Ás miñas autoridades académicas. Comentario de "acarond

Cuestións sobre o idioma dos nosos pais (significado de palabras, normativización, reintegracionismo, etc.).
anavilat
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 441
Registado: quarta, 17 mai 2006, 14:29

Ás miñas autoridades académicas. Comentario de "acarond

Mensagempor anavilat » quinta, 03 set 2009, 12:03

Comentario feito por "acarondosil" en varios artigos de Vieiros.com, un deses artigos era da Mesa.
Cantos profesores coma este farian falta neste noso País!!!!! ;-)

Política lingüística.- Vieiros. 02-09-2009. Redacción - 17:50 01/09/2009.

A Mesa anuncia un "outono quente" de mobilizacións a prol da lingua.
Carlos Callón, pediulle á cidadanía accións contra as medidas "reaccionarias" do Goberno, ás que lles agoirou o fracaso.
Tags: A Mesa lingua manifestacións.- Comentarios ao artigo. acarondosil


Ás miñas autoridades académicas. ( Por: ?acarondosil?)

Como son un profesor responsable:

-Poñerei todo o cariño e interese en explicarlles e comentarlles aos meus alumnos e alumnas a parte do currículo relativa á sociolingüística.

-Direilles, para que lles quede claro, cal é a lingua que din as leis que é propia de Galicia. E, de paso, faremos un pouco de historia para ver cal é a que realmente foi imposta.

-Falaremos, porque é o meu deber, dos conceptos de bilingüismo e diglosia. Aludiremos a ese autoodio que tanto mal nos leva causado e nos causa.

-Deberemos tocar na clase, así o manda o currículo, todos eses prexuízos lingüísticos que temos os galegos e galegas á hora de falar e actuar sobre a nosa lingua: o de pensar que non val para nada, de que é unha lingua de pobres e paletos, que non é apropiada para a xente nova...

-Cando falemos dos prexuízos, teremos que recordar que a nosa lingua tamén nos vale para manter relacións internacionais. Temos os millóns e millóns de falantes da lusofonía cos que nos podemos entender na nosa lingua. É dicir, si que é útil.

- Falaremos da convivencia entre dúas linguas nun mesmo territorio: da existencia de linguas dominantes e linguas minorizadas. Do difícil que é manter esa convivencia sen que a lingua minorizada resulte desprotexida e atacada.

- Falaremos desas dúas únicas saídas posibles ante o conflito lingüístico: ou a substitución da lingua minorizada pola dominante ou a fidelidade á lingua minorizada ou propia.

- Falaremos, en fin, do amor e fidelidade a unha lingua que herdamos e que debemos conservar e transmitir.

E como os meus alumnos e alumnas son moi listos, seguro que xa están de volta de todas estas reflexións que faremos na clase de lingua galega neste próximo curso 2009/10, para dar o currículo da nosa materia, porque eu quero ser un profesor responsable.

Voltar para “Lingua galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 5 visitantes