Derrogar o Decreto do galego

Cuestións sobre o idioma dos nosos pais (significado de palabras, normativización, reintegracionismo, etc.).
pilarmabel
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: quarta, 03 ago 2005, 15:44

Derrogar o Decreto do galego

Mensagempor pilarmabel » segunda, 18 mai 2009, 18:45

Para ter unha nova lei no curso 2009-2010
Ponse en marcha o proceso para derrogar o Decreto do galego

Lara Rozados . Así o comunicaron nunha conferencia de prensa en San Caetano o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, e o conselleiro de Educación, Xesús Vázquez Abad. O proceso comezará cunha enquisa para contar coa opinión das familias.



"Liberdade" e "consenso" foron as palabras clave dunha conferencia de prensa ateigada de xornalistas e que se prolongou durante máis dunha hora nas dependencias da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria. O conselleiro Xesús Vázquez e o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, convocaron os medios para informar do comezo do proceso de derrogación do Decreto 124/2007 do 28 de xuño, polo que se regula o uso e a promoción do galego no sistema educativo. Segundo informou o conselleiro, "dende hoxe traballamos na consulta aos pais, para ter todas as opinións, da maneira máis ampla posíbel".

Segundo Lorenzo, a consulta realízase por medio de enquisas para ter resultados de cara ao curso que vén: "hai que ter en conta que o obxectivo do decreto que se aprobe vai sempre estar dirixido a que se aprendan as dúas linguas". Sobre o Plan de Normalización Lingüística, aprobado polo Parlamento en setembro do 2004, sinalou "non é unha lei". El mesmo estivo na comisión segunda da elaboración do Plan, a de ensino e mocidade. "Trátase dun compendio de intencións, das que moitas son aproveitábeis, pero outras requiren debate para acadarmos o consenso".

O conselleiro, pola súa banda, salientou que os prazos están "moi axustados" para acadar este consenso de cara ao curso que vén: "traballamos dende xa na elaboración dun novo decreto, baseado no maior consenso e no bilingüismo harmónico, defendendo sempre a liberdade". Lorenzo salientou que non se fai máis que cumprir cunha promesa electoral, de derrogación do decreto, baseada na "falta de consenso entre as forzas políticas" que suscitou.

"A maior enquisa xa se fixo o 1 de marzo"

"O consenso sempre é bo, e camiñamos cara a el", explicou o conselleiro. Esta enquisa dirixirase a "todos os sectores sociais", pero tendo en conta "especialmente as familias". Con todo, tamén sinalou "a maior enquisa xa se fixo o 1 de marzo, cando a cidadanía decidiu nas urnas", e que en materia de educación, "a opinión dos pais é fundamental". Lembrou as taxas de abandono e de fracaso escolar, "que se dan cando temos o mellor profesorado da historia", e precisou "algo falla. Cométense erros, non hai competencia lingüística nin en castelán nin en galego". Falou de "promover o galego, porque é parte da nosa identidade".

A este respecto, para "garantir o coñecemento do galego e do castelán", considerou "que é posíbel sempre que se estabeleza unha canle de participación das familias". O novo marco "tería que estar en marcha en setembro, polo que hai cuestións que a data de hoxe teñen que pórse xa en marcha, por cuestións de organización académica, libros, etc." Sinalou tamén que dende o goberno están a consultar e ter unha serie de conversas cos sindicatos (este mesmo luns, coa CIG e con CCOO), aínda que remarcou "o pobo galego xa decidiu o 1 de marzo".

Manifestación da Mesa

Interrogado sobre a manifestación de onte en defensa da lingua, que xuntou decenas de miles de persoas en Compostela, Lorenzo afirmou "eu respecto todas as manifestacións, e sei que esta foi crítica. Pero as críticas son sempre ben recibidas, estimulantes, apetece poñerse a traballar a prol do consenso". Que non exista conflito, dialéctica é a clave: "estamos nun momento quente, conflitivo, e cómpre enfrialo. Temos que empezar a pensar en xeitos de pórmonos de acordo. O debate social non vai conducir a ningures". A este respecto, o secretario xeral de Política Lingüística salientou a necesidade de "debater cos sectores concretos para chegar ao consenso, o pacto, que alá polos 80 deu froitos que hoxe consideramos irrenunciábeis. O actual decreto non foi froito do consenso". Vázquez sinalou, pola súa banda, a "absoluta cordialidade" coa que se están a desenvolver os encontros cos sindicatos, e afirmou que "a oposición non vai dicir que non" a procesos encamiñados a acadar ese consenso.

O conselleiro falou tamén de crear un modelo que se poida abrir á posibilidade da educación trinlingüe, para "facer o esforzo de adaptarse á realidade global". Preguntándoselle se, amais de con opinións, van contar con datos ou informes sociolingüísticos para coñecer a competencia real do alumnado, contestou que eses informes serán solicitados, e que calquera proposta que se desenvolva debe ir acompañada tamén dun informe económico. "Os estudos dependen de quen os fai, o que temos que facer é pór por riba da mesa todas as opinións".



Fuente:http://www.anosaterra.org/

Unsaludo
Pilar

pilarmabel
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: quarta, 03 ago 2005, 15:44

Derrogar o Decreto do galego

Mensagempor pilarmabel » segunda, 18 mai 2009, 19:01

Seis horas tardou a Mesa pola Normalización en responder o anuncio da Xunta de comezar o proceso para derrogar o Decreto que promove o galego nas aulas. ?Imos comezar o próximo curso escolar cunha gran folga xeral que paralizará todo o sistema educativo dende primaria até o ensino universitario? advertiu o presidente desta organización esta tarde en Compostela.

?Independentemente do que digan as familias?

Carlos Callón responde así ao Conselleiro de Educación e ao Secretario Xeral de Política Lingüística, que esta mañá indicaron que a Administración enviará unha enquisa as familias e a ?todos os sectores sociais? sobre a lingua nas aulas.

?Hai unha lexislación que o Goberno debe aplicar independentemente do que opinen as familias?, lembroulle Callón ao conselleiro Xesús Vázquez e ao secretario Anxo Lorenzo.

Lorenzo criticaba a ruptura do consenso por parte do PP en ANT

Sobre Lorenzo, Callón indicou que ?o importante non son as persoas, son as políticas?. Referíase así ao feito de que Feixóo escollese a un lingüista próximo ao PSdeG e defensor da normalización para a secretaría xeral.

A Mesa pediulle a Lorenzo que aplicase as ideas que defendía hai un ano, cando publicou en A Nosa Terra un artigo (?Política lingüística e 'consenso' en Galicia?' no que denunciaba que ?é o PP quen está a separarse do vieiro lingüístico consensuado nos anos 80 por motivos de estratexia privada?. Artigo que a Mesa esgrimiu na súa rolda de prensa e repartiu entre os medios.

Xa hai consenso, que se cumpra a lei

A organización en defensa do idioma argumenta que non cómpre un novo consenso sobre a polémica, como pide a nova Xunta do PP.

Callón lembrou que a maioría das asociacións de pais de alumnos (incluída a católica CONFAPA), todos as asociacións de estudantes e sindicatos apoiaron o decreto vixente. Por iso reclamoulle aos conservadores que poñan os medios para que a actual lei se cumpra.

A Mesa anunciou unha rolda de contactos con sindicatos, asociacións de pais e de alumnos para pactar unha estratexia de defensa do Decreto. Tras o éxito da manifestación do Día das Letras e, no caso de que Feixóo non recúe inesperadamente na derrogación do Decreto, haberá folga xeral en setembro.



SEGUNDO PRESUME A MESA, QUE NON ENTRA NA GUERRA DE CIFRAS
Na manifestación participaron moitos militantes e 'pequenos cargos' do PP
50.000 manifestantes, como presumiu inicialmente a Mesa, ou 20.000, como publicaron hoxe varios diarios? Os responsábeis deste colectivo preferiron aparcar esta polémica e destacar, ?independentemente do baile de cifras?, que a manifestación foi ?a máis grande de toda a Historia en defensa do galego e unha das maiores concentracións no país ende tempos do Prestige e Nunca Máis?.
Son palabras de Fran Rei, vicepresidente da Mesa, quen acusou a Feixóo de ?descualificar senón insultar? aos manifestantes. Respondía ás declaracións de Alberto Núñez Feixóo, nas que o presidente da Xunta vinculaba a protesta cun intento de ?apropiarse da lingua? e facer un uso partidario, a prol do BNG, da polémica.

?O presidente da chulería?

É máis Rei desvelou que ?moitos votantes e pequenos cargos do PP? participaron na masiva concentración do Día das Letras. De seguido lembroulle a Feixóo que prometeu ?gobernar para todos?.

?Dicir que é unha manifestación pola imposición é un insulto?, atacou Carlos Callón. O presidente da Mesa agregou que ?se alguén está en confrontación é Alberto Nuñez Feixóo, (...) o presidente da chulería?.

Clases de galego en castelán

Callón rematou a súa intervención lembrando dous datos da Real Academia da Lingua (RAG). O 10 por cento dos menores de 18 anos admite non ter recibido nin unha soa materia no idioma propio do país, nin sequera Lingua Galega. Segundo datos da RAG, o 20 por cento dos rapaces entre 19 e 14 anos son ?analfabetos funcionais? en galego



Fuente:http://www.anosaterra.org


Un saludo
Pilar

pilarmabel
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: quarta, 03 ago 2005, 15:44

Derrogar o Decreto do galego

Mensagempor pilarmabel » sexta, 05 jun 2009, 14:57

REFERENDO ENCUBERTO?

Educación pon en marcha a súa consulta para un bilingüismo á carta
O conselleiro e o secretario xeral de Política Lingüística deron a coñecer os cuestionarios que deberán de respostar os pais



Ten vostede un fillo no ensino non universitario? Tanto se o seu fillo estuda Infantil, Primaria, Secundaria ou Formación Profesional nas vindeiras semanas vai recibir na súa casa un cuestionario, no máis rigoroso estilo bilingüe, con catro preguntas concretas. Basicamente, Educación pregunta en que lingua queren os pais que se impartan as materias troncais, o idioma que prefiren nos libros de texto, en que lingua prefiren os exames e se están a prol de aumentar o número de materias impartidas en inglés. No caso dos alumnos máis pequenos, a Xunta fai unha pregunta sobre cal é o idioma materno dos rapaces.

En total, 330 mil pais recibirán estas enquisas a partir da vindeira semana. O conselleiro, Xesús Vázquez, subliñou que o cuestionario é ?o punto de partida? para derrogar o decreto aprobado polo bipartito e que establecía que, como mínimo, o 50% das materias serían impartidas na lingua do país. Vázquez toma o cuestionario como unha especia de referendo xa que considera que servirá para ?superar a conflitividade xerada?.

Ten algunha fiabilidade a enquisa?

Son numerosos os expertos, sobre todo do ámbito da sociolingüística, que puxeron en dúbida a rigorosidade dunha consulta deste tipo. Primeiro pola situación diglósica que se vive no país e que indubidabelmente beneficia a supremacía do castelán e segundo polo feito de que se lle pregunte aos pais por esta cuestión en concreto e non por moitas outras que teñen que ver coa escolarización dos seus fillos.

Falta saber o número de pais que van a respostar a esta enquisa. A priori, na propia consellaría pensan que os máis implicados van ser os pais que máis a prol ou en contra están da normalización lingüística. Tamén son moitas as graves dúbidas que hai enriba da mesa: Como se garante que non haxa posibilidade de manipulación dos resultados da enquisa? Polo de agora, nin o propio conselleiro é quen de explicalo.

A caixa de Pandora

Tal como lle adiantamos esta semana, na Consellaría de Educación valorouse a posibilidade de establecer a obrigatoriedade de dúas materias en galego (Sociais e Lingua) e outras dúas en castelán (Matemáticas e Castelán). A partir de aí, cada centro, por medio dos seus consellos escolares, tería unha marxe de decisión.

Dende a Xunta, negaron a noticia asegurando que non hai nada escrito nin se estaba aínda nesa fase do proceso. Porén, diferentes fontes de máxima solvencia consultadas por Vieiros tiñan confirmado que dende Educación foran consultados ao respecto deste modelo como posíbel proposta de solución.

Mais hai quen opina que un dos principais problemas radica no propio PPdeG. As posturas, contra o que poida semellar, non son unánimes. Galicia Bilingüe e dirixentes conservadores da área de Vigo son os que máis presión están a facer para que se lles dea unha ampla marxe de manobra aos pais. Porén, dentro do partido tamén hai voces que consideran que o Goberno está ?abrindo unha caixa de Pandora? que pode volvérselle en contra. Este sector apostaba por unha volta ao decreto Fraga, algo que xa quedou descartado pola consellaría


Fuente: http://www.vieiros.com



Un saludo
Pilar

pilarmabel
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: quarta, 03 ago 2005, 15:44

Derrogar o Decreto do galego

Mensagempor pilarmabel » sexta, 05 jun 2009, 15:07

Cuestionarios para Secundaria, Primaria e Infantil :

http://www.anosaterra.org/media/media0000015175.pdf
http://www.anosaterra.org/media/media0000015184.pdf
http://www.anosaterra.org/media/media0000015183.pdf


Fuente:http://www.anosaterra.org/



Un saludo
Pilar


Voltar para “Lingua galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 4 visitantes