Novos dicionarios

Cuestións sobre o idioma dos nosos pais (significado de palabras, normativización, reintegracionismo, etc.).
pilarmabel
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: quarta, 03 ago 2005, 15:44

Novos dicionarios

Mensagempor pilarmabel » segunda, 19 out 2009, 09:52

Manual para escribir un galego de moitos quilates
Varios dicionarios de dúbidas e ferramentas lingüísticas en liña fan máis doado usar o idioma con corrección
Non hai que ir moi lonxe. Ao escribir o titular desta información asaltáronme as dúbidas. Como se di: kilates ou quilates? Tras aplicarlle o corrector lingüístico e consultar dous dicionarios souben cal era a grafía correcta.
A disposición do usuario existen hoxe unha serie de ferramentas que fan moi doado escribir con corrección. As máis novidosas, as que forman parte de programas informáticas ou son accesíbeis na internet.
Dúas páxinas son obrigada visita. Por unha banda, o Seminario de Lingüística Informática, da Universidade de Vigo, ofrece moitos recursos útiles. Un corrector en liña, o Ortogal; un tradutor automático, o Opentrad, o servizo de toponimia galega (co nomenclátor completo de lugares e parroquias de Galiza) e múltiplas opcións de léxico, como o dicionario de dicionarios históricos que publicou o Instituto da Lingua, dicionarios de galego a outras linguas (francés, inglés) e vocabularios técnicos de diferentes ámbitos, como o científico ou o artístico.
O Ortogal e o Opentrad son ben sinxelos de utilizar. É só escribir o texto que queiramos corrixir ou traducir e inmediatamente o proceso se resolve. En ambos os casos, as ferramentas son moi útiles pero non perfectas. O corrector é, polo momento, só ortográfico, é dicir, non detecta que sentido ten a palabra, só se a súa grafía está admitida nalgún caso. Iso supón que determinadas palabras que si existen en galego pero que están incorrectamente utilizadas nunha frase concreta, pasen desapercibidas.
O tradutor adoece das eivas do automatismo pero axiliza moito o tránsito dunha lingua a outra. Ao seren software libre ambas as ferramentas, calquera pode adaptalas ou melloralas. Eis o caso de Óscar Hermida, alumno do Instituto Chan do Monte de Marín, que creou Traducíndote, ferramenta tamén en liña que permite traducir por enteiro documentos de texto, tanto de estándar aberto como documentos do Word (os famosos .doc) de Microsoft.
Imaxinando en galego.
A outra páxina de obrigada visita é a da empresa Imaxin Software. Adicada á consultoría informática e ao desenvolvemento de programas, esta compañía ten no seu catálogo os dous correctores dispoñíbeis para o uso directo en programas de procesamento de textos.
O máis veterano é o 2.Mil3. É un corrector integrado na suite Office de Microsoft e tenun funcionamento semellante ao do Ortogal, eivas incluídas.
E o máis moderno é o Golfiño. O primeiro corrector gramatical do galego funciona unicamente no Open Office (suite ofimática de software libre) e vén solucionar aqueles problemas que van máis alá da ortografía: concordancia de xénero e número, coherencia verbal, construción de perífrases. Este corrector é pioneiro no mundo (até agora só dispoñen dunha ferramenta semellante seis linguas no mundo) e forma parte dun ambicioso proxecto de software libre lingüístico brasileiro que podería supor toda unha revolución para a corrección “intelixente” de textos.
Ademais, existen versións dos programas Open Office e Neo Office co corrector integrado que se poden descargar de balde. Estas suites funcionan nos tres sistemas máis comúns nos nosos computadores: Windows, Mac OS X e Linux.
Aclarando dúbidas
O avance informático non significou o ocaso dos dicionarios de dúbidas. En galego hai un título específico, o Dicionario de usos e dificultades da lingua galega, dirixido por Benigno Fernández Salgado e editado por Galaxia. Esta obra permite consultar dunha maneira “enriquecida” non só vocablos correctos en galego senón outros incorrectos pero moi comúns na fala ou na escrita. O dicionario percorre a historia das palabras e o xeito no que entrou no galego.
Outras propostas que axudan a puír o galego son o Dicionario ortográfico da lingua galega (Xerais) e Ortografía e estilo da lingua galega (Do Cumio), ambos de Xosé Feixó Cid. Ademais dunha completa gramática, estes títulos indican as formas correctas dos xentilicios, os erros máis frecuentes ou unha lista de topónimos universais en galego.
Axudar os que escriben a diario é unha función que se coou nos dicionarios máis cotiáns. O Gran Dicionario Xerais da Lingua (de varios autores) inclúe moitas palabras indicadas como non recomendadas ou incorrectas no galego estándar. O Digalego de Ir Indo conta cun glosario de formas incorrectas.E tamén o dicionario dirixido polo profesor Alonso Estravís.
Fuente:http://www.anosaterra.org
Pilar

Voltar para “Lingua galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante