FALAR O GALEGO

Cuestións sobre o idioma dos nosos pais (significado de palabras, normativización, reintegracionismo, etc.).
gallaecia
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 28
Registado: segunda, 15 dez 2003, 00:00

FALAR O GALEGO

Mensagempor gallaecia » segunda, 05 out 2009, 09:48

Falar galego é máis que falar unha lingua. É a nosa lingua, repetida millóns de vagadas polos nosos devanceiros durante séculos e séculos. Cada vagada que falamos o galego repetimos un poema que está dentro do noso corazón. É o semente do noso pobo que latexe no máis profundo da nosa ánima. Quen fala galego non se volta máis galego, non; mais parecera que o noso universo entenderá así moito millor estas verbas e as nosas ideas.
Cando falamos galego énchese o noso peito co ar da nosa terra, non importan as distancias nin os tempos. Cando falamos galego sentimos que estamos alí, nas súas leiras, nas beiras dos nosos ríos, no azul, na nosa terra.
saudos,
Gallaecia

cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

FALAR O GALEGO

Mensagempor cachafeiro » segunda, 05 out 2009, 11:58

Que fermosas palabras e que clara definición!!!
Moitas grazas de parte dos que estando tan lonxe fisicamente da nosa patria nai, sentímonos tan cerca ao compartir unha fala que nos acariña o corazón e énchenos a alma de orgullo.
Unha grande aperta dende Arxentina!!
Alexandra Cachafeiro Camiña


Voltar para “Lingua galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 3 visitantes