Manifestación do 18 de Outubro e iniciativas a prol da lingua

Cuestións sobre o idioma dos nosos pais (significado de palabras, normativización, reintegracionismo, etc.).
Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

Manifestación do 18 de Outubro e iniciativas a prol da lingua

Mensagempor casdeiro » quinta, 15 out 2009, 05:31

Quero lembrar a todos os compañeiros da comunidade virtual que este domingo 18, ás 12 h en Compostela hai unha grande manifestación comvocada a prol do noso idioma.
Quero acompañar esta nova dunha listaxe das iniciativas a prol do galego que foron nacendo nestes últimos tempos negros para a lingua:





A min persoalmente chámame a atención que a típica desunión ou espallamento das forzas que ten caracterizado historicamente aos galegos, se repita tamén nesta cuestión. Agardo que estas iniciativas se unan unha soa e poderosa, aínda que algunha delas semella ser especialmente sectaria, na miña opinión, e non creo que estea polo labor. Mágoa! :-(

Avatar do Utilizador
rubi
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: terça, 01 abr 2008, 22:58
Contacto:

Manifestación do 18 de Outubro e iniciativas a prol da lingua

Mensagempor rubi » quinta, 15 out 2009, 10:12

Un domingo para quererlle ao galego.
Xa falta menos para o domingo 18 de outubro. Para esa data está marcada unha masiva manifestación en favor da lingua convocada pola plataforma Queremos Galego. Ás 12 do mediodía partirá da Alameda de Compostela unha marcha que percorrerá as principais rúas da cidade e culminará na Praza da Quintana. Ao acto están convidadas todas as persoas que queiran amosar publicamente o seu apoio ao idioma e o seu rexeitamento á política lingüística da Xunta, independentemente da súa adscrición.
O voceiro de Queremos Galego, Fran Rei, fixo un repaso ao proceso constitutivo da plataforma, nada \"nun momento difícil e moi complicado para a lingua, unha situación de emerxencia nacional\", en que o Goberno está a lexislar \"contra a nosa lingua e cultura rompendo o modelo estatutario\", e a eliminar os \"avances que se produciron nos últimos anos de presenza pública do galego\".
A plataforma naceu do amplo movemento cidadán que se uniu arredor da Mesa pola Normalización Lingüística e encheu as rúas de Compostela o pasado 17 de maio, \"nunha manifestación histórica, como nunca se vira, e na que participou máis xente da que se puidera prever, de diferentes sensibilidades\". Como consecuencia, \"reflexionamos crear un movemento máis amplo, que acollese a cidadanía arredor do elo común do idioma\". O 14 de xullo, despois de reunións con máis de 50 entidades, saíu a proposta conxunta de crear unha plataforma cívica.
Un dos seus dous primeiros obxectivos é, precisamente, a manifestación do 18 de outubro, mentres que o outro é poñer en marcha unha iniciativa lexislativa popular para que se garantan os dereitos lingüísticos. \"A plataforma non ten data de caducidade\", explica Rei, \"mentres se manteña esta actitude próxima ao lingüicidio e non se recupere o consenso sobre o galego que se atinxiu nos anos de Goberno\". Queremos Galego cre que os cambios lexislativos que se queiran levar a cabo se fagan volvendo \"ao consenso e contando con todo o mundo\".
A manifestación do domingo 18 concíbese como un punto de encontro de todas as persoas que queiran defender a lingua. Segundo explicou Fran Rei, \"para nos é importantísimo e valiosísimo. Concedémoslle a cada apoio un enorme valor, que asumimos como un compromiso sincero na defensa do noso idioma. Cantas máis persoas e entidades se sumen mellor\". Así, avogou por que as diferentes \"plataformas e individuos se unan a esta manifestación, e aínda que non poidan sumarse como siglas á convocatoria, que chamen a sociedade a manifestarse\". \"Queremos Galego ten a vontade de colaborar e de ser punto de encontro total, e seguirá a facelo no futuro\", asegura Rei
Fuente: www.vieiros.com

pilarmabel
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: quarta, 03 ago 2005, 15:44

Manifestación do 18 de Outubro e iniciativas a prol da lingua

Mensagempor pilarmabel » sábado, 17 out 2009, 09:41

Queremos galego
Distintas voces para unha mesma lingua.
Persoas de diferentes profesións e ideas políticas co nexo común do galego amosan o seu apoio á manifestación do domingo
A intención de Queremos Galego é atraer toda a sociedade arredor da defensa da lingua. Así, entre as persoas que xa expresaron o seu apoio, de todos os sectores sociais, están os escritores Manuel Rivas e Yolanda Castaño, que non poderán estar na manifestación do domingo por problemas de axenda; Xurxo Souto, que interveu no acto de constitución; Susana Seivane, Celso Parada, Chano Rodríguez, Margarita Ledo, Teresa Moure, Kiko da Silva, Manuel Lourenzo, Pepe Carreiro, compoñentes de Quempallou, Fuxan os Ventos, Berrogüetto e Milladoiro... e unha longa lista de asinantes do manifesto.
Tamén asistirá xente de todas as sensibilidade políticas. O coordinador xeral do Partido Galeguista, Francisco López \"Chesqui\", constatou que \"evidentemente estamos vivindo un momento delicado na historia, atreveríame a dicir\", polo que é preciso \"a defensa da nosa lingua\". \"Dende o Partido Galeguista estamos sorprendidos porque pensamos que esta situación xa estaba superada. Levamos dende 1982 cos nosos órganos de goberno e teñen transcorrido xa anos dabondo\", explica López.
O debate sobre a lingua que se está a producir \"só nos primeiros anos do Goberno era entendíbel. Para nós é sorprendente. Parece que estamos camiñando para atrás, como os caranguexos. Por iso, como non ía estar o 18 o PG a prol da dignidade da lingua?\".
Para \"Chesqui\", \"a lingua é como unha nai. Para todo aquel que se sinta galego e teña o país como propio, a lingua é a transmisión oral no sentido máis fondo da patria\". Pensa que a defensa da lingua está \"por riba de calquera opción partidaria\".
A poeta María Lado tamén asinou o manifesto de Queremos Galego: \"Realmente levoume unirme ao manifesto porque quero que no meu país a miña lingua non se estea vilipendiando. Esa foi a razón para que me unise, e concordo co que nel se di\". Pero tamén lle dá importancia a estar presente na manifestación do domingo \"porque é unha maneira de non sentirnos abandonados, porque parece que todo se uniu contra o galego, e atoparte con outros centos de persoas que che dan a idea de da magnitude do movemento\".
Lado tamén ve importante a mobilización \"para que os gobernantes vexan que a xente está en contra do que están a facer\".
Nel Vidal, técnico de Normalización Lingüística do concello de Carballo, asegura que a manifestación é necesaria \"por un compromiso cívico co noso país\" e a situación de \"desprotección oficial da lingua por parte da Xunta\". Como mostra diso, citou a modificación da Lei de Función Pública, pola que \"xa non hai que demostrar o coñecemento da lingua do país\". Ao seu entender, estanse a tocar \"os alicerces do consenso ao que se chegou despois da ditadura, como o Estatuto ou a Lei de Normalización Lingüística, da que mesmo hai propostas de modificación\".
Vidal entende que a normalización lingüística \"é un proceso social e participativo que debe asumir a propia cidadanía. As administracións teñen a obriga de apoiar ese proceso, pero é a cidadanía a que o ten que exixir, facer que a súa voz se escoite na rúa\".
Con respecto á diversidade das persoas que participarán na manifestación do domingo, Nel Vidal considéraa \"tremendamente positiva\", pois \"a diversidade é que haxa múltiples ideoloxías representadas por unha mesma causa, o que non quere dicir que non participen ideoloxías e opcións políticas, cantas máis mellor\". A lingua é \"patrimonio do conxunto do pobo galego e está por riba de calquera ideoloxía\". Tamén sinalou que o domingo estarán en Compostela tamén organizacións que non se adheriron a Queremos Galego pero que asistirán para exixir a defensa da lingua.
O parlamentario socialista Guillermo Meijón lembrou o compromiso do PSdeG por pedir a participación na manifestación do domingo á cidadanía e \"tamén aos cargos e á militancia\". \"Estamos ante un Goberno que só concitou na sociedade galega e nas súas institucións, como o Consello da Cultura ou a RAG, unha percepción de que o PP de Feijoo está a utilizar a nosa lingua como arma, a provocar un conflito lingüístico e a practicar a política da agresión\", afirmou. Porque a nosa lingua \"é un patrimonio que lles afecta tanto aos galegofalantes como aos castelanfalantes\".
Para Meijón, o Goberno deu \"un salto cualitativo de primeira orde, porque até agora respectárase o acordo das diferentes forzas parlamentarias, coa Lei de Normalización Lingüística, co Estatuto e co Decreto do galego no ensino, aínda que o PP o negue agora\", e que amosou a súa vontade de \"non respectar este marco\". Os socialistas confían en que a convocatoria do domingo \"sexa un triunfo de Galiza, da lingua galega\", que apoiará coa presenza do seu secretario xeral, da executiva, de cargos institucionais, militantes e simpatizantes. \"Queremos que a sociedade faga do galego un instrumento vivo e non de confrontación\".
Fran Rei, voceiro de Queremos Galego, conta con que se batan todas as previsións de asistencia, como xa acontecera o 17 de maio, pero que, desta volta, \"aprenderemos dos erros que se produciron, e que todo o mundo poida asistir ao acto final\". Tamén garantirán a asistencia masiva a Compostela os autobuses que partirán de todos os recunchos de Galiza o domingo pola mañá. Os lugares de saída e os horarios están dispoñíbeis na web de Queremos Galego.
Fuente:http://www.vieiros.com
Pilar

