Galego, patrimonio da humanidade

Cuestións sobre o idioma dos nosos pais (significado de palabras, normativización, reintegracionismo, etc.).
anamp
Mensagens: 141
Registado: segunda, 07 jun 2004, 23:00

Galego, patrimonio da humanidade

Mensagempor anamp » sexta, 03 jul 2009, 08:33

Máis información en: http://galegopatrimoniodahumanidade.blogaliza.org/

GALEGO. PATRIMONIO DA HUMANIDADE

Ata hai pouco tempo era un valor compartido, que formaba parte dos
consensos básicos sobre os que se articulaba o autogoberno de Galicia, que o
idioma galego era merecente dunha especial protección por parte dos poderes
públicos. Ese valor partía da subordinación histórica dun idioma que foi
sempre o das maiorías populares pero que tamén estivo sempre discriminado ou
proscrito, salvo nos períodos en que Galicia e España gozaron da democracia.
A liberdade e o dereito ao uso do idioma propio foron historicamente da man.



A pretensión de facer crer nunha inexistente imposición lingüística disimula
o intento de liquidación do idioma galego e de supremacía do castelán. Os
que tal sosteñen queren evitar a presenza do galego nas súas vidas para
pecharse en ámbitos en que o castelán sexa o único idioma. Pero Galicia é
unha sociedade na que se falan dúas linguas que, non se pode negar, están en
situación de desigualdade, polo que o galego debe recibir unha especial
protección. Só así se poderá afirmar que se actúa en xustiza e na procura da
igualdade entre os dous idiomas.



Esa é a letra e o espírito da Constitución, do Estatuto de Autonomía, e da
vixente Lei de Normalización Lingüística. As sentenzas do Tribunal
Constitucional así o confirman. Sen embargo, o PP saíu do consenso. Pero
gañar unhas eleccións non autoriza a destruír o que é unha das bases da
convivencia na nosa sociedade e un dos signos da nosa existencia como país.



A sociedade galega que sente aprecio cara a súa lingua -independentemente de
cal sexa o idioma no que se expresa usualmente- debe reclamar unha volta
do PP a un terreo común. Tamén mostrar o seu acordo coas políticas de
afirmación positiva para o idioma galego, que o propio PP impulsou desde a
Xunta, e que non buscan senón a súa protección. O idioma de Galicia é un
patrimonio da humanidade que debemos custodiar e garantir como
medio de comunicación e de creación.

Adhesións ao manifesto en: http://galegopatrimoniodahumanidade.blogaliza.org/

yagui
Mensagens: 81
Registado: segunda, 13 set 2004, 23:00

Galego, patrimonio da humanidade

Mensagempor yagui » sábado, 11 jul 2009, 07:35

Dous cousiñas só: a primeira: se a sociedade galega pensa que por defendermos a lingua galega somos RADICAIS, tolos, etc (discurso que se escoita demasiado), a sociedade galega vai por mao camiño. A segunda: non creo que o PP impulsara medidas para o idioma galego porque vai totalmente contra a súa postura ideolóxica.

gallaecia
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 28
Registado: segunda, 15 dez 2003, 00:00

Galego, patrimonio da humanidade

Mensagempor gallaecia » quarta, 09 set 2009, 12:41

O problema é que a sociedade galega non reacciona ante a perda gravísima da importancia do galego na súa sociedade. Esta comprobado que a única maneira pra face-la reaccionar e dicindo a relidade cruda: o galego como lingua vai cara á súa extinción...


Voltar para “Lingua galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante