ayuda con a lingua

Cuestións sobre o idioma dos nosos pais (significado de palabras, normativización, reintegracionismo, etc.).
Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

ayuda con a lingua

Mensagempor casdeiro » sexta, 12 jun 2009, 09:50

Moi recomendable! ou recomendábel... ou recomendável!

1ª parte: http://www.youtube.com/watch?v=NlSAmgbGTR

E 2ª: http://www.youtube.com/watch?v=_3-dkOllzps

O da fronteira insalvábel do polo/frango é xenial!!

X-D


axav
Mensagens: 12
Registado: sexta, 05 jan 2007, 19:52

ayuda con a lingua

Mensagempor axav » segunda, 15 jun 2009, 20:02

Depois de consultar com Silvine considero é bem ampliar o meu post anterior.

Pelo regular para aprender a falar galego os cursos do CELGA são óptimos. Os professores que eu conheço que, por exemplo, foram dar aulas à Argentina são muito bons. Normalmente são os únicos cursos disponíveis para quem quiser aprender galego. Ademais tem uma titulação que concede um reconhecimento oficial e permite aceder a postos da administração. Há casos pontuais, como os cursos do sr. D Higínio lá em Buenos Aires onde desde logo eu os recomendaria a quem não precisar um reconhecimento oficial, por ser uma ocasião única não só de aprender galego mas de chegar à cultura galega numa aproximação muito difícil de topar mesmo na Galiza.

Para quem quiser simplesmente achegar-se à cultura galega -e de caminho ao imenso espaço da lusofonia- pode aproveitar toda a infra-estrutura de aprendizagem da língua portuguesa e com um mínimo esforço um pode instalar-se na variante galega. Qualquer falante culto de galego percebe perfeitamente a nível escrito e os falantes naturais de galego percebem com facilidade o português falado. De promovermos esta via desde filhos devemos advertir que não há um reconhecimento oficial de momento, caso de o precisar para assuntos administrativos. Mas certo é que filhos devera estar por riba, e promover a cultura galega tendo em conta desde logo a realidade administrativa, mas superando-a e contribuindo a melhorá-la onde for preciso.

Os falantes mais novos de galego que foram já educados na escrita em galego tem muitos menos prejuízos: cuido que se há ir assumindo com normalidade a escrita comum da lusofonia quando menos como uma variante mais. É lugar comum a necessidade de nos aproximarmos ao padrão da lusofonia e cuido que também se aceita a escrita em padrão cada vez com maior normalidade.

Um bom exemplo é esta comunidade onde nos entendemos independentemente da normativa utilizada.

Atenciosamente,
Afonso Xavier.

silvine
Ex-membro
Mensagens: 159
Registado: quinta, 06 mar 2008, 02:59

ayuda con a lingua

Mensagempor silvine » segunda, 29 jun 2009, 21:53

Estimado Afonso Xavier:
Moitas grazas pola túa achega, que me parece aclarou moito o tema do ensino/aprendizaxe do idioma galego.

Creo que, con esta a túa axuda, temos un panorama respecto de sobre que base normativa aprender galego.

Como expresaches, hai moito para debater e máis para saber sobre o tema, que non está esgotado.
Xa che contestei á túa última mensaxe na que me preguntas por unha resposta anterior (pídoche desculpas públicamente tamén agora por iso).

Para quen, en Bos Aires, queiran coñecer ao Sr. Higinio, el dá as súas clases na Federación de Asociacións Galegas, na rúa Chacabuco 955, se non me equivoco. Polo que me dixeron, é un pracer escoitalas, pola calidade do seu saber e o coñecemento das raíces da lingua galega, que o son tamén dunha cultura e un pobo.

Sería interesante que quen fan os cursos de CELGA, quen teñen aínda cuestions ou dúbidas, suscitásenas neste fío. E, prometido, seguiremos co tema, porque me parece que hai moito para dicir, e voces destacadas para poder falar con propiedade.

Manuel, sé que estás máis que "atiborrado" de cuestións, pero supoño que en canto pase o vendaval, poderemos enviarche o proxecto que xurda para que, como dixeches, expoñámolo neste Taboleiro.

Unha aperta fortísima para todos.

yagui
Mensagens: 81
Registado: segunda, 13 set 2004, 23:00

ayuda con a lingua

Mensagempor yagui » sábado, 11 jul 2009, 07:27

Seria bo rexurdir o tema de galego normativo-reintegrado. Pois creo que cachafeiro verteu algúns erros nas súas verbas que seria bo discutirmos e corrixirmos. Saúdos

cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

ayuda con a lingua

Mensagempor cachafeiro » sábado, 11 jul 2009, 13:15

Entón sería bo, Yagui, que marques os erros que cometín, para poder iniciar o debate e poder corrixilos.
É moi probable que os cometa, pois non son galega nativa e gústame que poidan axudarme a expresarme mellor.
Grazas e saúdos .


Alexandra Cachafeiro Camiña

silvine
Ex-membro
Mensagens: 159
Registado: quinta, 06 mar 2008, 02:59

ayuda con a lingua

Mensagempor silvine » sábado, 11 jul 2009, 17:25

yagui Escribeu:Seria bo rexurdir o tema de galego normativo-reintegrado. Pois creo que cachafeiro verteu algúns erros nas súas verbas que seria bo discutirmos e corrixirmos. Saúdos


Non entendo que relación achas, no teu pedido de retomar o tema das dúas normativas (que pronto faremos), entre tema tan caro á cultura e a lingua galega e ¿corrixir e discutir? os erros nas verbas da señora Alexandra Cachafeiro Camiña.

¿Ou seica quixeches facer unha broma que eu non sei interpretar? Hai bromas intolerables, por certo. ¿Ou talvez provocar? A alusión personalizada fai pensar que é así. A atinada resposta da señora Cachafeiro dá a entender que non o tomou de broma. ¿Entón?
Paréceme que deberías aclararnos o motivo e o propósito da túa mensaxe. ¿Comportarche como un troll para sementar discordia? Mellor sería que nolo dixeses ti.

Non merece a pena, porque ben o sabes, explicarche nesta mensaxe cal é o obxectivo deste fío. E sabes que non é corrixir a ninguén, senón alentar o estudo da lingua galega. ¿Enton?

Saúdos.

yagui
Mensagens: 81
Registado: segunda, 13 set 2004, 23:00

ayuda con a lingua

Mensagempor yagui » quinta, 13 ago 2009, 21:21

Ola Alexandra! Perdoa polo atraso, estaba de vacaciós. Co dos erros, referiame non ao teu uso do galego, senón á túa argumentación. Saúdos

yagui
Mensagens: 81
Registado: segunda, 13 set 2004, 23:00

ayuda con a lingua

Mensagempor yagui » quinta, 13 ago 2009, 21:48

Silvine: sen animo de ofender, non entendín case nada da túa mensaxe. Como respondín fai un momento a cachafeiro, eu non quería corrixir nada do seu uso do galego nen facer broma ningunha. Simplemente, pareceume que a súa argumentación sobre o devenir da lingua galega non é correcta. A alusión á discusión normativo-reintegrado veu porque está en estreita relación co devenir histórico da lingua galega, tema ao que fixo referencia cachafeiro. Espero ter sido claro. Saúdos.


Voltar para “Lingua galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 2 visitantes