pilarmabel
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: quarta, 03 ago 2005, 15:44

Manifestación do 18 de Outubro e iniciativas a prol da lingua

Mensagempor pilarmabel » segunda, 19 out 2009, 09:41

TODA A OPOSICIÓN ÚNESE CONTRA AS REFORMAS DO PP
Unha manifestación plural e histórica a prol do galego ateiga Santiago
Manuel Vilas . Ducias de miles de persoas (100.000 segundo a organización) ateigaron Compostela na protesta convocada pola plataforma Queremos Galego. Por vez primeira nesta lexislatura, toda a oposición marchou xunta contra o recorte da promoción do galego executada pola Xunta do PP.
Manifestación histórica en Santiago. A organización fala de 100.000 asistentes e a Policía Local, segundo Europa Press, de 50.000. En todo caso unha primeira impresión apunta a que se superou a protesta do Día das Letras. Daquela a Mesa pola Normalización falara de 50.000 asistentes.
“Ao Obradoiro!” ante a falta de espacio
Este domingo a Quintana encheuse por completo e moita xente non ficou fóra, polo que se escoitaron berros de “Ao Obradoiro! Ao Obradoiro!”. A organización presumiu de que aínda había xente na Alameda co acto xa iniciado na Quintana.
\"Somos galego e temos dereito\" e \"Na Galiza, en galego\" foron algúns dos berros máis populares. A manifestación descorreu sen incidentes polo centro e a zona vella de Santiago até a Praza da Quintana.
Primeiro ministro que participa nunha manifestación polo galego
Cifras á marxe, o que converte en histórico este 18 de outubro é a pluralidade da manifestación. Máis de 500 entidades e 3.000 persoas artellan o seu esforzo ao redor de Queremos Galego. O resultado é que por vez primeira PSOE, BNG, Esquerda Unida, Terra Galega e outras formacións marcharon da man contra os recortes á normalización do idioma executados pola Xunta do PP.
De feito, unha das fotos máis buscadas é a do ministro de Xustiza, Francisco Caamaño. O socialista é o primeiro ministro do Estado que participa nunha manifestación a prol do galego.
O BNG pide a Feixóo que volva ao consenso
A presencia e as declaracións de Caamaño reforzan a vinculación do PSOE coa loita polo idioma. O propio líder dos socialistas galegos, Manuel Vázquez, non dubidou en nomear a Feixóo hoxe como “inimigo número un do galego”.
Dende o BNG, Guillerme Vázquez reclamoulle ao presidente da Xunta que rectifique e “volva ao consenso”, en clara referencia ao anuncio do PP de derrogar o decreto do ensino do galego e as dúbidas sobre se respectarán o Plan de Normalización que aprobou Manuel Fraga.
Na lectura do manifesto, a actriz Patricia Vázquez tamén acusou á Xunta de violar, por vez primeira na democracia, a súa obriga estaturia de defender a lingua propia.
Antelo, Callón e Souto
Tamén falou o veterano galeguista Avelino Pousa Antelo, quen rematou a súa interlocución coa cita de Castelao “se aínda somos galegos é por gracia do noso idioma”. Seguiulle o presidente da Mesa, Carlos Callón, quen acusou a Feixóo de “racismo lingüístico” e dunha actitude “chulesca, arrogante e prepotente”.
Fechou o acto Xuxo Souto. O músico coruñés foi o máis aplaudido coas súas exhortacións a que os votantes do PP e a mocidade urbana súmense a defensa da lingua.
Iniciativa Lexislativa Popular
A plataforma \'Queremos Galego\' critica varias medidas dos conservadores na Xunta. Entre elas, a próxima derrogación do decreto 124/2007 do galego no ensino; a rede de Galescolas; a modificación da Lei de Función Pública para a eliminación dunha proba de galego nas oposicións; ou as axudas á tradución de libros en galego.
Ante estes “abusos”, Queremos Galego anunciou que recollerá sinaturas para presentar na Cámara unha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP).
Mentres, Feixóo, na súa visita de tres días a Londres, defendía a importancia dun ensino en tres idiomas e recoñecía a utilidade da lusofonía.
Persoeiros da cultura e mandatarios políticos
Do eido da Cultura participaron, entre outros, Avelino Pousa Antelo, Teresa Moure, Manuel Rivas; Bernardino Braña; Andrés Torres Queiruga; Susana Seivane e Manuel Lourenzo; o director de revísta Retranca, Kiko da Silva; Xurxo Souto; o promotor teatral Xesús Ron. No acto cantaron os cantautores Mini e Mero, membros de A Quenlla.
Por parte do PSOE participou o seu líder galego, Manuel Vázquez, o ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, e varios deputados como Beatriz Sestayo, Francisco Cerviño e Xaquín Fernández Leiceaga.
Do Bloque acudiu a practica totalidade da cúpula dirixente, encabezados por Guillerme Vázquez e Carlos Aymerich. Tamén houbo representación de TeGa, Esquerda Unida (a súa líder Iolanda Díez estivo na faixa de cabeza), o Partido Galeguista (PG) coa súa propia pancarta e outras forzas.
Na parte traseira da protesta marchou a Galego Sempre Máis e outros colectivos críticos coa labor da Mesa na Plataforma Queremos Galego, pero que comparte varias das reivindicacións da convocatoria de hoxe.
http://www.anosaterra.org/nova/35944/fo ... alego.html
http://www.anosaterra.org/nova/35948/fo ... tubro.html
http://www.anosaterra.org/nova/35949/fo ... tubro.html
http://www.anosaterra.org/nova/35950/fo ... tubro.html
http://www.anosaterra.org/nova/35951/fo ... tubro.html
http://www.anosaterra.org/nova/35952/fo ... tubro.html
http://www.anosaterra.org/nova/35953/fo ... tubro.html
http://www.anosaterra.org/nova/35954/fo ... tubro.html
http://www.anosaterra.org/nova/35955/fo ... tubro.html
http://www.anosaterra.org/nova/35956/fo ... tubro.html
Fuente:http://www.anosaterra.org/
Pilar

Avatar do Utilizador
rubi
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: terça, 01 abr 2008, 22:58
Contacto:

Manifestación do 18 de Outubro e iniciativas a prol da lingua

Mensagempor rubi » segunda, 19 out 2009, 15:45

SIGAN LOITANDO COMPAÑEIROS !!!
Há homens que lutam um dia, e são bons;
Há outros que lutam um ano, e são melhores;
Há aqueles que lutam muitos anos, e são muito bons;
Porém há os que lutam toda a vida
Estes são os imprescindíveis
Bertolt Brecht

Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

Manifestación do 18 de Outubro e iniciativas a prol da lingua

Mensagempor casdeiro » terça, 20 out 2009, 17:28

E logo por aí, nalgunha desas fotos non se verá a nosa bandeira da Nación Mundial Galega, ou?

Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

Manifestación do 18 de Outubro e iniciativas a prol da lingua

Mensagempor casdeiro » terça, 20 out 2009, 17:31

Ghei! Si que se ve nalgunha, aínda que pouco... no enxebre pau na que a levaba prendida: http://www.anosaterra.org/media.php?id_media=18198&.jpg

pilarmabel
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: quarta, 03 ago 2005, 15:44

Manifestación do 18 de Outubro e iniciativas a prol da lingua

Mensagempor pilarmabel » quarta, 21 out 2009, 11:46

Jajajajajaja la habia visto, sólo que esperaba que a lo mejor hubiera alguna otra foto que se viera mejor.


Voltar para “Lingua galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 2 visitantes