Página 1 de 1

O BNG denuncia as ameazas da Xunta

Enviado: sexta, 12 jun 2009, 14:59
por rubi
O BNG denuncia as ameazas da Xunta aos centros de ensino nos que haxa propaganda a prol do galego

O BNG, a través do seu deputado Bieito Lobeira, expresa a súa máis enérxica repulsa ante decisións e directrices desta índole que, na súa opinión, poñen de manifesto ?non só o desprezo deste goberno polo galego senón pola democracia en si, ao impedir a manifestación lexítima da libre expresión en favor dunha causa, neste caso a defensa do galego?.

O deputado nacionalista alerta de que este tipo de políticas só implican un retroceso, unha involución a tempos ?ben escuros, de represión e apagón informativo? como os que se viviron no Prestige. Foi incluso máis alá na gravidade dos feitos, porque ?realmente non se está a falar de censura senón de prohibición? e ?nun ámbito, como o educativo, que debería ser paradigma da liberdade, do que depende en grande parte a conformación de cidadáns libres?.

Para Lobeira, é ?escandaloso? ver como o Partido Popular ?non se corta un pelo? en trasladarlle á sociedade a mensaxe falsa da ?imposición?, empregando para iso todos os métodos de propaganda e, con todo, impide con métodos ?detestábeis e nada democráticos? o dereito a defender e opinar sobre a situación real da lingua galega.

Rubí
Buenos Aires-Argentina