüísticos\" e asegura que, se o Goberno non rectifica, trasladarán a situación aos diferentes foros internacionais nos que se encontra presente.
Extracto do texto da Resolución do EBLUL:
1)Animamos o Goberno galego a que desenvolva unha política lingüística de promoción e extensión social da lingua propia de Galiza, pondo fin ás iniciativas que tomou nos últimos meses en contra do idioma galego nos diferentes ámbitos.
2)Informamos á Xunta de Galiza de que as medidas adoptadas contra a lingua galega desde o pasado mes de abril supoñen unha vulneración de tratados internacionais sobre dereitos lingüísticos subscritos polo Estado español, como o Pacto internacional de dereitos civís e políticos ou a Carta europea de linguas rexionais ou minoritarias.
Neste sentido, resulta de especial gravidade que o Goberno galego non tivese en conta o último informe que o Comité de Expertos do Consello de Europa emitiu hai apenas uns meses sobre a situación lingüística de Galiza. Non é só que non se puxese en marcha ningunha das medidas recomendadas para dar cumprimento á Carta europea, senón que se desmantelaron algúns dos proxectos máis aplaudidos polo Consello de Europa, como as Galescolas, que era a única rede de ensino infantil que contemplaba con normalidade o uso do galego en cancións e xogos.
3)Se a Xunta continuar coa súa política de desprotección dos dereitos da comunidade lingüística galega e de incumprimento dos tratados internacionais sobre dereitos lingüísticos, desde o Comité de Estado do EBLUL trasladaremos esta situación aos diferentes foros internacionais en que se encontra presente.
Fuente:http://www.vieiros.com
Un saludo
Pilar

pilarmabel
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: quarta, 03 ago 2005, 15:44

A Axencia Europea para as Linguas Minorizadas censura a política lingüística da

Mensagempor pilarmabel » sábado, 28 nov 2009, 16:17

\'Non vulneramos ningun tratado internacional\'
A Xunta non recoñece ningún informe europeo sobre a súa politica lingüística
Europa Press . A Xunta de Galicia aclarou que \'non recibiu ningunha resolución oficial\' por parte da Axencia Europea para as Linguas Minorizadas (Eblul, en inglés) e negou que a súa política lingüística \'vulnere os tratados internacionais sobre dereitos lingüísticos\', en resposta a un comunicado de devandita entidade que insta ao Executivo presidido por Alberto Núñez Feixóo a \'pór fin ás iniciativas que adoptou contra o galego\'.
A entidade, promovida polo Parlamento europeo e que ten rango de entidade consultiva desta institución, do Consello de Europa e da ONU, mantivo unha reunión onte en Barcelona, tras a que destacou a \"especial gravidade\" das medidas tomadas polo Executivo autonómico respecto ao idioma e lamentou, especialmente, que \"non teña en conta o último ditame do Comité de Expertos do Consello de Europa\", que alertaba da situación lingüística de Galicia en materia de normalización do galego.
Respecto diso, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria asegurou, nun comunicado, que o Goberno autonómico \"non tomou, na presente lexislatura, ningunha medida que supoña a desprotección da lingua galega\", senón que \"está impulsando unha política activa e transversal de promoción\" do idioma e \"de acordo co vixente marco legal de Galicia\".
Doutra banda, o departamento autonómico sinalou que a presidencia no Comité Estatal de devandita ONG que ten por obxectivo a promoción das linguas- \"osténtaa o actual responsable da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón\".
Fuente:http://anosaterra.org

pilarmabel
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: quarta, 03 ago 2005, 15:44

A Axencia Europea para as Linguas Minorizadas censura a política lingüística da

Mensagempor pilarmabel » segunda, 30 nov 2009, 10:32

Presidente da Mesa pola Normalización Lingüística
Carlos Callón: \'Se a Xunta non escoita será denunciada en foros internacionais\'
Europa Press . A Mesa pola Normalización Lingüística advírtelle á Xuntas que ‘se non escoita’ a resolución da Axencia Europea de Linguas Minorizadas e, en consecuencia, ‘cambia’ a súa política lingüística, ‘será denunciada’ en foros internacionais dos que este organismo é entidade consultiva, como o Parlamento europeo, o Consello de Europa e a Organización de Nacións Unidas (ONU).
\"É triste escoitar declaracións irresponsábeis e frívolas de altos cargos da Xunta, pero este proceso internacional non fixo máis que comezar e se levará adiante até as últimas consecuencias\", explica o presidente do colectivo, Carlos Callón, nunha nota de prensa en resposta ás declaracións feitas este sábado polo titular de Educación e Cultura.
En concreto, o responsábel autonómico en materia cultural, Roberto Varela, asegurou que o Goberno galego “vai seguir na mesma liña” como resposta ao informe, aínda que matizou que a intención do Executivo é \"priorizar e protexer\" a lingua galega.
No canto ao proceso de denuncia internacional, e tras recoñecer que será \"lento\", Callón amósase \"convencido\" de que terá \"resultados importantes\" ao longo desta lexislatura. \"Contar co apoio desta axencia europea supón un importante impulso para trasladar de forma directa a situación que padecemos\", recalca.
Ademais, explica que \"calquera cidadán\" pode consultar na páxina web do Consello de Europa o informe deste organismo \"prestixioso\", que sinala unha serie de recomendacións \"que a Xunta está desoíndo conscientemente\".
‘Galiñas azuis’
Entre outros aspectos, o texto \"eloxia\" o modelo educativo das galescolas -incide Callón-, aínda que insta aos poderes públicos a adoptar \"novas medidas\" de impulso á lingua propia.
Por contra, o presidente da Mesa critica que \"altos cargos da Xunta\" dixeran que \"non era certo que se desmantelara\" o devandito modelo educativo. \"Será que vemos galiñas azuis por algún tipo de distorsión cognitiva\", ironiza, en alusión ao novo nome que recibiron as escolas infantís en lugar do de galescolas.
Para rematar, o tamén representante galego na axencia, manifesta a súa \"satisfacción\" porque Galicia teña \"voz e voto\" de forma \"destacada\" no seo desta institución, da que detalla que \"é europea\" e ten \"delegacións nos diferentes Estados\". A súa presenza ten como finalidade \"defender\" a cultura da comunidade, conclúe
Fuente:http://anosaterra.org
Pilar

mariab
Mensagens: 41
Registado: quinta, 04 jan 2007, 10:49

A Axencia Europea para as Linguas Minorizadas censura a política lingüística da

Mensagempor mariab » segunda, 30 nov 2009, 19:42

De vergoña a manipulación informativa da Voz de Galicia co da \"ONG irlandesa\". Sempre van dous pasos máis alá do discurso de Feijoo.


Voltar para “Lingua galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante