A formación do plural

Cuestións sobre o idioma dos nosos pais (significado de palabras, normativización, reintegracionismo, etc.).
bershky
Mensagens: 465
Registado: quarta, 18 jan 2006, 10:39

A formación do plural

Mensagempor bershky » terça, 24 fev 2009, 14:38

Regras para a formación do plural na lingua galega:




○ As palabras rematadas en vogal, ditongo ou -n, engaden s : irmá / irmás , rei / reis, irmán /irmáns .


○ As acabadas en -r, -s e -z , engaden -es : mar/mares, lugués /lugueses, rapaz / rapaces , agás as palabras graves e esdrúxulas rematadas en -s e os nomes rematados en -x que non varían en plural : lapis, martes, mércores, fax ...


○ As palabras rematadas en -l, lengaden -es : sol / soles, mal / males, cónsul / cónsules, agás se son agudas, que [/b]perden o -l e engaden -is: papel / papeis , animal / animais.
Se a palabra aguda remata en -il, substitúe o l por un s : carril / cadrís


Palabras compostas :


a. Nas que levan os seus elementos unidos, só se forma o plural do segundo elemento: vagalume / vagalumes; paporroibo / paporroibos


b. Cando os dous elementos se escriben separados, fórmase o plural dos dous termos: garda civil /gardas civís ; porco teixo / porcos teixos


c. As palabras unidas con preposición pluralizan só o primeiro elemento: cinto de seguridade / cintos de seguridade



Os estranxeirismos e cultismos forman normalmente o plural engadindo s: test/tests , boicot/boicots



Enviado por: marisalvar o 28/09/05 - 08:52

Tema: linguagalega

Voltar para “Lingua galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 2 visitantes