« ?ALEA IACTA EST? ?Non sexas cómplice? »

Cuestións sobre o idioma dos nosos pais (significado de palabras, normativización, reintegracionismo, etc.).
Avatar do Utilizador
rubi
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: terça, 01 abr 2008, 22:58
Contacto:

« ?ALEA IACTA EST? ?Non sexas cómplice? »

Mensagempor rubi » domingo, 02 ago 2009, 18:13

A Coordinadora de Equipos de Normalización critica a enquisa do galego

Comezan as reaccións á enquisa do galego. A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística pon en dúbida a fiabilidade dos resultados do cuestionario da Xunta sobre as linguas no ensino e tamén os sindicatos ?ilexítimos? e de ?fiabilidade pouco dubidosa? estes datos?
A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística asegura que o inquérito non reuniu as garantías científicas mínimas e non partiu da igualdade entre ambos idiomas: galego e castelán.

Engade que só serve para demostrar a perda de galegofalantes, sobre todo entre os máis novos, o que xustificaría un reforzo do idioma galego no ensino se Galicia non quere perder o bilingüismo que a caracteriza segundo a Consellería

Dende a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL), formada por equipos dos centros públicos e privados de toda Galicia, reiteramos a primeira análise que fixera ante esta consulta ás familias cando foi presentada publicamente. Como vimos dicindo, ningunha fase desta consulta, desde a súa presentación, pasando pola distribución, ata o sistema de reconto, reuniu as garantías científicas mínimas que require un inquérito deste tipo.

1. non partiu dunha situación de igualdade entre ambos idiomas, galego e castelán, do que o goberno da Xunta denomina bilingüismo. As preguntas realizáronse partindo dunha situación de debilidade social do galego, fan só referencia ás materias troncais (tal e como establece o actual decreto) e non á totalidade das que se imparten e dificilmente poden proporcionar unha información precisa sobre as preferencias das nais e dos pais. Ademais, non se baseou nunha mostra realmente representativa, tanto polo alto grao de abstención, como pola selección dos enquisados ou por non considerar aspectos básicos de calquera análise deste tipo como o contexto sociolingüístico do alumnado.

2. non reuniu as condicións técnicas de fiabilidade esixibles no proceso de distribución, recolla e análise dos resultados. Isto agudizou a imaxe de improvisación e escurantismo que acompañou todo o proceso creando maior confusión na opinión pública.

Así mesmo, hai que engadir que a consulta se realizou nun momento de grande polémica e moita desinformación entre unha sociedade na que predominan os prexuízos cara á lingua galega. Todo isto agrávase cando se anuncia que estes resultados serán o punto de partida do proceso de derrogación do Decreto 124/2007 e da elaboración da nova lexislación.

Con todo, as respostas si que amosan unha clara tendencia: a perda importante de galegofalantes, sobre todo entre a xente máis nova. Se a Xunta de Galicia quere que Galicia siga sendo bilingüe como ata agora (tal e como afirman) debe, partindo do actual decreto que contempla un 50% de materias en galego, incrementar esta porcentaxe reforzando a aprendizaxe do galego para frear esta tendencia actual.

Fuente: www.galiciaconfidencial.com


Rubí
Buenos Aires-Argentina

Avatar do Utilizador
rubi
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: terça, 01 abr 2008, 22:58
Contacto:

« ?ALEA IACTA EST? ?Non sexas cómplice? »

Mensagempor rubi » terça, 11 ago 2009, 12:40

O 70% das familias de Vigo, molestas coa enquisa

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos (FOANPAS) denuncia as medidas desgaleguizadoras da Consellaría de Educación do PP cunha enquisa interna que representa máis de 9.000 familias de Vigo e a comarca. Un 71 por cento dos pais e nais declaran o seu 'malestar' por mor da consulta da Xunta sobre a lingua. Ademais, consideran que se multiplicou a sensación de conflito lingüístico logo das eleccións.

Os pais e nais de FOANPAS ?federación que representa un total de 65 centros de ensino público da zona de Vigo e unhas 9.000 familias de alumnos matriculados en centros de infantil, primaria e secundaria? subliñan o seu ?desencantamento coas medidas que até o de agora? está a tomar a Consellaría de Educación.

FOANPAS critica ademais que a Xunta tomase decisións de gran calado ?fóra do tempo de conexión coas familias ?principais afectados por todas as normas aprobadas?. Ante a situación, a federación realizou a súa propia enquisa nos últimos días do curso para valorar o estado real e a afectación das normas estabelecidas a consellaría que dirixe Xesús Vázquez.

?Ofrecemos a opinión válida e contrastada, de primeira man, das persoas de maior implicación no ámbito dos centros, como son as ANPAS?, apuntan. ?Quixemos saber se en algún caso todas as novas sobre as supostas imposicións ou negacións de dereitos os nenos e nenas, realmente existían nos centros, se apareceron unha vez mediatizado o asunto ou unha vez pasadas as eleccións co anuncio da enquisa sobre a lingua?, explica a directiva da federación.

A favor da defensa do galego

Segundo a federación, as perto de 9.000 familias representadas por FOANPAS decláranse ?manifestamente a favor? do apoio do galego no eido educativo e amosan as súas dúbidas sobre a necesidade do debate ao redor da lingua no ensino. Así, critican o posicionamento do PP acerca do ?suposto malestar lingüístico nos centros educativos?. As ANPAS tamén critican determinadas ?asociacións sociais que nada teñen que ver coa educación? e que ?non defenden o bilingüismo, senón o monolingüismo ?español? á carta?.

Os pais e nais de 65 centros vigueses e da contorna critican a enquisa da Xunta sobre a lingua no ensino por ser elaborada ?sen os máis mínimos garantes de homologación de seguridade, democrática e científica?. As ANPAS censuran así a ?falla de valentía dunha Administración que preferiu enfrontar os pais?.

Fuente: www.anosaterra.org


Rubí
Buenos Aires-Argentina


Voltar para “Lingua galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante