reformar e o Decreto e non aplicalo.

Cuestións sobre o idioma dos nosos pais (significado de palabras, normativización, reintegracionismo, etc.).
pilarmabel
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: quarta, 03 ago 2005, 15:44

reformar e o Decreto e non aplicalo.

Mensagempor pilarmabel » sábado, 18 abr 2009, 14:59

Suso Baleato, coordinador na Xunta de software libre
Sen recursos para segregar os alumnos por lingua
H. Vixande . Sindicatos, directores e profesores temen que o PP elabore unha norma de promoción do galego que despois non aplique

A prometida educación á carta de Alberte Núñez Feixóo enfróntase á falta de recursos para desdobrar aulas e contratar profesorado. Sen financiamento, o alumnado non poderá escoller en que idioma estudar, galego ou castelán, algo que ademais prohibe a Lei de Normalización Lingüística. Para a maioría dos consultados, o PP procederá a cambios normativos cosméticos e retornará ao bilingüismo harmónico, cunha intensidade na promoción da lingua semellante á que puxo en práctica Fraga.

Á marxe da crise económica na que está inmersa o mundo, cos recursos cos que conta a Comunidade autónoma, que os pais podan escoller a lingua na que estudan os seus fillos é ?imposíbel?. Nesta opinión coinciden os directores de instituto, a patronal do ensino privado concertado e os sindicatos. A unanimidade cando se trata de sinalar a incapacidade financeira para facer fronte a un novo modelo educativo contrasta coa insistencia de Núñez Feixóo de pregarse ás demandas de elección de idioma no que estudar.

Unha das ideas lanzadas para organizar os colexios de forma que se poda escoller o idioma no que se estuda era ordenar o alumnado por lingua, en lugar de facelo por apelido. Mais ao parecer, o sistema non funciona así. ?Esa proposta indica un absoluto descoñecemento de como funciona un centro de ensino, non se organizan por apelidos, senón por materias; e a elección da lingua afecta a todas as materias?, aclara o director do Instituto Alexandre Bóveda de Vigo e presidente da Asemblea dos Directores Galegos, Xosé Anxo Suárez.

Tecnicamente, Xosé Anxo Suárez considera que se pode permitir escoller idioma, ?pero supón un aumento de profesorado e aulas?. En todo caso, estima que a idea é ?absurda? e que ?introduce un elemento de complexidade nada trivial?, sinala. Este director enumera máis problemas: ?Que acontece cos libros de texto, que deben estar en galego e que teñen unha vixencia de catro anos porque son gratis? Que facemos cos centros pequenos que só teñen unha clase por curso??, interrógase.

No mesmo sentido que Xosé Anxo Suárez maniféstase Xosé Francisco Martínez Reboiras, secretario da sección galega de Escolas Católicas, a principal organización patronal dos centros privados concertados que hai no país. ?Se se chegase a separar os alumnos segundo os pais elixan o idioma de ensino dos seus fillos, galego ou castelán, en determinadas materias, penso que este feito alteraría de maneira importante a organización dos centros, especialmente os dunha soa liña, xa que supoñería dispoñer de máis locais, de máis profesores, o cal leva aparellada a alteración da ratio profe-sor/aula que está en vigor nos concertos educativos, e que habería que cambiar, dado que os centros non poderían asumir os maiores custos que isto suporía?, afirma Martínez Reboiras.

Responsabilidade de gobernar.

Mais, se non hai posibilidade de ensaiar a fórmula que propón Núñez Feixóo, cal será a política que marcará a Consellaría de Educación do novo goberno? Martínez Reboiras sinala que ?unha cousa son as promesas da campaña electoral e outra é a realidade cando se ten a responsabilidade de goberno?. Os centros de ensino privado concertados lembran que a Lei de Normalización que se aprobou unanimemente en 1983 prohibe a segregación do alumnado por idioma. Con esta premisa e indicando que a Administración debe promover a lingua, o secretario da agrupación das Escolas Católicas galegas, Reboiras, estima que ?o Decreto, con pequenas modificacións e levándoo á práctica de forma paulatina, promovendo e facilitando aos centros recursos e medios humanos e materiais é un instrumento válido?.

Case todos os profesionais do ensino consideran que Feixóo podería ensaiar a reforma do Decreto do galego para igualalo ao texto que substituíu e que estivo vixente mentres gobernou o PP. A norma anterior estabelecía un mínimo do 33% de materias en galego, no canto do 50% que figura no actual Decreto, conforme indica a Lei de Normalización Lingüística.

Mais este paso atrás podería implicar un recorte na presenza do idioma na educación. O presidente dos Directores de Institutos, Xosé Anxo Suárez, teme discriminacións na aplicación do Decreto, unha vez reformado. ?Pode que permitan o seu incumprimento nalgúns centros privados; neste sentido, atacar o galego é atacar o ensino público?, sinala. Pola súa banda, Anxo Louzao, secretario xeral da CIG-Ensino, o principal sindicato do sector, considera que o PP ?ten como obxectivo contar cunha normativa que non se cumpra, como viña acontecendo até o de agora?. O ensinante considera que o PP ?terá política lingüística, pero coa intención da paulatina desaparición do galego mediante subterfuxios como defender o dereito individual a escoller lingua?. Así, optaría por ?reformar e o Decreto e non aplicalo?.

Outra posibilidade, sería a aplicación onde non xerase problemas técnicos ou conflitos. Mariano García, o secretario xeral de Fete-UGT, non só defende o actual Decreto, senón ?ir máis aló? para evitar a desaparición do galego. Ademais, considera que a fórmula da segregación ?implica un caos total e absoluto, non habería aulas en todos os centros e se se pode escoller nuns centros pero non noutros, xa comezamos con agravios?.

Fuente:http://www.anosaterra.org


Pilar

Voltar para “Lingua galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 2 visitantes