'Celebrar a ignorancia'

Cuestións sobre o idioma dos nosos pais (significado de palabras, normativización, reintegracionismo, etc.).
Avatar do Utilizador
rubi
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: terça, 01 abr 2008, 22:58
Contacto:

'Celebrar a ignorancia'

Mensagempor rubi » sábado, 25 jul 2009, 17:03

DURA CRÍTICA Á POLÍTICA LINGüíSTICA
Os escritores acusan o PP de "celebrar a ignorancia"


Manifesto da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) respecto ao idioma.
La Asociación de Escritores de Lingua Galega lanzou esta tarde unha dura advertencia ao novo goberno da Xunta pola política de retroceso na promoción do idioma. Na véspera do Dia da Patria, a ALEG acousou a Nuñez Feijoó de liderar una política de reducción do galego até o anecdótico e de asumir unha OPTICA DE COLONIZADOS.

Homenaxe a Rosalía

Son palabras dun manifesto lido, entre outros, por Rosa Aneiros, Bieito Iglesias, Cesáreo Sánchez, Suso de Toro, Euloxio Ruibal, Teresa Moure, Helena Villar Janeiro, Antía Otero e Bernadiño Graña. Estes literatos e outras ducias de creadores ademais participaron nunha ofrenda floral á estatua de Rosalía de Castro na Alameda de Santiago.

?Que se pode agardar de aqueles que celebran a ignorancia?? pregúntase o texto, nunha alusión á prometida derrogación do Decreto que promove o galego no ensino. O manifesto tamén rexeita o argumento conservador de que o bipartito vulnerou a liberdade lingüística ao promocionar o idioma.

A falacia da imposición do idioma

?O galego non se impón, restitúese?, advirte o documento que denuncia ?un proceso histórico de dominación?.

A AELG mesmo acusa o novo Executivo de ?ameazar con derrubar o edificio que erguemos como pobo e como xente? pois ?as palabras fannos estar no mundo como o que somos, galegos e galegas?.

Fuente: www.anosaterra.org

Rubí
Buenos Aires-Argentina

yagui
Mensagens: 81
Registado: segunda, 13 set 2004, 23:00

'Celebrar a ignorancia'

Mensagempor yagui » sexta, 28 ago 2009, 21:58

É sabido que PP e idioma galego non se conxuga ben...

yagui
Mensagens: 81
Registado: segunda, 13 set 2004, 23:00

'Celebrar a ignorancia'

Mensagempor yagui » sexta, 28 ago 2009, 22:01

Corríxome: PP e idioma galego...dotado de prestixio e ao mesmo nivel que o castelán. Mentres que fique ahi cos vellos da aldea non hai problema ningún.


Voltar para “Lingua galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 4 visitantes