Tesouro lingüístico dos nosos pais e avós: mistraqueiro

Cuestións sobre o idioma dos nosos pais (significado de palabras, normativización, reintegracionismo, etc.).
Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

Tesouro lingüístico dos nosos pais e avós: mistraqueiro

Mensagempor casdeiro » segunda, 10 ago 2009, 07:32

Recuperando o fío daquelas , gustaríame reactivar esta función arriquecedora do patrimonio inmaterial e pedagóxica que .

Onte escoiteille a unha das miñas tías (oriunda de Andabao en Boimorto) a palabra mistraqueira (coido que a percibín ben) referida a unha rapaza que era moi maníatica á hora de comer. Pero non a atopei nos dicionarios. Algún de vós a ten escoitado?

cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

Tesouro lingüístico dos nosos pais e avós: mistraqueiro

Mensagempor cachafeiro » terça, 11 ago 2009, 16:57

Ola Manuel:

Consultando na miña casa os libros que teño de historia da lingua galega (a miña nai e a miña tia) nunca escoitaron a palabra que dis.
Pero elas usan outra, "mixiriqueira", para cando alguén é de mal comer.
Isto era en Cerdedo, Pontevedra, pero elas dinme que ese tipo de palabras variaban segun o lugar.
Unha grande aperta.


Alexandra Cachafeiro Camiña

Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

Tesouro lingüístico dos nosos pais e avós: mistraqueiro

Mensagempor casdeiro » terça, 11 ago 2009, 19:16

Non ten que ver a palabra, Alexandra. Mexeriqueiro significa algo como lloricas en castelán, e refírese a unha persoa que sempre está choromicando (sollozando), aínda que iso máis ben sería choromiqueiro. Tamén pode ter sentido de mimoso o cariñoso (que dá ou pide cariño).

Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

Tesouro lingüístico dos nosos pais e avós: mistraqueiro

Mensagempor casdeiro » terça, 11 ago 2009, 19:19

Podes ver o (por certo que tamén dá conta da variante de raíz mixiric- en http://estraviz.org/mexericas ).

cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

Tesouro lingüístico dos nosos pais e avós: mistraqueiro

Mensagempor cachafeiro » terça, 11 ago 2009, 19:49

Leandro Carré Alvarellos (1979): Diccionario galego-castelán e Vocabulario castelán -galego, A Coruña, Moret

Mixiricas adj. Quisquilloso en la comida.

MIXIRICAS adj. y s. Dícese de la persona MIXIRIQUEIRA

http://sli.uvigo.es/ddd/ddd_pescuda.php ... busca=lema

que a cabeza dura non me gañas!! ;-)

xa se que ti querias saber se alguén escoitase a palabra mistraqueira, pero como explicaches o que significaba, só queria achegar como lle decian na miña casa.

Apertas!!!!!

Alexandra

Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

Tesouro lingüístico dos nosos pais e avós: mistraqueiro

Mensagempor casdeiro » quarta, 12 ago 2009, 07:46

Pois non coñecía ese web, Alexandra. Grazas polo dato, dá gusto aprender cousas entre todos. Comprería poñelo na sección . Estas cousas hai que pasarllas á responsable de Lingua e Cultura para que se encargue de que sexan engadidas ao portal. Non podemos quedar con eses tesouros para nós sós! ;-)

(A mágoa é que ningún dos dicionarios nos poña a etimoloxía.)

yagui
Mensagens: 81
Registado: segunda, 13 set 2004, 23:00

Tesouro lingüístico dos nosos pais e avós: mistraqueiro

Mensagempor yagui » sexta, 28 ago 2009, 21:54

Eu nunca a escoitara (hai milleiros destas palabras "locais") peró quizáis ten algo que ver co queiro, que é o nome dun dente

Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

Tesouro lingüístico dos nosos pais e avós: mistraqueiro

Mensagempor casdeiro » sábado, 29 ago 2009, 11:26

Interesante hipótese, Yagui. Podería ser... dente... comida... fai sentido. Pero entón ¿que é o que significaría mistra* ou mistrar*? Busqueino no Estraviz e non aparece nada parecido, nin tampouco por bistra*... Se cadra habería que dividir a palabra en mis-tra(s)-queiro para averiguar a súa etimoloxía? Tentado estou de buscarlle a mis o sentido inglés como prefixo... xa que a miña tía pasou un tempo en Inglaterra ;-D Así nunha delirante explicación etimolóxica podería significar "o que pasa mal a comida por tras dos cairos" X-D


Voltar para “Lingua galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 3 visitantes