O galego e util

Cuestións sobre o idioma dos nosos pais (significado de palabras, normativización, reintegracionismo, etc.).
oquenllo
Mensagens: 3
Registado: quinta, 12 jan 2006, 12:13

O galego e util

Mensagempor oquenllo » sexta, 03 abr 2009, 13:05

Boas,

Gustaríame presentarvos o manifesto .
--------------------------------------------------------------------

Isto que estás a ler é un manifesto espontáneo, vivo, interactivo, libre de ideoloxía e afiliación política, co que os abaixo asinantes pretendemos, desde a nosa humilde experiencia no estranxeiro, desmentir o mito de que “o galego non vale para nada” ou “só serve dentro de Galicia”.

Todos os idiomas valen e para moito.

A nós, o galego foinos útil e segue séndonos útil nas nosas vidas e aventuras polo mundo adiante:

1. O galego facilitounos a aprendizaxe doutros idiomas: fíxonos máis sinxela a comprensión oral e escrita doutras línguas, axudounos a identificar e pronunciar noutros idiomas sons que non existen en castelán e facilitounos a aprendizaxe de novas estruturas gramaticáis.
2. A capacidade de falar galego fixo posible que nos comunicáramos con cidadáns de Portugal e Brasil (entre outras nacións posibles, que xuntas suman unha poboación de arredor de 200 millóns de persoas).
3. No estranxeiro, o feito de falar galego e polo tanto comprender o portugués deunos unha vantaxe competitiva frente a outros traballadores, xa que a nivel internacional o coñecemento de idiomas sempre é un bonus, sexa a industria que sexa.

Por estas tres razóns prácticas, concluímos, sen ningún tipo de dúbida, que o galego tamén é útil fóra de Galicia. Que non che quenten a cabeza dicindo que non.

Londres, 1 de abril de 2009

Queres asinar o manifesto? Entón envíanos unha mensaxe indicando o teu nome e se podes engade tamén a túa testemuña.

-----------------------------------------------------------

Podedes asinar en: http://ogalegoeutil.wordpress.com ou enviando un correo a galegosmorrinhentos@googlemail.com.

Voltar para “Lingua galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 2 visitantes