Lingua de vellos

Cuestións sobre o idioma dos nosos pais (significado de palabras, normativización, reintegracionismo, etc.).
Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

Lingua de vellos

Mensagempor casdeiro » quinta, 14 mai 2009, 06:44

Como manter un idioma se estamos facéndoo unha lingua de vellos?

Onte puiden presenciar a enésima demostración de por que o galego pasou de de ser en 12 a lingua inicial do 60% da poboación ao 20% (segundo datos que nos lembraba no seu último número de Longa Lingua a Mesa pola Normalización Lingüística): unha muller falaba no autobús por teléfono coa súa nai, en galego, e despois cunha coñecido ou amiga ou veciña ou o que for, tamén en galego. Pero cos seus 2 fillos pequenos toda a conversa trascorría en castelán, e eles respondíanlle en castelán (lóxico).

Como imos manter vivo un idioma se o convertimos nun idioma só para falar cos vellos? Como mantérmolo vivo se non o trasmitimos?

Que tara mental ten esta xente que sendo galego-falantes, usan o castelán para se dirixiren aos pequenos? Que tipo de aberrante autoalienación é esta?!?! }:-@

Avatar do Utilizador
rubi
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: terça, 01 abr 2008, 22:58
Contacto:

Lingua de vellos

Mensagempor rubi » quinta, 14 mai 2009, 13:07

ARTICULO ESCRITO POR MENDEZ FERRÍN

El outro día pasaron pola Avenida das Camelias de Vigo uns tres mil meniños chiando e cantando a favor da lingua galega. Ían moi ben organizados por escolas e protexidos polos seus profesores, que me pareceron na súa maioría moi novos e novas. Cada grupo levaba o gorriño da súa cor e daba gusto ouvir a megafonía cunhas cántigas galegas modernas e guerreiras, a golpe de cordeón un tanto minhoto e moito ben. Ao paso da leda manifesta moitos atomobeis facían soar as súas bufuinas rítmicamente e os cativos respondían con saudos e aplausos.
Dedeiqueime a observar os paseantes de beirarrúa que detiñan o seu paso sorprendidos pola marcha. Moitos sorrían, algún emocionábase e outros puñan cara de Ferreiro e daban mostras de hostilidade. Estou seguro de que o conflicto ligüístico que vive o pobo galego está moi avisado polo resultado das pasadas eleccións e os rostros dos paseantes de beirarrúa en Camelias eran expresión do que cada quen levaba dentro. Eu procurei pór cara de poker. O odio ao galego existe e na maioría dos casos é odio a unhas orixes humildes das que o suxeito colonizado non se sente orgulloso. Outro día falaremos do autoodio ou complexo de Jackson: o negro que quería ser branco e nunca puido conseguilo.
A manifestación era a que, arredor das Letras Galegas, se fai cada ano co nome de Correglingua.
Ouvín, sen querer, estas palabras cruzadas entre unha muller e un home que no se coñecían entre eles pro que se intuíron correlixionarios. Eran vellotes coma min.
?Parecen pioneros comunistas, dixo el.
?¡Qué manera de manipular los niños!, repuxo a dona.
O señor puido decer "Frentes de Juventudes", pro evidentemente a evocación daquela organización xuvenil facista éralle demasiado querida e mentou o inimigo mau. O comentario da señora fíxome pensar.
¿Foron os cinco mil meniños manifestantes manipulados? E se o foron, por quen? Supoño que para a comentarista de beirarrúa levar os nenos en grei parroquial a facer a primeira comuñón non será manipular. Pro sigamos no caso.
Para organizar cinco mil pícariños en manifestación escolar ? ou manipular, diría a dona comprometida? compren varias cousas. Que estea disposto a pór mans á obra un bon número de colexios nos que necesariamente os órganos de dirección estean dacordo coa actividade non obrigatoria. Que moitos centos de mestres se ofrezcan voluntarios a tales efectos. Finalmente: que os país ou titores dos meniños apoien que os menores se manifesten a favor da lingua galega en días de tribulación para ela. Ou sexa: que os meniños se manifesten en pleno conflicto lingüístico. Tomo o cal nos indica que alén da manifestación visíbel, houbo tamen manifestación invisíbel de centos e centos de mestres e país.
Despois están os nacionalistas hipercríticos que sempre din que o Día das Letras Galegas é litúrxico e que non serve para nada. Deses non imos tratar neste artigo escrito na memoria de María José de Larra.
Houbo un xornal tendencioso que publicou unha foto da Correlingua con pé en galego que dicía que a maioranza dos nenos falaban castelán. O señor e a señora do diálogo mentado é seguro que falaron na súa lontana infancia da barrio ou aldea triste. Eu falaba castelán de neno no meu colexio de Ourense: e aquí me teñen. Isto é o conflicto lingüístico Núñez Feijóo (ou Feijóo, ou Feixóo). Pola Avenida das Camelias circula velozmente a sombra de Michael Jackson.

Rubí
Buenos Aires-Argentina

Avatar do Utilizador
rubi
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: terça, 01 abr 2008, 22:58
Contacto:

Lingua de vellos

Mensagempor rubi » quinta, 14 mai 2009, 16:06

Un grupo de galegos residentes en Londres promoven o galego fóra de Galicia

Destacan que o galego axuda a aprender outras linguas, permite a comunicación en portugués e engade unha vantaxe competitiva no mundo laboral internacional.

Un grupo de galegos asentados en Londres teñen reunidas as súas experiencias nun manifesto interactivo para amosar que o o galego, e o seu emprego, tamén é útil fora de Galicia.
Con «O galego é útil», os asinantes pretenden «desmentir, dende a súa experiencia no extranxeiro, o mito de que o galego non vale para nada» ou «serve só dentro de Galicia».
Entre as vantaxes de falar o idioma propio de Galicia, o manifesto destaca que o galego axuda a aprender outras linguas, permite a comunicación en portugués e engade unha vantaxe competitiva no mundo laboral internacional. O manifesto, que se define como «libre de ideoloxía e afiliación política», pode ser asinado por internet.
Os impulsores desta iniciativa, Xesús Magariños e Inma Gil, agardan atraer sinaturas e comentarios de usuarios galegos de todo o mundo e contribuir así «construtivamente» ao debate sociopolítico en Galicia. Varios blogueiros, usuarios de redes sociais e portais de información xa recollen a publicación do manifesto.
Algúns comentaristas cuestionan que sexa axeitado falar da utilidade da lingua en termos tan prácticos, outros pregúntanse se acaso hai algunha lingua que non sexa útil. Pero os creadores do manifesto aseguran que se ben «é unha obviedade dicir que unha lingua é útil, porque todas o son, lamentablemente no debate lingüístico en Galicia óense con demasiada frecuencia comentarios que descalifican o estudo do idioma galego argumentando que é unha língua que non serve para nada fóra da nosa terra».
Por iso, afirman Magariños e Gil, «quizáis non é mala idea gritar obviedades por Internet. A ver se así algúns se enteran».


Fuente: www.lavozdegalicia.es

Rubi
Buenos Aires-Argentina

cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

Lingua de vellos

Mensagempor cachafeiro » quinta, 14 mai 2009, 17:47

MOI BEN DEVANDITO: LINGUA DE VELLOS.
Porque se os meus vellos non a falaran, hoxe eu non o faría e non lla podería transmitir á miña filla.
Sempre será de vellos, pois deles aprendemos.
O que non hai que permitir, é que só a falen os vellos.
Para iso está Fillos de Galicia ou Etiquetal.
Para que podamos seguir aprendendo e transmitindo este fermoso, nobre idioma.
O IDIOMA GALEGO, A nosa IDENTIDADE.
Non podo concorrer á marcha, pero en cada un de vostedes que alí vai estar, hai un anaquiño do meu corazón defendiendola, berrando, para que siga enchendo de versos e musica a nosa cultura.

Alexandra


Voltar para “Lingua galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 2 visitantes