Galego Patrimonio da Humanidade

Cuestións sobre o idioma dos nosos pais (significado de palabras, normativización, reintegracionismo, etc.).
Avatar do Utilizador
rubi
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: terça, 01 abr 2008, 22:58
Contacto:

Galego Patrimonio da Humanidade

Mensagempor rubi » quinta, 05 nov 2009, 14:53

O próximo sábado 14 de novembro
Galego Patrimonio da Humanidade convoca o acto Lingua de liberdade
A iniciativa cívica achega os detalles da convocatoria que unirá reflexión e música a prol da lingua como patrimonio común de todos os galegos.
Será con probabilidade o primeiro dunha serie de eventos a celebrar noutras cidades do país. Xa que logo, o punto de arranque, en Santiago de Compostela, no Teatro Principal, o sábado 14 de novembro desde as 12 horas. O acto vai ser conducido por Cándido Pazó, e contará coa participación entre outros do profesor Henrique Monteagudo, o catedrático Fermín Bouza, a escritora Marilar Aleixandre, a actriz Tamara Canosa. Intervirán tamén os secretarios xerais de UXT-Galicia, Xosé Antonio Gómez, e de CCOO-Galicia, Xosé Manuel Sánchez Aguión. Ademais, confirmaron a súa presencia persoeiros como Isaac Díaz Pardo, Camilo Nogueira, Xesús Alonso Monterio ou representantes da Real Academia Galega, do Consello da Cultura e do Instituto da Lingua Galega. Acudirán tamén os reitores das tres universidades e os alcaldes de Santiago, Ames, Brión e Teo. A xornada será pechada coa actuación musical de Roi Casal.
Durante a presentación da cita, Antón Baamonde, un dos voceiros da plataforma, explicou que a convocatoria trata de ser unha chamada máis á Xunta a que reflexione sobre as decisións en materia de política lingüística á vez que un chamamento á sociedade á mobilización contra a actual política de desprotección do galego. Baamonde censurou que o actual Goberno use o idioma de xeito irresponsábel e como mecanismo de confrontación. Outro dos promotores da plataforma, Henrique Monteagudo, recordou que o acto fora xa convocado antes da manifestación do pasado 18 de outubro, xornada aquela que, subliñou, foi demostración clara e de éxito de que a sociedade non está por desprotexer o galego e non apoia a regresión e o clima social de crispación. Por outro lado, Monteagudo insistiu na necesidade de que calquera medida que se tome no plano da lingua desde o Goberno debe ter amplo consenso, cando menos entre as tres principais forzas políticas e as organizacións sindicais.
Fonte: www.vieiros.com
Rubí
Buenos Aires-Argentina

Voltar para “Lingua galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 2 visitantes